• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 3 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    A UVigo aproba por unanimidade solicitar a implantación en exclusiva do Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica

    Nunha sesión extraordinaria do Consello de Goberno celebrada este xoves tamén se deu o visto e prace aos Premios Extraordinarios de Doutoramento
    Redacción por Redacción
    14 de Ene, 2022
    en Local
    0
    A UVigo aproba por unanimidade solicitar a implantación en exclusiva do Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica

    A Universidade de Vigo pedirá á Xunta de Galicia a implantación, en exclusiva, do Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica. Así o aprobou este xoves por unanimidade o seu Consello de Goberno nunha sesión extraordinaria convocada co obxectivo de desbloquear a situación deste título e poder así implantalo o vindeiro curso académico 2022/2023 na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Na reunión tamén se deu o visto bo á concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso 2020/2021 a 30 estudantes da Universidade de Vigo, o 73% deles mulleres.

    A sesión, que tivo lugar no paraninfo do edificio Ernestina Otero e a través de Campus Remoto, estivo presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo. Na súa intervención, explicou como este mestrado “é un tema que leva enquistado xa máis de dous anos” e fixo un repaso pola evolución do acontecido. Así, lembrou como a Xunta de Galicia, ante a petición tanto da Universidade de Vigo como da Coruña de pór en marcha este título profesionalizante, decidiu aplicar o acordo existente entre as tres universidades galegas e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de que se hai interese por parte de varias institucións académicas nun mestrado este debe ser interuniversitario.

    “Eu non teño ningunha queixa a este respecto. Creo que a Xunta de Galicia fixo as cousas ben. Buscamos unha persoa independente que entre as dúas propostas que había sobre a mesa fixo unha arbitraxe, que foi aceptada polas partes e comezamos as negociacións”, sinalou. Inicialmente, detallou Reigosa na súa intervención, houbo negociacións entre as escolas implicadas de cada universidade, pero non frutificaron e pasaron a negociar os equipos reitorais, chegando a un acordo “que entendíamos que era razoable”. O acordado, dixo, contemplaba que no primeiro curso do mestrado todo o alumnado formaría parte única e exclusivamente da Universidade de Vigo e que a docencia se impartiría toda ela en Ourense, agás dúas semanas de prácticas na Coruña. En segundo, o alumnado que elixise a especialidade prevista para a UDC pediría traslado de expediente e faría alí esa orientación. Porén, dixo o reitor, este acordo “finalmente non se substanciou en nada” e “a reitoría da Coruña deu un paso atrás e dixo que se desvencellaba”.

    Chegados a este punto, explicou no Consello de Goberno Manolo Ramos, vicerreitor de Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado, “en novembro, unha vez que a Universidade da Coruña deu por roto o acordo, nós sentímonos libres para facer unha proposta propia e comentámoslle á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo que presentara a súa memoria”. Neste senso, o vicerreitor quixo “destacar a lealdade institucional da escola, que non presentou esta proposta, a pesar das presións internas e externas que nos consta que tivo, ata que desde esta reitoría lle indicamos que era o momento axeitado para facelo”. A memoria de título realizada desde a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e aprobada este xoves, dixo o reitor, “é unha proposta que facemos nós como Universidade” e quixo dar o seu agradecemento persoal “a todas as persoas que estiveron implicadas no proceso dentro da escola, pola súa paciencia e o seu bo tino. As negociacións foron complexas, tivemos que ceder en moitas cousas, e a Universidade de Vigo sempre estivo impecable grazas en gran parte ao seu traballo”.

    Aprobada a memoria polo Consello de Goberno, o reitor salientou que “o lóxico é que este mestrado estea en Ourense e así o imos propoñer ante a Xunta de Galicia”. Sobre a petición de ser un título non interuniversitario, exclusivo da UVigo, Manuel Reigosa puxo o foco no feito de que o seu carácter profesionalizante diferenza a este mestrado doutros que si son compartidos. Con todo, engadiu o responsable académico, “tamén teño que dicir que nós pensamos que un bo acordo sempre é mellor que un xuízo” polo que, dixo, “se nalgún momento se abre a posibilidade de negociación rápida, pois non imos permitir é que este se alongue máis aínda no tempo, seguimos coas portas abertas para que, co plan que estaba xa inicialmente aprobado pola escola e co visto bo por parte de reitoría, fagamos ese mestrado interuniversitario. Pero creo que xa abonda de perder o tempo”.

    Memoria do Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica

    A memoria para a solicitude da verificación do título de Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica aprobada este xoves foi realizada por unha comisión de redacción de cinco membros derivada da Xunta de Centro da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Para o seu desenvolvemento mantivéronse tamén contactos con diferentes axentes externos, entre eles asociacións da contorna, empresas relacionadas co sector aeronáutico, centros de investigación e tecnoloxía e centros que imparten a titulación afíns, contando a proposta con cartas de apoio de case medio centenar de entidades. Este título singular no Sistema Universitario de Galicia, indícase na memoria, “é fundamental para formar profesionais de alta cualificación no sector” e con el dáse a oportunidade aos estudantes do Grao en Enxeñaría Aeroespacial que actualmente se forman na UVigo de que completen a súa formación e poidan alcanzar a titulación de enxeñeira ou enxeñeiro aeronáutico. A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo imparte desde o curso 2016/17 este grao, que ten unha das notas de acceso máis altas de Galicia e cuxo 90 % do alumnado é galego. O mestrado, recóllese na súa memoria, deseñouse buscando o obxectivo de formar enxeñeiras e enxeñeiros aeronáuticos “preparados para o seu acceso ao mercado laboral e impulsar o desenvolvemento do sector aeroespacial en Galicia”, destacando a importancia da formación de recursos humanos dentro da aposta por este sector desde o eido público e privado.

    O mestrado proposto pola UVigo axústase á Orde CIN/312/2009 do 9 de febreiro de 2009, que establece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten ao exercicio da profesión de enxeñeira e enxeñeiro aeronáutico. Así, o plan de estudos recolle todos os aspectos definidos nesta orde tanto a nivel de acceso como de contidos. Para iso deseñouse un plan de estudos de 120 créditos ECTS: 72 de materias obrigatorias, 36 de materias optativas (a elixir 30), 6 de prácticas externas obrigatorias e 12 de Traballo Fin de Máster. O título contempla a especialidade de Sistemas Espaciais, que ofrecerá ao alumnado “competencias relativas á concepción de produtos espaciais que correspondan ás necesidades do cliente, definindo funcións, conceptos e arquitecturas”. As prazas de novo ingreso ofertadas ascende a 30. Na memoria detállanse os recursos humanos, materiais e servizos dispoñibles para a súa impartición no campus de Ourense, ao que se engade o proxecto de construír un novo edificio para a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

    Premios Extraordinarios de Doutoramento e outros temas

    Na sesión celebrada este xoves tamén se aprobou por asentimento conceder os Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso 2020-2021 a 30 estudantes da Universidade de Vigo. Doce dos galardóns corresponden ao ámbito de Ciencias, catro ao de Arte-Humanidades, sete ao de Enxeñaría-Arquitectura e outros sete ao Xurídico-Social. O 73% das persoas galardoadas son mulleres. As e os premiados recibirán, xunto aos Premios Extraordinarios de Grao 2020-2021 aprobados no anterior Consello de Goberno, a insignia da UVigo no acto de San Tomé, patrón da universidade, cuxa celebración se está ultimando tendo en conta a evolución da situación sanitaria.

    Os membros do Consello de Goberno tamén aprobaron a modificación do artigo 6 do regulamento polo que se establece o réxime de cambio de centro en titulacións de grao co mesmo plan de estudos na UVigo. Tal e como explicou Miguel Ángel Michinel, secretaria xeral da institución académica, con esta modificación, ao texto do artigo “non se poderá acceder ao mesmo grao en distinto centro mediante ningún tipo de admisión diferente ao de cambio de centro establecido neste regulamento” engádase “agás casos de excepcional gravidade”, seguindo o contemplado noutros documentos como a normativa de admisión de matrícula. Por último, tamén se aprobou a concesión dunha comisión de servizos á profesora titular Emma Rodríguez, do Departamento de Dereito Público Especial e da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, para incorporarse un ano ao Ministerio de Traballo e Economía Social como vogal asesora do Gabinete da Secretaría de Estado de Emprego e Economía Social. Neste senso, o reitor destacou como “é bo para o país que se nutran os cargos, a política, de xente que está formando parte da universidade pública española, porque cremos que podemos achegar moito de sensatez, de coñecemento e de categoría”.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR