• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 9 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Menchu Lamas e Rosario Álvarez gañan o Premio Otero Pedrayo 2021

    O xurado, reunido esta tarde no Pazo Provincial e encabezado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou a “extraordinaria” traxectoria das dúas galardoadas e a súa fundamental contribución á cultura galega
    Redacción por Redacción
    10 de Nov, 2021
    en Cultura
    0
    Menchu Lamas e Rosario Álvarez gañan o Premio Otero Pedrayo 2021

    Menchu Lamas. / Foto: Cora Patiño

    A artista viguesa Menchu Lamas e a presidenta do Consello da Cultura Galega, a pontevedresa Rosario Álvarez, son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo 2021, convocado pola Xunta de Galicia e polas catro deputacións galegas e que este ano organiza a Deputación de Pontevedra. O xurado, reunido esta tarde e presidido por Carmela Silva, destacou a aportación de ambas galardoadas á cultura galega tras conceder este recoñecemento ex aequo a Menchu Lamas, cuxa candidatura propuxo a Deputación de Pontevedra, e a Rosario Álvarez Blanco, proposta pola escritora Fina Casalderrey en representación da Real Academia Galega. O galardón está dotado con 16.000 euros.

    Carmela Silva foi a encargada de comunicar decisión a ambas as dúas premiadas ás que trasladou os parabéns de todo o xurado e manifestou a súa satisfacción por “este recoñecemento a representatividade das mulleres, algo que cremos imprescindible”. A presidenta provincial enxalzou “a extraordinaria” traxectoria das dúas premiadas” e lembrou que “durante moito tempo as mulleres xogamos un papel moi por debaixo do moito que temos aportado á cultura. É fundamental rachar cos datos abraiantes de invisibilización recordando que desde 1977 tan só cinco mulleres, co galardón de hoxe a Lamas e Álvarez Blanco, foron gañadoras deste Premio.

    Carmen Lamas Pérez, Menchu Lamas (Vigo, 1954), é probablemente a artista galega de maior proxección internacional e unha creadora fundamental na renovación da arte galega. Convértese na primeira artista plástica en gañar o Premio. Lamas, tras estudar Deseño Gráfico na Institución Artística de Enseñanza (IADE) de Madrid e iniciar a súa traxectoria no Colectivo da Imaxe, con Carlos Berride, Antón Patiño e Jorge Agra, debutou cunha exposición colectiva na Praza da Princesa de Vigo en 1974 e colaborou tamén co grupo poético Rompente en dous libros de poemas. Foi fundadora do colectivo referente da Arte Galega contemporánea Atlántica en 1980, xunto a Antón Patiño, Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Román Pereiro. Trala súa primeira exposición individual na Galería Buades de Madrid no ano 1982, durante esa década participou nalgunhas das mostras colectivas máis importantes da arte española contemporánea como 26 Pintores/ 13 Críticos, a segunda edición do Salón dos 16, a Bienal Nacional de artes Plásticas ou Cinco nomes de muller. Realizou múltiples exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas en distintos países.

    Lamas pertence a unha xeración de artistas galegas e galegos que, tras a ditadura e instaurado o estado das autonomías, elabora un singular discurso plástico con referencias primitivistas á arte rupestre, ao románico popular ou ás lendas campesiñas. Deste xeito, estableceu un diálogo entre esa tradición de raíz autóctona e a modernidade, así como entre o abstracto e o figurativo, cun cromatismo vivo e luminoso. As súas primeiras pinturas son composicións abstractas a partir de elementos cotiáns coas que estrutura diferentes franxas a xeito de territorios cromáticos en expansión. Evolucionou logo cara á figuración a través dunha enigmática iconografía composta por animais, humanos, círculos ou lúas. E posteriormente someteu a súa obra a unha sintetización que dota a superficie pictórica dunha orde construtiva sobre a que asentan elementos figurativos reducidos á mínima expresión —siluetas, perfís, contornos— e emprega o recurso conceptual da sombra.

    As súas obras están presentes no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid, o Museo Patio Herreriano de Valladolid, o Museo Reina Sofía en Madrid e en coleccións como a Colección Abanca, Colección La Caixa de Arte Contemporáneo, Colección AFundación. En 2018 a súa obra O pescador (1983) formou parte da exposición El poder del arte, organizada polo 40 aniversario da Constitución española. En 2018 ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes. Conta cos premios Viguesa distinguida (2016) e o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2010.

    Rosario Álvarez Blanco (Pontevedra, 1953) é unha das mulleres máis relevantes da cultura en Galicia e a primeira en presidir o Consello da Cultura Galega, cargo que ocupa desde 2018. Atesora unha importante labor no ámbito da universidade, da investigación e da defensa da cultura gales e está vencellada desde o inicio da súa traxectoria profesional a numerosos organismos culturais e educativos. É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde é catedrática na área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Foi vicerreitora de profesorado da universidade (1990-1994), directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999) e directora do Instituto da Lingua Galega (2005-2013), entidade á que pertence desde 1974.

    Integrante do equipo do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), é coautora de dúas gramáticas do galego, con Henrique Monteagudo e Xosé Luis Regueira (1986) e Xosé Xove (2002), e investigadora principal do equipo redactor da gramática da Real Academia Galega. É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, no que colaboran equipos de Galicia, Portugal e Brasil, e codirectora do proxecto Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna; no CCG é, ademais, responsable do proxecto Gallaeciae Monumenta Historica e directora da revista Estudos de Lingüística Galega. Pertence á Real Academia Galega desde o ano 2003, con funcións de coordinadora do Seminario de Gramática (desde 2003), Tesoureira (2013-2017) e directora da Sección de Lingua (desde 2013).

    As súas liñas de investigación seguen tres eixes: o estudo da gramática descritiva da lingua galega, cunha perspectiva sincrónica mais con atención á historia da lingua galega e á gramática contrastiva portugués-galego; o cambio lingüístico, tanto no galego actual coma no antigo e medio; e a edición e estudo de textos do galego medio e do galego da etapa previa ao Rexurdimento. Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios. En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada. Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria. A súa labor investigadora é moi prolífica e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega entre outros.

    Xurado

    Amais de Carmela Silva e Fina Casalderrey en representación da RAG, integraron o xurado o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez (por delegación do conselleiro de Cultura da Xunta); Xurxo Couto (en representación da Deputación de A Coruña); Tareixa Ferreiro (representando á Deputación Lugo); Ana Patricia Torres (Deputación Ourense); Victoria Alonso (Deputación de Pontevedra); María do Mar Lorenzo (en representación da Universidade de Santiago); Alfonso Caride Losada (Universidade de Vigo); Manuel Ferreiro Fernández (Universidade de A Coruña); Pablo Otero Piñeyro (en representación Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento); Marcelino Agís Villaverde (designado pola Xunta); Jose Antonio Fraga Vázquez (designado pola Deputación de A Coruña); Xosé Miranda Ruiz (designado pola Deputación de Lugo); Luis González Tosar (designado pola Deputación de Ourense); Paula Cabaleiro (designada pola Deputación de Pontevedra) e o representante da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López. Como secretario do xurado actuou o da Deputación pontevedresa, Carlos Cuadrado Romay.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraMenchu LamasPremio Otero PedrayoRosario Álvarez

    RelacionadosArtículos

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025
    Diputación y Concello de A Guarda firman el convenio para rehabilitar la piscina municipal
    A Guarda

    Diputación y Concello de A Guarda firman el convenio para rehabilitar la piscina municipal

    04 de May, 2025
    La Diputación abre el plazo de inscripción de los premios de diseño Xuventude en E-maxes
    Actualidad

    La Diputación abre el plazo de inscripción de los premios de diseño Xuventude en E-maxes

    30 de Mar, 2025
    La Diputación moviliza 4,3 millones de euros en inversiones en la provincia
    Comarcas

    La Diputación moviliza 4,3 millones de euros en inversiones en la provincia

    21 de Mar, 2025
    O Castelo de Soutomaior, protagonista das Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia
    Comarcas

    O Castelo de Soutomaior recibiu 1.600 visitantes en febreiro e programa máis actividades este marzo

    11 de Mar, 2025
    La Diputación amplía el Plan Extra para ejecutar todos los proyectos de los ayuntamientos
    Actualidad

    La Diputación amplía el Plan Extra para ejecutar todos los proyectos de los ayuntamientos

    25 de Feb, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    por David Augusto
    08 de May, 2025
    0

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    por Redacción
    06 de May, 2025
    0

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    por Redacción
    05 de May, 2025
    0

    A la venta por 3,8 millones un «legado icónico» en el corazón de Vigo

    A la venta por 3,8 millones un «legado icónico» en el corazón de Vigo

    por Redacción
    03 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Vigo en primavera
    Más Vigo

    Vigo en primavera

    Esta fotografía ha sido tomada desde el monte Alba, concretamente en el Monte de los Pozos. Pero la espectacularidad de...

    por Julio Alonso
    09 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    María Berdiales comienza a moverse
    Más Vigo

    María Berdiales comienza a moverse

    Y al indiscutible y demostrado carácter emprendedor y saber hacer de los hermanos Moreda se ha unido el grupo GarajeySal,...

    por Julio Alonso
    10 de Abr, 2016

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”
    Más Vigo

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”

    Todo el mundo sabe quién es Cicciolina pero es posible que muy pocos la conozcan. Ni siquiera sus datos biográficos...

    por Eduardo Rolland
    18 de Abr, 2021

    LIBROS

    El Corte Inglés busca «manos» para formar un gran lazo solidario en Vigo
    Libros

    Una Miss España presenta su nuevo libro en Vigo

    Este viernes, 9 de mayo, a partir de las 19:30 horas se presenta en El Corte Inglés de Vigo el...

    por Redacción
    09 de May, 2025

    OPINIÓN

    Mario Vargas que estás en los cielos
    Opinión

    Mario Vargas que estás en los cielos

    Era un hombre que me caía bien, y en gran medida era por lo que me gustaba oírlo hablar. Hay...

    por Fernando Torres Carbajo
    26 de Abr, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR