• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 6 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O proxecto Atlantic CultureScape recupera o patrimonio inmaterial da Guarda vencellado ao mar

    Xisela Franco dirixe dous documentais sobre o traballo das redeiras e as embarcacións tradicionais
    Redacción por Redacción
    21 de Mar, 2022
    en A Guarda
    0
    O proxecto Atlantic CultureScape recupera o patrimonio inmaterial da Guarda vencellado ao mar

    Para a realización do documental sobre as redeiras, Xisela Franco contou coa colaboración da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia. Foto: Xisela Franco

    A cultura atlántica, esencialmente marítima e mariñeira, é fornecedora dun patrimonio inmaterial moi importante. Recuperalo, protexelo e dinamizalo é o principal obxectivo do proxecto Atlantic CultureScape, unha iniciativa na que están implicadas seis rexións do arco atlántico: Galicia, Cantabria, Andalucía e Río Maior en Portugal así como zonas de Gales, Irlanda e Irlanda do Norte. A participación galega está coordinada pola Universidade de Vigo e céntrase concretamente no patrimonio intanxible da vila da Guarda e no concepto de «atlanticismo”.

    O proxecto botou a andar hai ano e medio cofinanciado polo Programa Interreg Atlantic Area a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e, froito do traballo dos investigadores da UVigo, coordinados pola profesora Pilar Muñoz, do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, e da colaboración con entidades locais, nacen dous documentais que esta semana se van presentar na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que se celebra en Santiago de Compostela.

    Dirixidos por Xisela Franco, estas dúas pezas visibilizan o patrimonio inmaterial da vila, onde a súa xente, o mar e a cultura mariñeira son os elementos vertebradores. Aproxímanse ao mundo do mar desde a etnografía experimental, achegando unha visión entre o documental e a poesía que permite coñecer o mundo mariñeiro da Guarda e a súa xente. Para estes dous traballos sobre as redeiras e sobre a carpintería de ribeira, a autora contou coa colaboración das Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e a de Embarcacións Tradicionais O Piueiro.

    Estas propostas audiovisuais permiten poñer o foco nas comunidades locais, como portadoras e transmisoras de saberes e faceres tradicionais, dando a coñecer non só a paisaxe da vila mariñeira, senón que tamén a súa historia e o seu patrimonio material e inmaterial. Ambas creacións estrearanse este mércores 23 de marzo ás 18.30h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, dentro das actividades paralelas que ofrece a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Á xornada asistirá tanto a propia Xisela Franco como as persoas protagonistas des documentais, as redeiras de Atalia e os membros de O Piueiro. A asistencia á proxección é libre e de balde.

    As curtas, un reflexo en imaxes

    Estas curtas, como explica o equipo do proxecto, “supoñen un reflexo en imaxes da cultura mariñeira da Guarda, nas que as veciñas e veciños da vila pasan a ser cocreadoras e cocreadores da obra”. Así, a autora, Xisela Franco, e as persoas protagonistas, “lévannos a coñecer —e mesmo a imaxinar— as formas de facer e as pautas socioculturais que, dun xeito ou doutro, sobreviviron até os nosos días”.

    A peza Redeiras Atalaia céntrase no rol da muller e a súa relación co mar ao longo do tempo, así como a súa loita por preservar e valorar un oficio artesanal de tradición secular. Con O Piueiro, o obxectivo é ir “ao medio do mar para observar A Guarda doutra hora; unha imaxe do pasado que nunca vimos, pero que si imaxinamos. Como contraste, tamén observamos a actualidade e esforzo das persoas por manter aqueles sistemas identitarios que fan parte das e dos habitantes da Guarda”.

    Roteiros de experiencias

    Neste ano e medio de vida do proxecto, destacan os seus impulsores, “foise tecendo un proceso creativo e colectivo que ten como fío condutor o mar, dando como resultado diferentes accións e actividades participativas que poñen en valor, visibilizan e difunden o patrimonio inmaterial local”.  Así, ademais dos dous documentais tamén se deseñaron roteiros nos que se recolle todo ese patrimonio construído e sostido polas persoas que habitaron e que habitan A Guarda. Como explica a investigadora principal do proxecto, Pilar Muñoz, dúas destas “rutas de experiencias” xa están rematadas e pendentes de presentar. Son o resultado das investigacións patrimoniais levadas a cabo de forma participativa e conxugan tradición, paisaxe, gastronomía, cultura e patrimonio. Ambas xogan “coa situación xeográfica da vila mariñeira”, de modo que o río Miño, o monte Santa Trega e o océano Atlántico “preséntanse como paisaxes que custodian o territorio da Guarda”. Así, un dos roteiros centrarase na vertente atlántica da vila, descubrindo a historia das cetarias, da arghacería ou do peixe e couro, mentres que o outro percorrerá a beira fluvial, coas carpintarías de ribeira ou a pesca da lamprea.

    Cara unha ruta atlántica europea

    Para sacar adiante todas estas iniciativas, Pilar Muñoz destaca a importante colaboración dos colectivos e as entidades de A Guarda. “Temos que dar as grazas ao concello de A Guarda, o cal, a través tanto da Alcaldía, como da Concellería de Turismo, ofreceunos toda clase de axuda. E non nos podemos esquecer de todas esas asociacións que xa estaban levando a cabo un profundo e construtivo labor de conservación e posta en valor deste patrimonio, ligado fundamentalmente a la cultura mariñeira, entre elas, a Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais O Piueiro”.

    O proxecto rematará no mes de setembro e o reto que os investigadores teñen agora por diante é darlle continuidade. “Non podemos esquecer”, recalca Muñoz, “que estamos a falar dun proxecto europeo financiado con cargo aos fondos Interreg da Unión Europea”, no que están implicadas 36 rexións atlánticas de cinco estados europeos “coa finalidade de desenvolver experiencias turísticas baseadas no patrimonio cultural da área atlántica”. Polo tanto, as rutas de experiencias deseñadas “formarán parte dunha ruta europea, xunto con aquelas outras do resto de socios europeos do proxecto”.

    43

    Tags: A GuardaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario
    Local

    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario

    06 de Sep, 2025
    Una moto, una bici eléctrica, una aspiradora o una máquina de soldar: el botín de un detenido en A Guarda
    A Guarda

    Una moto, una bici eléctrica, una aspiradora o una máquina de soldar: el botín de un detenido en A Guarda

    05 de Sep, 2025
    Vuelve la ‘Ciencia con C de Cinbio’ de la UVigo con actividades gratis para todo el público
    Local

    Vuelve la ‘Ciencia con C de Cinbio’ de la UVigo con actividades gratis para todo el público

    03 de Sep, 2025
    Vegetación «más verde», «sana» y «discontinua»: vías para proteger el territorio ante futuras olas de incendios
    Actualidad

    Vegetación «más verde», «sana» y «discontinua»: vías para proteger el territorio ante futuras olas de incendios

    30 de Ago, 2025
    Una veintena de estudiantes de la UVigo recibirán becas de la Xunta para estudiar fuera de la UE
    Local

    Una veintena de estudiantes de la UVigo recibirán becas de la Xunta para estudiar fuera de la UE

    25 de Ago, 2025
    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino
    Ciencia y Tecnología

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino

    20 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    por María Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    por Redacción
    04 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Fuentes luminosas de Vigo
    Más Vigo

    Fuentes luminosas de Vigo

    La fotografía muestra la fuente luminosa de la Praza de Compostela (Alameda) de la ciudad de Vigo. El mérito del...

    por Julio Alonso
    06 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito
    Opinión

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito

    Hoy, el reto de educar a los pequeños de forma consciente es toda una apuesta. La mayoría de los padres...

    por Cristina Lorenzo
    06 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR