• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 28 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Festival de Cans profundizará na obra de João Nicolau, expoñente do novo cine portugués

    Xa están á venda os primeiros packs de 200 entradas e camisola oficial do certame co prezo máis baixo da súa historia para fomentar o retorno do público ás salas
    Redacción por Redacción
    07 de Abr, 2022
    en Cine
    0
    O Festival de Cans profundizará na obra de João Nicolau, expoñente do novo cine portugués

    Na presentación participaron Pablo Rodríguez, Alfonso Pato, a señora Alicia e César Lourido. / Fotos: R. Cibes.

    A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento.

    Logo da retrospectiva dedicada na última edición a Kléber Mendonça Filho, un dos grandes cineastas brasileiros da actualidade, este ano Cans programará outra retrospectiva de gran nivel, como é a do cineasta portugués João Nicolau, un dos expoñentes máis brillantes do novo cinema portugués, segundo destaca a organización.

    João Nicolau (Lisboa, 1975), realizou ata o de agora tres filmes, que se poderán ver en Cans e que foron estreados en certames de gran prestixio como Cannes, Venecia, BAFICI de Bos Aries, Locarno ou Sevilla. A irrupción do fantástico e o onírico entremesturados coa cotiandade que dá paso a novas realidades é unha das características da obra de Nicolau, convertendo o seu cine nun territorio máxico, onde a música e o humor xogan un papel destacado.

    O director estará presente en Cans, onde o público poderá conversar con el sobre os seus filmes, e tamén sobre as súas curtametraxes, das que o festival ofrecerá unha sesión, con ‘Rapace’ (2006), estreada en Cannes, ‘Cançao de Amor e Saúde’ (2009), que tamén pasou por Cannes, e ‘Gambozinos’ (2013), premiada en festivais internacionais como Milán, Belfort ou Vila do Conde.

    Como explicou na presentación da imaxe desta XIX edición o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, a retrospectiva das longametraxes de Nicolau servirá como introdución ao festival na fin de semana anterior ao mesmo, buscando ampliar a mirada cinéfila do público á par que se descobren novos e interesantes autores de proxección internacional. Os filmes proxectaranse no Centro Cultural, cedido polo Concello do Porriño, e a entrada será de balde.

    A primeira película, ‘A espada e a rosa’ (xoves, 12 de maio ás 20 h), contará coa presentación do director que se dirixirá ao público vía streaming, para dar paso a ‘John From’ (venres, 13 de maio ás 21 h) e o a ‘Technoboss’ (sábado 14 ás 12 h).

    João Nicolau estará presencialmente en Cans na fin de semana máis intensa do festival onde será o convidado do encontro Café Dromedario con CREA, organizado en colaboración coa asociación de directoras e directores galegos. Tamén ofrecerá ao público un avance do seu novo filme en posprodución, ‘John in Christ’.

    Nova imaxe e prezo máis baixo das entradas

    A retrospectiva anunciouse durante a presentación da imaxe gráfica e as camisetas do XIX Festival de Cans celebrada no Riquela Club, en Santiago de Compostela. Pablo Rodríguez, deseñador de Rei Zentolo, empresa que regresa a Cans, quixo destacar o elemento principal desta edición número 19: a volta da edición de Cans ao mes de maio, recuperando as datas habituais do certame. Explicou que o número 19 do tarot elixido para o deseño da imaxe deste ano e representada polo sol na parte superior, significa cousas positivas: vida, amor e felicidade. No fondo da imaxe, o can e outros símbolos do «agroglamour» de Cans como o jaliñeiro, os chimpíns, as flores ou o símbolo da paz, entre outros elementos agochados que quedan á descuberta do público. 

    Ao acto tamén acudiron a señora Alicia, do Jalpón de Alicia, a colaboradora máis popular e de maior idade de Cans, e César Lourido, en representación da Asociación Cultural Arela, encargada da organización do festival. Lourido avanzou que desde este xoves están á venda as primeiras entradas ao prezo máis baixo de toda a historia do Festival de Cans. Serán 15 euros por cada pack de entrada, camisola oficial do certame, catálogo e chapa de edición limitada. O prezo final os días do festival será de 27 euros. A oferta está limitada aos primeiros 200 packs e só estará dispoñible ata o 26 de abril na tenda virtual do festival de cans https://tenda.festivaldecans.com. Esta rebaixa nos prezos realízase para fomentar o retorno do público ás salas trala pandemia.

    No que respecta ás capacidade dos jalpóns, neste 2022 amplíase ao 75%, aumentando as fixadas nas dúas edicións pasadas. Coa máxima da prudencia, a organización mantén a obrigatoriedade da mascariña no interior dos jalpóns, os espazos privados en casas que cede a veciñanza de Cans.

    43

    Tags: cineFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    Un «lifting» para el Museo de Castrelos
    Cine

    La amenaza de lluvia obliga a un impass en el cine al aire libre de Castrelos

    28 de Ago, 2025
    El preestreno de Romería en Vigo encumbra al cine como «embajador» de Galicia
    Cine

    El preestreno de Romería en Vigo encumbra al cine como «embajador» de Galicia

    26 de Ago, 2025
    «Tenía algo místico rodar en Vigo, donde mis padres vivieron su historia de amor»
    Cine

    «Tenía algo místico rodar en Vigo, donde mis padres vivieron su historia de amor»

    26 de Ago, 2025
    El Galician Freaky Film Festival trae a Vigo 74 cortos de 34 países
    Cine

    El Galician Freaky Film Festival trae a Vigo 74 cortos de 34 países

    25 de Ago, 2025
    Denuncian «discriminación» en los conciertos de Castrelos: «¿Por qué cualquier persona puede comprar cuatro entradas y ellos solo dos?»
    Local

    Plantean sacar «mayor provecho» al auditorio de Castrelos con cine al aire libre

    20 de Ago, 2025
    Arranca en Vigo el ciclo de cine al aire libre: estas son las películas que se podrán ver (gratis) en Castrelos
    Cine

    Arranca en Vigo el ciclo de cine al aire libre: estas son las películas que se podrán ver (gratis) en Castrelos

    19 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo habilitará 38 catres para personas sin techo en el pabellón del Berbés

    «Me siento desamparado y no sé qué hacer. ¿Cómo es posible que no tenga seguro un gimnasio municipal?»

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    por María Alonso
    21 de Ago, 2025
    0

    Una historia de amor por la lengua y la docencia: los Sarmiento logran un hito histórico en las oposiciones

    Una historia de amor por la lengua y la docencia: los Sarmiento logran un hito histórico en las oposiciones

    por David Augusto
    23 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Limpieza nocturna
    Más Vigo

    Limpieza nocturna

    Esta fotografía, tomada en una céntrica calle de la ciudad de Vigo el pasado lunes 18 de agosto de 2025...

    por Julio Alonso
    28 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Ana M. González Presenta en Vigo su puente poético entre Oriente y Occidente
    Libros

    Ana M. González Presenta en Vigo su puente poético entre Oriente y Occidente

    La poeta viguesa Ana M. González, actualmente residente en Pekín, regresa a su ciudad natal para presentar su nuevo poemario,...

    por Redacción
    26 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR