• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 19 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    día das letras 2021

    Xela Arias a través do seu fillo Darío

    Darío Gil fala con VIGOÉ sobre a súa nai, Xela Arias, a quen está adicado este Día das Letras Galegas 2021: "Cando volvo sobre algún poema de “Darío a diario” sempre atopo unha nova conversa coa miña nai, un novo consello"
    Julio Alonso por Julio Alonso
    17 de May, 2021
    en Libros
    0
    Día das Letras Galegas Xela Arias Darío Gil

    Darío Gil, no Museo do Mar: Sonia Daponte

    Xela Arias é a protagonista do Día das Letras Galegas 2021, unha honra sobradamente xustificada por numerosos méritos. Morreu de súpeto no ano 2003 á idade de 41 anos, logo dunha vida densa, comprometida, e moi frutífera.

    De xeito breve convén rememorar que Xela Arias Castaño naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria (Lugo). Era Filla de Amparo Castaño López e de Valentín Arias López, escritor e tradutor. Aos poucos anos a súa familia trasládase á cidade de Vigo, onde transcorre o resto da súa vida. Estuda no instituto Castelao, no Calvario, ata que comeza a traballar na Editorial Xerais desenvolvendo, entre outros postos, o de correctora de estilo e o de tradutora. Licénciase en Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e muda o seu traballo polo de mestra en diferentes centros escolares galegos e da cidade de Vigo e o seu entorno.

    Desenvolve unha intensa participación no mundo da cultura galega que abranga a poesía, a tradución, a narrativa, algunhas incursións na prensa escrita, e a colaboración en diversos movementos culturais e sociais como “Nunca máis” e “Non á guerra”. Tamén participa en recitais poéticos, en exposicións fotográficas, en recitais poético-musicais, e incluso chega a colaborar co conxunto de rock “Desertores”, de Vigo.

    Inicialmente foi rexistrada co nome de María de los Ángeles, aínda que logo mudouno a María dos Anxos e, finalmente, adoptou o de Xela, que era o nome que viña utilizando desde moi pequena.

    As súas obras tratan os temas do amor, a alienación do individuo pola sociedade, a morte, e a futilidade da existencia humana, cun estilo arbitrario e rompedor co formalismo establecido. Destacan “Denuncia do equilibrio” e “Darío a diario”. Ademais da súa participación nos libros colectivos “Palabra da muller”, “Daquelas que cantan”, e “Rosalía na palabra de once escritoras galegas”. O poemario “Intempériome”, que está dividido en tres partes: 1.- “E así que me din que agarda”; 2.- “Corazón, cuestión”; 3.- “Vencerse e couse de se tratar”. Algunhas destas obras englobáronse no libro “Poesía Reunida (1982 – 2004)”, editado pola Editorial Xerais, que inclúe “Denuncia do equilibrio”, “Tigres coma cabalos”, “Darío a diario”, e “Intempériome”.

    Estivo casada con Xulio Gil desde o ano 1992 ata 2002. No ano 1994 nace o seu fillo, Darío, que lle inspira o libro “Darío a diario”, no que vai relatando con enorme tenrura as súas sensacións desde o primeiro momento do embarazo. No ano 2003, con 41 anos, Xela Arias falece repentinamente na cidade de Vigo deixando un fillo de 9 anos de idade: Darío Gil Arias, co que VigoE tivo a oportunidade de conversar.

    Xela Arias, por Evaristo Pereira. 

    -Vostede pertence a unha familia moi vinculada coa cultura, posto que ás múltiples actividades da súa nai, poeta, editora, tradutora, mestra… Tamén é preciso engadir que o seu pai, Xulio Gil, ademais de matemático é un recoñecido fotógrafo (Premio da Crítica Galega en 2013, entre outras distincións). Como inflúe todo isto na súa vida?

    -Incluso o meu avó por parte de nai tamén está vencellado coa cultura, Valentín. O certo é que isto permitiume desde moi pequeno ter un ocio cultural coa miña nai sobre todo, e co meu pai tamén, contacontos, teatro, recitais, moita lectura na casa, entón, esa achega á cultura desde tan cedo, pois penso que me permitiu formar unha inquedanza persoal e un querer pola cultura galega que perdura e que vai na miña compaña sempre.

    -A súa nai foi unha persoa polifacética. Que faceta dela influíulle máis a vostede?

    -Pois o certo é que, tendo en conta que estou a facer o máster do mestrado para ser profesor de secundaria, quizais a faceta docente tanto dela como do meu pai, pois son as que son máis directamente reflectidas en min, pero o certo é que ademais da súa faceta de produción literaria tamén gústame quedar moito coa súa faceta de denuncia social, sobre todo como aquelo de “Nunca máis”, de “Non á guerra”, esa faceta súa gustoume moito e sempre trato tamén de aplicala na miña vida.

    -Entre todas as facetas da súa nai, cal pensa que é a máis transcendente para a cultura galega?

    -Pois aí entendo que podemos estar falando da súa faceta literaria, como poeta, principalmente, e tamén da súa obra como tradutora. Entendo que a produción poética pois vai ser a máis recoñecida, pola transgresión nas formas, sobre todo, tamén no contido, con “Darío a diario”, ese vangardismo tamén en “Tigres coma cabalos” ao xuntar a fotografía, e “Intempériome” falando coa música. Interpreto que esa faceta poética transgresora e vangardista penso que é a que máis pegada deixa na cultura galega.

    -Coa dedicatoria do Día das Letras Galegas, súa nai consolídase como un referente da cultura galega. Como ve o fillo de Xela Arias o devir do idioma galego na sociedade galega actual?

    -Pois creo que a meirande parte do futuro da galego, sobre todo para a mocidade actual, pasa polas aulas, pero tamén pasa pola industria do entretemento, xa que si conseguimos que a mocidade consuma cultura en galego: series, películas, calquera cousa, debuxos animados, o calquera libro, pois estaremos dotando á lingua de boa saúde. Mentres que a mocidade segue un proceso no que incluso pequenos nenos galego falantes rematan a socialización falando en castelán, pois non augura nada bo.

    -Pensa que a contribución literaria da súa nai pode axudar a dinamizar o galego?

    -Si, sobre todo, a súa labor na tradución, gracias á achega de clásicos como “O último mohicano”, ou “Drácula”, que se poden ler en galego, eu penso que ese é o camiño a seguir, é a forma de conseguir que melloren os ratios de fala galega na mocidade, sobre todo, porque penso que é o fragmento máis a ter en conta.

    -As obras da súa nai teñen unha grande sensibilidade e tenrura e chegan ao corazón. Con cal delas se quedaría vostede?

    -Se ben é certo que o que se publicou fai relativamente pouco, o inédito de “Non te amola!”, pois si que entendo que é tenrura pura, eses relatos para literatura infantil, eu non me podo quedar con outro poemario que non sexa “Darío a diario”, porque, vamos, para min ten un significado moi forte, moi vencellado comigo, moi emocional, e incluso agora, cando volvo sobre el, de cando en vez, para ler algún poema, sempre atopo unha nova conversa coa miña nai, un novo consello, unha nova forma de ver como vía ela a vida, entón para min é o libro que é máis emocional.

    #LetrasGalegas2021

    Invasión que se me convén fantástica / Invasión sen ocasión / Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns / de roupiñas pequenas e xoguetes de colores / de risas, choros,agarimos,agarimos.

    'Darío a diario' na voz de Xela Arias 📲 https://t.co/ahzKkRWqS2 pic.twitter.com/JCH9fpCHNW— diariocultural_rg (@diariocultural_) May 13, 2021

    -Neste ano 2021 ven de publicarse a obra inédita de narrativa de Xela Arias: “Non te amola!”, escrito hai trinta anos e publicado por Galaxia. Queda algunha outra obra inédita por publicar, poesía, narrativa, cartas…?

    -Quedan dúas obras: “Lili sen pistolas” e “Maldito lindo”, que son dúas obras poéticas que ela considerou no seu momento que non debían ver a luz, que non debían ser publicadas, non como o caso de “Non te amola!”, que ela si que o quería publicar, pero non se deron as circunstancias no momento, entón, esas dúas obras, pese a que había editoriais interesadas, pois entendemos que por preservar o seu desexo pois quedarán para nós, como quería ela, e non verán a luz.

    -Nin sequera co paso do tempo ou cando outras circunstancias puideran provocar un cambio de opinión?

    -Nós, ceñímonos ao seu desexo antes de falecer, que era que eses poemarios no se publicaran, porque ela tivo opción de intentalo, de publicalos, e non quixo porque non estaba satisfeita ou contenta, ou non resumían o que ela quería, pois en principio non está na nosa mente publicalos.

    -A súa nai era unha muller comprometida. Tal como era ela, cales pensa que serían os seus posicionamentos sociais e políticos na actualidade?

    -Ben, está claro que hai un posicionamento seu que xa tiña no seu tempo, que era un posicionamento feminista evidente, se ben é certo que se avanzou todavía non se mudou, non se acadou o obxectivo, entón ela seguiría nesa loita. E despois eu entendo que igual que se sumou co “Nunca máis”, e con “Non á guerra” de Irak, pois as crises migratorias, por exemplo, do Mediterráneo, tamén serían, seguro, obxecto das súas reivindicacións, entendo.

    -Nalgunha ocasión sentiuse vostede inspirado para coller un papel e un lapis para escribir? Quizá unha cámara fotográfica?

    -Pois estiven máis preto da cámara que do bolígrafo, pero o certo é que non teño ese desexo de produción, de momento son un mero consumidor, bastante activo, pero consumidor, de cultura, polo que, polo momento, non está nos meus plans escribir.

    -Entón descarta totalmente a súa incursión no mundo da cultura?

    -Si, si. De momento, si. Polo ben da cultura galega.

    -Se tivera que escoller un recordo da súa nai, con cal se quedaría?

    -Uf. Pois, o certo é que isto sae no epílogo da biografía que fixo Montse Pena. Pois un recordo con ela no ascensor da casa, do piso onde aínda vivo ao día de hoxe que, ben, eu chegaba moi canso, non recordo se era do parque ou da praia, eu chegaba moi canso. E cando eu estaba canso pois eu lle pedía que me collera no colo, entón ela dicíame: “E cando eu sexa vella vasme levar ti a min?” É un recordo que sempre teño aí.

    -Na obra “Darío a diario” se interpreta que a súa nai quere que vostede sexa libre. Vostede, hoxe en día, síntese realmente libre nesta sociedade galega do mundo actual?

    -O certo é que considero que é imposible selo. Pero se algo podo dicir é que teño ese obxectivo. Polo menos o obxectivo é conquistala paso a paso. Iso é algo que me transmitiu e intento levar na miña vida: a liberdade buscala, loitar por ela, pero tendo moi claro que non a teño.

    -Se vostede algunha vez chega ter unha filla poñeríalle Xela?

    -Por suposto.

    43

    Tags: Darío GilDía das Letras GalegasXela Arias

    RelacionadosArtículos

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto
    Cultura

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto

    14 de May, 2025
    Estos fueron los libros más demandados en 2022 en la Rede de Bibliotecas de Galicia
    Cultura

    En marcha en Vigo as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

    08 de May, 2025
    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo
    Cine

    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo

    31 de Oct, 2024
    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia
    Cine

    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia

    17 de Oct, 2024
    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa
    Libros

    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa

    21 de May, 2024
    Últimos días para donar sangre en la campaña de Ados en las universidades gallegas
    Solidaridad

    Un libro a cambio de sangre para conmemorar las Letras Galegas

    16 de May, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Paso al frente para recuperar la cafetería con las mejores vistas de Vigo

    Paso al frente para recuperar la cafetería con las mejores vistas de Vigo

    por Andrea Mariño
    13 de May, 2025
    0

    Caballero celebra que, al no parar en Segovia o Medina, el tren entre Vigo y Madrid bajó de las 4 horas

    Caballero celebra que, al no parar en Segovia o Medina, el tren entre Vigo y Madrid bajó de las 4 horas

    por Redacción
    15 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Vandalismo sin remedio
    Más Vigo

    Vandalismo sin remedio

    Este no es el único ejemplo de vandalismo urbano. Existe en todas las poblaciones y la ciudad de Vigo tampoco...

    por Julio Alonso
    16 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Rúa Alfonso XIII antes del túnel
    Más Vigo

    Rúa Alfonso XIII antes del túnel

    Esta fotografía fue tomada hace años en la Rúa Alfonso XIII, de Vigo, cuando todavía existía el paso elevado de...

    por Julio Alonso
    13 de Mar, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the ...
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR