• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 8 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo inaugura a súa nova sala de exposicións “Maruja Mallo”

    Carmela Silva: “Aquí estarán presentes todas as artes e as mulleres ocuparán o espazo que lles corresponde, terán o foco e estarán no centro”
    Redacción por Redacción
    03 de Nov, 2021
    en Exposiciones
    0
    Vigo inaugura a súa nova sala de exposicións “Maruja Mallo”

    Seguindo a estela iniciada na sede provincial en Vigo de poñer nome de muller a todas as salas que a conforman, converténdoas en protagonistas e recuperando o seu verdadeiro papel na historia, a presidenta da Deputación Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, veñen de inaugurar esta tarde a nova sala de exposicións “Maruja Mallo” coa mostra “Muller por muller”, comisariada por Rosario Sarmiento.

    O espectacular evento cultural, no que se escoitou a música da violinista Ana Shi Yu e da violonchelista Iryna Morozova, da Orquesta 4.30, contou coa participación de máis dun centenar de persoas do tecido cultural, artístico, social e político da cidade entre as que se atopaban nomes tan representativos da nosa cultura e das artes plásticas como Menchu Lamas, Antón Patiño e Antón Pulido, recente Premio das Artes de Galicia, artistas como Ruth Lodeiro e Irene Silva, fotógrafos como Xurxo Lobato e Jorge Lens, a comisaria de arte Elena Bangueses, galeristas como Victor Montenegro ou escritoras como Edurne Baines e Isabel Blanco, amais de Modesto Hermida.

    O director do Marco, Miguel Fernández Cid, Bieito Ledo, da Fundación Premios da Crítica, a cineasta Xiana do Teixeiro ou Javier Escobar da Orquesta 4.30 foron outros dos e das asistentes á inauguración, amais de autoridades locais, provinciais e autonómicas, como o delegado da Zona Franca de Vigo, o cónsul de Arxentina, o cronista oficial da cidade, profesorado universitario, empresarias e empresarios, e persoas vencelladas ao mundo editorial, á música e á igualdade. No acto, que contou cunha decoración e iluminación creada expresamente para esta inauguración, presentouse igualmente o catálogo desta primeira mostra, que recolle texto e imaxes das cinco fotógrafas que expoñen a súa obra, amais de textos do alcalde de Vigo, da presidenta da Deputación e da Comisaria Rosario Sarmiento.

    Na súa intervención, Carmela Silva recoñeceu o “día tan especial que estamos a vivir para tantas persoas que levan moito tempo traballando para que a Deputación sexa unha grande referencia en algo tan xusto como reivindicar a metade do mundo que somos as mulleres. A igualdade, dixo, ten que formar parte de todas as accións e non hai traballo mais fermoso que loitar por ela”. A presidenta fixo un gran recoñecemento a Maruja Mallo, “a grande artista universal que dá nome a esta sala e que nos pertence a todas e a todos, que pertence ao planeta”, e anunciou que “neste novo espazo expositivo estarán presentes todas as artes, onde as mulleres van ocupar o lugar que lles corresponde, o seu espazo, o noso espazo, onde terán o foco e estarán no centro”. “Sempre estivemos na cultura, recordou, pero invisibilizadas e non recoñecidas, e sabemos do enorme poder transformador da cultura. Se as mulleres non estamos a cultura e o mundo seguirán coxos”

    A presidenta da Deputación, que agradeceu ao alcalde de Vigo a “marabillosa idea” de ceder este edificio para albergar a sede provincial, enxalzou a mostra que inaugura a sala, “MullerxMuller”. “Unha mostra feita por mulleres que retratan a mulleres, e contan historias de mulleres”. Carmela Silva agradeceu por elo á Comisaria Rosario Sarmiento “a súa complicidade, empatía e bo quefacer”, e avanzou que esta mostra “é o inicio dunha andaina dun novo espazo que cada dous meses terá unha exposición, que dará cabida a todas as artes, e que será un espazo democrático aberto ás propostas das e dos artistas”. “A cultura ten que ser compartida e cocreada. Temos que escoitar á sociedade porque as ideas cambian o mundo”, rematou.

    Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo memoria sobre a historia recente do edificio que alberga a sede viguesa da Deputación ao lembrar como o Concello recuperou o inmoble hai máis dunha década. “Este edificio, no corazón da cidade, estaba en ruínas. Era preciso actuar, empezar a mudar o Casco Vello, e decidimos facer un edificio no que a fotografía recuperara o seu espazo”, explicou, en referencia ao proxecto inicial de situar no inmoble un centro de fotografía. “Fixemos un gran edificio, dotámolo de contido e que mellor que unha presidenta para ocupar con visión de muller esa recuperación”, explicou, para engadir que “hoxe hai unha gran sede, que acolle unha exposición fotográfica trazada por mulleres, un lugar marabilloso no que combinamos a ambición de como tiñamos que facer a cidade de Vigo”. “O tempo, dixo, fraguou o que estamos a vivir hoxe aquí, esta sede tiña que converterse nun espazo para este proceso revolucionario da igualdade cunha forma permanente de presenza”

    “Muller por muller”

    A exposición “Muller por muller” está integrada por 21 obras de Karen Knorr, Sue Packer, Susan Meiselas, Graciela Iturbide e Cristina García, cinco grandes referentes da fotografía contemporánea internacional que presentan o universo feminino representando ás mulleres como protagonistas dende o cotiá, a proximidade, confianza e a empatía. Deste xeito, a través da mostra, estanse a visibilizar ás mulleres creadoras, artistas, que foron silenciadas e ocultadas nos catálogos e nos museos ao longo da historia e, por outra banda, ponse o aceno nos relatos, contextos e obras artísticas protagonizadas por mulleres.

    A Comisaria da mostra, Rosario Sarmiento, que foi a encargada de guiar o percorrido pola exposición, cualificou de excepcional que nova sala leve o nome de Maruja Mallo, “artista referencial para todas nós”, e fixo unha sentida semblanza das cinco fotógrafas que ofrecen en “MullerxMuller” unha mirada particular sobre Vigo e as súas mulleres. Sarmiento agradeceu á Deputación “a súa sensibilidade e aposta por poñer en valor ás mulleres artistas e sabemos que esta nova sala é un paso máis nese camiño”.

    Na exposición poderase apreciar a preocupación de Karen Knorr polo mundo das clases sociais; as imaxes da británica Sue Packer centradas naquilo que pasa desapercibido ou de maneira inesperada; a fotografía documental da americana Susan Meiselas; o continuo diálogo entre imaxes, tempos e símbolos da mexicana Graciela Iturbide ou as pezas cheas de vida, alegría e foza da española Cristina García.

    Todas as pezas, que se poderán visitar na nova sala de exposicións Maruja Mallo desde este mércores ata o 31 de decembro, foron recuperadas para a ocasión por Rosario Sarmiento da colección do concello de Vigo “Vigovisións”, depositada nos fondos do Marco, recollendo deste xeito tamén a testemuña do importante vínculo que existe entre Vigo e a fotografía. “Vigovisións” trátase dun proxecto enmarcado na “Fotobienal” de Vigo, unha colección de fotografía contemporánea plural, cosmopolita e ao mesmo tempo próxima baixo a dirección de Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, na que participaron 50 fotógrafas/os de diferentes lugares don mundo (entre as que se atopan Karen Knorr, Sue Packer, Susan Meiselas, Graciela Iturbide e Cristina García) captando a súa maneira de ver a cidade de Vigo na década dos 80 e dos 90.

    43

    Tags: Abel CaballeroCarmela SilvaDeputación de PontevedraMaruja Mallo

    RelacionadosArtículos

    Caballero y la Xunta se citan (otra vez) para abordar los túneles de Elduayen y Beiramar
    Local

    Caballero y la Xunta se citan (otra vez) para abordar los túneles de Elduayen y Beiramar

    07 de Jul, 2025
    Reabierto el carril de la A-55 cerrado por el derrumbe de un talud en Puxeiros
    Local

    Caballero, a las constructoras que piden peaje en las autovías: «Que estén calladas y se dediquen a construir»

    04 de Jul, 2025
    Caballero niega un bloqueo a la Xunta en Vigo: «Pueden invertir de forma inmediata 35 millones en colegios»
    Local

    Caballero niega un bloqueo a la Xunta en Vigo: «Pueden invertir de forma inmediata 35 millones en colegios»

    04 de Jul, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”

    04 de Jul, 2025
    Comienzan las obras (esta vez en Bouzas) que eliminarán las últimas calles adoquinadas de Vigo
    Local

    Comienzan las obras (esta vez en Bouzas) que eliminarán las últimas calles adoquinadas de Vigo

    04 de Jul, 2025
    Caballero, tras pasar revista en Samil: «La mejor atención de playas que hay en ningún lugar de España»
    Local

    Caballero, tras pasar revista en Samil: «La mejor atención de playas que hay en ningún lugar de España»

    03 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    Condena (parcial) al Concello de Vigo por colocar un banco ornamental sin garantizar la seguridad vial

    Condena (parcial) al Concello de Vigo por colocar un banco ornamental sin garantizar la seguridad vial

    por Redacción
    03 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Playas viguesas impolutas
    Más Vigo

    Playas viguesas impolutas

    Esta fotografía corresponde a la playa de Os Olmos, en la ciudad de Vigo. En ella se aprecia que el...

    por Julio Alonso
    07 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR