• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 13 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes

    As novas achegas o catálogo de Galaxia recollen traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) con perspectiva de xénero, elaborados por alumnado da UVigo
    Redacción por Redacción
    08 de Feb, 2023
    en Local
    0
    Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes

    Águeda Gómez, Mónica Valderrama, María Lameiras e Francisco Castro. / Foto: Uvigo

    ‘Son unha nena. Sufrirei discriminacións e violencia sexual?’; ‘Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?’; ‘As cores múltiples da vida. Diversidade sexual e identidades de xénero’; ‘Hackeamos ao patriarcado. Unha análise do machismo dixital’; ‘Rebeldes con causa. Voces feministas interpelando á creación cultural’ e ‘Non nacimos para coidar. Como ser muller e vivir nunha sociedade patriarcal e capitalista’ son os títulos dos seis novos volumes que a editorial Galaxia vai incorporar a súa colección ‘Feminismos’.

    As novas achegas o catálogo de Galaxia recollen traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) con perspectiva de xénero, elaborados por alumnado da UVigo, e que foron galardoados cos premios Egeria, que anualmente convoca a institución académica viguesa, complementados e coordinados por académicas  consolidadas da Universidade de Vigo.

    A colección, cuxo primeiro volume xa está publicado, foi presentada este mediodía nun acto celebrado no edificio Redeiras no que a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez e a docente e investigadora e coordinadora do libro, María Lameiras e o director de editorial Galaxia, Francisco Castro, destacaron o valor desta colaboración ao tempo que alertaron da obriga de non desandar o camiño avanzado polo feminismo.

    Unha confluencia cósmica

    A directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, refírese a esta colaboración con Galaxia como “unha especie de confluencia cósmica”, que arrancou en setembro de 2021 coa proposta do docente e investigador da Universidade de Vigo Xavier Martínez Cobas de iniciar unha cooperación coa colección ‘Feminismos’.

    A oferta chegou xusto nun momento no que á Unidade de Igualdade lle preocupaba desenvolver o punto do Plan de Igualdade da UVigo referido a favorecer  a creación dunha liña de publicacións propias sobre estudos e investigacións con perspectiva de xénero. Para a directora da Unidade de Igualdade a cooperación acadada con Galaxia cumpre dous obxectivos, dunha banda  “divulgar e transferir os coñecementos científicos feministas, con perspectiva de xénero e/ou que abordan o estudo das mulleres ao resto da sociedade, a través dunha canle privilexiada” e, doutra, visibilizar as novas pensadoras e pensadores feministas que están a desenvolver a súas primeiras obras intelectuais na UVigo, a través de TFG e TFMs.

    Segundo Águeda Gómez “van ser as futuras intelectuais de referencia do sur de Galicia, acompañadas nestes caso de académicas consolidadas que temos na nosa universidade”, nomeadamente  as docentes e investigadoras María Lameiras e Yolanda Rodríguez, que coordinan o primeiro volume; Susana Reboreda, coordinadora do segundo; María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo do terceiro volume; Soledad Torres Guijarro do cuarto; Mar Caldas, coordinadora do quinto e Iria Vázquez Silva do sexto.

    Estes seis volumes, considera a directora da Unidade de Igualdade, seguen o ronsel iniciado en 1970 coa publicación da primeira tese de doutoramento sobre cuestións de xénero, ‘Política sexual’ de Kate Miller. “Desde entón son incontables as achegas que o feminismo académico fixo na produción científica e a súa forte e decisiva impronta nos avances sociais das últimas décadas. Por elo, para poñer en valor a epistemoloxía feminista é fundamental que as institucións universitarias realicen un esforzo firme e permanente na difusión de coñecementos e súa transferencia”, asegura. 

    Pola súa banda, a presentación de hoxe, a vicerreitora de Comunicación, Mónica Valderrama, destacou o valor desta colaboración público-privada, “que permite facer chegar á sociedade o que se está a investigar na nosa casa”, e cunha perspectiva moi interesante polo momento que se estar a vivir “cunha especie de dislocación que cousas que son moi positivas a favor dos avances ao tempo outras que son absolutamente delirantes que van cara atrás nas conquistas acadadas”, dixo.

    Unha firme aposta polo feminismo cando cómpre falar alto e claro

    Na súa intervención, o director de Galaxia celebrou esta colaboración e lembrou o compromiso da editorial co feminismo, a través da colección do mesmo título, ata o punto que “non hai no estado español e non creo que en Europa unha editorial que publicase tantos ensaios de corte feminista e tan poucos anos”, asegurou Francisco Castro.

    As publicacións do alumnado e das académicas da UVigo sumaranse á ducia de volumes cos que ata agora conta ‘Feminismos’, fornecendo a colección con títulos nos que Castro asegurou esforzarse como editor para que as autoras non escribisen para a comunidade académica, “porque hai que contarlle á xente que non é da academia e que está interesada no mundo feminista”,  e é que para o director de Galaxia, «é importante que a sociedade saiba que o feminismo é unha urxencia”.

    Pola súa banda, María Lameiras iniciou a súa intervención repasando datos de diferentes organizacións que poñen de relevo o incremento da violencia machista e entre adolescentes, así como dos abusos a menores nos últimos anos. “Datos para facernos tremer por como estamos, polo que é acaido falar destes temas, alto e claro. Porque a violencia ten repercusións en toda a sociedade e non só nas mulleres”, dixo Lameiras, que sinalou a educación como a clave para transformar unha sociedade con estereotipos con homes privilexiados que non asumen os coidados no ámbito privado.

    Sobre o momento presente, a coordinadora, xunto a Yolanda Rodríguez de ‘Son unha nena. Sufrirei discriminacións e violencia sexual?’, asegura que  logo de 300 anos de loita feminista “vivimos unha experiencia de forte reacción por parte do patriarcado, que se reflicte en accións políticas, non só en España, senón na realidade internacional. Estamos na 4º onda feminista, cando aínda non rematou a 3ª”, asegurou Lameiras, que tamén reclamou a responsabilidade dos medios de comunicación na transmisión de mensaxes e asumiu a responsabilidade de sensibilizar e impulsar ás novas xeracións para que recollan o relevo na loita pola igualdade.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo aprueba su OPE 2025 con 72 nuevas plazas de personal docente e investigador y 12 de gestión
    Local

    La UVigo aprueba su OPE 2025 con 72 nuevas plazas de personal docente e investigador y 12 de gestión

    10 de Oct, 2025
    Se ponen en marcha sesiones de acompañamiento psicológico a estudiantes de la UVigo dentro de un plan piloto
    Local

    Se ponen en marcha sesiones de acompañamiento psicológico a estudiantes de la UVigo dentro de un plan piloto

    09 de Oct, 2025
    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur
    Local

    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur

    07 de Oct, 2025
    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025
    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    por María Alonso
    08 de Oct, 2025
    0

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    por Redacción
    07 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Amor a los pájaros
    Más Vigo

    Amor a los pájaros

    En el vigués barrio de Coia, en una parte del paseo de la Avenida de Castelao, pueden observarse numerosas casetas...

    por Julio Alonso
    11 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Cómo dejar de vivir en piloto automático: claves para salir del mismo
    Opinión

    Cómo dejar de vivir en piloto automático: claves para salir del mismo

    Todos en alguna ocasión —o muchas— nos hemos sorprendido llegando a casa, al trabajo o a cualquier otro lugar sin...

    por Cristina Lorenzo
    11 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR