• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo convértese en epicentro do debate sobre estudos literarios, culturais e de tradución

    A universidade acolle ata o mércores o I Coloquio Internacional BiFeGa na FFT. A conferencia de apertura correu a cargo da galega Olga Castro, profesora da University of Warwick
    Redacción por Redacción
    04 de Jul, 2022
    en Local
    0
    Vigo convértese en epicentro do debate sobre estudos literarios, culturais e de tradución

    O coloquio, de carácter semipresencial, prolongarase ata o mércores no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. / Foto: DUVI

    As investigadoras e investigadores en estudos literarios, culturais e tradución e interpretación teñen esta semana unha cita na Facultade de Filoloxía e Tradución, onde este luns botou a andar o I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura e Tradución e Interpretación, unha cita organizada polo grupo de investigación BiFeGa-UVigo, un equipo composto na actualidade por máis de medio cento de especialistas, na que participan como poñentes 25 expertas e expertos, tanto persoal permanente e investigador do propio grupo, como persoas convidadas chegadas desde diferentes partes do mundo.

    A apertura do encontro, que pode seguirse en directo a través de UVigoTv, correu a cargo do director do grupo, Burghard Baltrusch, profesor da Universidade de Vigo especializado en Literaturas Lusófonas e presidente da I Cátedra Internacional José Saramago, quen fixo unha breve presentación da historia e situación do grupo, destacando a diversidade das súas liñas de investigación e áreas de coñecemento e facendo unha reflexión sobre a posibilidade de potenciar a cohesión interna de cara á necesidade de competir nun contexto que esixe excelencia e impacto internacional da produción científica, así como de futuras convocatorias de axudas. “Un dos obxectivos principais deste coloquio é visibilizar o labor investigador do grupo, reforzar as sinerxías e a súa cohesión, amosando unha das súas características fundamentais: a interdisciplinariedade”, indicou o docente.

    Sobre o nacemento do grupo, o profesor Baltrusch explicou que BiFeGa naceu da unión de tres grupos de investigación históricos na Facultade de Filoloxía e Tradución: Bitraga, o Feminario, e o grupo GAELT. Hoxe son xa, segundo recalcou, máis de medio cento de investigadoras e investigadores que traballan en sete grandes liñas de investigación. Desde Bitraga, liña de investigación dirixida na actualidade pola profesora Silvia Montero, céntranse na análise do panorama e o desenvolvemento da tradución en Galicia; por parte do Feminario manteñen abertas dúas liñas de investigación máis específicas, unha centrada nos estudos sobre globalización -dirixida pola profesora Belén Martín Lucas-, e outra sobre feminismos, resistencias e estudos poscolinais -da que é responsable a profesora Ana Bringas-.

    Desde GAELT hai dous campos de estudo abertos, un sobre estudos literarios galegos –a cargo do profesor Manuel Forcadela- e outro sobre estudos lusófonos e de tradutoloxía, onde se inclúe a I Cátedra Internacional José Saramago –a cargo do propio Baltrusch-. A estas cinco liñas de investigación uníronse outras dúas, unha específica de Intepretación –dependente da docente Maribel del Pozo- e outra sobre terminoloxía –a cargo de Iolanda Galanes-.

    O coloquio nace, tal e como se destacou na presentación, do desexo do grupo de contribuír a unha divulgación científica de calidade no ámbito das Humanidades. Nesta liña, Baltrusch destacou a ampla proxección internacional do grupo, desde onde se teceron xa alianzas con outras universidades a nivel global, como a University of Warwick, en Gran Bretaña; a University of Maine, en Estados Unidos; ou as Universidad Nacional de La Plata, na Arxentina; a Università degli Studi di Padova, en Italia, e a Universidade Federal Rio Grande do Sul, no Brasil, entre outras. “Este primeiro coloquio internacional está aberto ao público en xeral, aínda que pode ser de especial interese para investigadoras/es doutros ámbitos pola súa conexión cos eidos histórico, filosófico, político e social”, salienta o investigador.

    De carácter semipresencial, a conferencia de apertura correu a cargo da galega Olga Castro, profesora de Estudos de Tradución na Universidade de Warwick, onde dirixe o mestrado Translation and Cultures e onde é subdirectora de estudos de posgrao na Escola de Linguas e Culturas Modernas. Participou no encontro de maneira virtual cun relatorio no que fixo un repaso sobre o xeito no que se adoita presentar a profesión da tradución nos mestrados universitarios do mundo occidental, con especial énfase no espazo anglosaxón. Ao tempo tratou tamén de avaliar ata que punto a profesión da tradución pode ser sustentable desde un punto de vista económico, social e ambiental.

    A presenza internacional no coloquio vai chegar tamén da man de Gabriela Luisa Yáñez, tradutora e intérprete autónoma en conferencias e profesora da Universidad Nacional de La Plata, e de Kathleen Nora March,  catedrática emérita de español na University of Maine, quen será, o xoves ás 12.30 horas, a encargada de impartir a conferencia de clausura. Fonda coñecedora da literatura galega, a relación desta filóloga estadounidense, experta en estudos hispanos, latinoamericanos e portugueses, con Galicia remóntase a 1975 cando chegou aquí para investigar sobre a poesía de Manuel Antonio, estudo ao que logo lle seguirían outros sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e tamén Rosalía de Castro. Nesta ocasión a súa intervención realizarase baixo o título De mar a mar. Por que internacionalizar a literatura galega, para que e como facelo?

    Escaparate da investigación humanística

    En total presentaranse ao longo destes tres días máis de 20 relatorios, intervencións a través das que se dará boa conta do labor investigador do grupo BiFeGa-UVigo. Entre outras cuestións, están previstos varios relatorios sobre feminismos e resistencias, modelos de diálogos de interpretación, estudos literarios galegos e estudos lusófonos,  interpretación para mulleres xordas en contextos de violencia de xénero, representación do homoeroticismo no exército ou o biopic feminista afroamericano.

    Como exemplos concretos de proxectos desenvoltos desde a Universidade de Vigo presentaranse, entre outros, o proxecto JustiSings 2, dirixido pola profesora Maribel Del Pozo, actual vicerreitora de Internacionalización e co que se busca a mellora na comunicación entre mulleres xordas, migrantes ou solicitantes de asilo que non falan as linguas oficiais do país no que se atopan e que son vítimas de violencia de xénero e os profesionais que as atenden nos diferentes servizos (sanitario, policía, avogacía…).

    Falarase tamén do Catálogo da Tradución Galega, posto en marcha no 2004 e que está dispoñible para a súa consulta en liña, ou da Rede Galega de Estudos Queer, unha asociación de persoas a cabalo entre a academia e o activismo que quere dar visibilidade e movemento aos estudos de xénero e LGBTIQ+ en Galicia.

    43

    Tags: BiFeGaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR