• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 20 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Iniciadas as obras da pasarela peonil de Amieirolongo, en Mos

    Os traballos eliminarán un perigoso punto de confluencia de estradas e saídas da autovía A-52 polo que cruzan moitos peóns, ao pasar o Camiño de Santiago e haber varias superficies comerciais
    Redacción por Redacción
    02 de Sep, 2022
    en Mos
    0
    Iniciadas as obras da pasarela peonil de Amieirolongo, en Mos

    Señal de obras no nó de Amieirolongo. / Foto: Concello de Mos

    A veciñanza de Mos, e en particular a que pasa cada día por Amieirolongo, xa pode ver, por fin, o inicio das obras dunha vella reivindicación: a pasarela peonil que poña fin ao risco ao que se expoñen os viandantes por esta zona.

    Desde o Concello de Mos, a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, manifestaron a súa satisfacción ante “o inicio real por fin, das obras de construción da pasarela peonil de Amieirolongo, tras tantos anos de espera”. Desde o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través da Dirección General de Carreteras, comezáronse xa os traballos no nó de Amieirolongo, entre a A-52 e a estrada N-550.

    O proxecto consiste na creación dunha pasarela peonil que cruce o nó de Amieirolongo en Sanguiñeda, e que enlace o punto quilométrico 306 da A-52 coa N-550, zona onde se atopan situadas varias superficies comerciais. Cómpre lembrar que foi comprometida hai anos polo Ministerio de Fomento, que fai unha inversión, IVE incluído, de 233.741 euros, neste proxecto de construción de pasarela peonil para o Camiño de Santiago con mellora da seguridade viaria e execución de pasarela peonil. Obra que conta coa pertinente cesión de terreos por parte do Concello de Mos.

    Con esta pasarela evitarase que os peregrinos, así coma calquera outra persoa, teñan que cruzar a estrada nacional no perigoso cruce de Amieirolongo. “Tras os anos de espera, esta é unha boísima nova a celebrar polo Concello de Mos, a súa veciñanza, e todos os condutores e viandantes que transitan a diario por esta zona”, asegura a alcaldesa.

    Trátase tamén dunha zona, a de Amieirolongo, con moito tráfico rodado debido a que nela conflúen varias entradas e saídas da autovía, o que incrementa o perigo para os camiñantes, tendo en conta ademais que, a día de hoxe non existe habilitado ningún paso de peóns nin sinalización específica que optimice a seguridade dos mesmos.

    Nos informes técnicos municipais remitidos a Fomento, abordábase a situación en materia de seguridade viaria dos itinerarios peonís situados no punto quilométrico 155+500 da estrada N-550. En dito punto quilométrico o Ministerio de Fomento procedeu á construción dunha rotonda que regula o tráfico de vehículos que acceden dende a autovía A-52 á estrada N-550 e que dificulta o tránsito de peóns ao presentar a zona insuficiencia de infraestruturas peonís no lugar e contorno próximo, tales coma tramos continuos e conectados entre si de beirarrúas.

    Ademais, os tramos de beirarrúas que dende As Angustias e dende Amieirolongo discorren por ambas marxes da N-550 son desconexos ou descontinuos unha vez que chegan á mencionada rotonda e ás conexións da estrada nacional coa autovía A-52, de maneira que non se garante o percorrido peonil, rematando na maioría dos casos en situacións de volta atrás ou de cruce moi perigoso a pé das saídas e entradas á autovía A-52.

    Así como a confluencia do Camiño de Santiago no dito punto e ademais do trazado do Camiño que ven polo camiño da Quiringosta e se ven na obriga de cruzar dita nacional, existindo un risco importante para os viandantes. Situacións estas que agora quedarán solucionadas unha vez rematada a nova pasarela peonil.

    Incidiu a alcaldesa, Nidia Arévalo, na vital importancia desta obra en Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda “que eliminará o perigo que supón para os veciños, para os peregrinos e para todas as persoas que transitan por esta estrada entre Mos e O Porriño, xa que é unha zona comercial e por ela pasa o Camiño de Santiago”. Pasarela peonil que desde o Concello levábase anos reclamándose “por ser vital e de necesidade imperiosa, polo que nos atopamos ante unha boísima nova a celebrar polo Concello de Mos, a súa veciñanza, e todos os condutores e viandantes que transitan a diario por esta zona”, concluíu a rexedora local mosense.

    43

    Tags: A-52AmieirolongoMosN-550

    RelacionadosArtículos

    «Consenso» sobre Elduayen y Beiramar tras una «fructífera» reunión entre Caballero y Xunta
    Local

    «Consenso» sobre Elduayen y Beiramar tras una «fructífera» reunión entre Caballero y Xunta

    16 de Jul, 2025
    Arranca el derribo de la popular «casa roja» de Puxeiros como un «símbolo de la transformación de Mos»
    Mos

    Arranca el derribo de la popular «casa roja» de Puxeiros como un «símbolo de la transformación de Mos»

    15 de Jul, 2025
    La Xunta prestará 1,2 millones de euros a Mos (sin intereses) para construir 100 viviendas protegidas
    Mos

    La Xunta prestará 1,2 millones de euros a Mos (sin intereses) para construir 100 viviendas protegidas

    14 de Jul, 2025
    Afouteza crece: la ciudad deportiva del Celta será un «referente deportivo y tecnológico»
    Celta

    Afouteza crece: la ciudad deportiva del Celta será un «referente deportivo y tecnológico»

    11 de Jul, 2025
    Cita en los Solpores da Rebullón con el potente rock de Sr  Salvaje
    Mos

    Cita en los Solpores da Rebullón con el potente rock de Sr Salvaje

    10 de Jul, 2025
    El futbolista Diogo Jota y su hermano fallecen en un trágico accidente en la A-52
    Actualidad

    El futbolista Diogo Jota y su hermano fallecen en un trágico accidente en la A-52

    03 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    «La Xunta ofreció 7 millones para el túnel de Elduayen, una obra que lleva 5 años parada y que no tiene proyecto ni presupuesto»

    «La Xunta ofreció 7 millones para el túnel de Elduayen, una obra que lleva 5 años parada y que no tiene proyecto ni presupuesto»

    por Redacción
    14 de Jul, 2025
    0

    La apuesta del parque forestal más antiguo de Vigo: quiosco, aseos y asadores todo el verano

    La apuesta del parque forestal más antiguo de Vigo: quiosco, aseos y asadores todo el verano

    por Andrea Mariño
    16 de Jul, 2025
    0

    Arranca el derribo de la popular «casa roja» de Puxeiros como un «símbolo de la transformación de Mos»

    Arranca el derribo de la popular «casa roja» de Puxeiros como un «símbolo de la transformación de Mos»

    por Redacción
    15 de Jul, 2025
    0

    Las obras de un nuevo edificio con 66 viviendas en una zona estratégica de Vigo ya están en marcha: así son los pisos

    Las obras de un nuevo edificio con 66 viviendas en una zona estratégica de Vigo ya están en marcha: así son los pisos

    por Redacción
    14 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Joyas arquitectónicas de Vigo
    Más Vigo

    Joyas arquitectónicas de Vigo

    La fotografía muestra una auténtica joya arquitectónica de la ciudad de Vigo. Se trata del céntrico teatro García Barbón. Su...

    por Julio Alonso
    18 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El Plan Palacios: Vigo tuvo una oportunidad

    Han ido pasando los años y las corporaciones y la ciudad no ha podido disfrutar de una planificación que pudiera...

    por Fernando Torres Carbajo
    13 de Feb, 2016

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Somos los más educados… ¡del mundo!
    Opinión

    Somos los más educados… ¡del mundo!

    La plataforma online británica Preply ha hecho una encuesta a mas de 1.500 personas en 19 territorios de nuestro país....

    por Fernando Torres Carbajo
    12 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the ...
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR