• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 23 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    turismo

    A Gala do Turismo leva ao «Mar de Vigo» nunha viaxe máxica polas Rías Baixas

    Coas actuacións de Pablo Méndez e Laura LaMontagne, a vangardista cerimonia nomeou embaixadores ao Estrellas Michelín e rendeu homenaxe a 136 empresas distinguidas co selo SICTED
    Redacción por Redacción
    24 de Mar, 2021
    en Galicia
    0
    A Gala do Turismo leva ao «Mar de Vigo» nunha viaxe máxica polas Rías Baixas

    Una de las últimas galas de la Diputación, en el Mar de Vigo. / Foto: Archivo

    Todo un espectáculo visual e musical no que o sector turístico da provincia de Pontevedra foi o verdadeiro protagonista. A Gala Provincial do Turismo da Deputación regresou esta tarde ao Auditorio Mar de Vigo cunha vangardista cerimonia na que se viviron momentos especiais de principio a fin. Os “Momentos Rías Baixas” son o eixo da campaña 2021 da Deputación, e a actriz Celia Freijeiro encargouse de levar ao público por unha viaxe case onírica pola provincia a través de instantes únicos, lugares máxicos e pequenas e grandes experiencias.

    Os chefs e os seus equipos nos sete restaurantes con Estrela Michelin das Rías Baixas foron nomeados embaixadores, Pablo Méndez Performance sorprendeu cun espectáculo no chan e en altura con personaxes de fantasía, e Laura LaMontagne, xunto a Pico Amperio, puxo a banda sonora en vivo coa súa voz e ritmos electrónicos. Todo elo con 150 persoas que puideron vivir a Gala de forma presencial, con todos os protocolos de seguridade, evento que foi televisado e retransmitido por streaming ao través da web e das redes sociais institucionais.

    A Gala contou coa asistencia da Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do alcalde de Vigo, Abel Caballero, como anfitrión, amais de alcaldes, alcaldesas e representacións de Pontevedra, Vilagarcía, O Grove, Lalín, Sanxenxo, Redondela, Cambados, Meis, Baiona.. e así ata de 42 concellos da provincia, e responsables de Mancomunidades como a do Salnés.

    O turismo estivo representado a través dos representantes sectoriais, entre eles o Clúster de Turismo, as denominacións de orixe, os Festivais Rías Baixas, os Rías Baixas Film Fests, e entidades que representan ás axencias de viaxes, de aloxamento, turismo activo e culturais, xunto coas empresas que participaron na aceleradora TurisTIC, amais de medios especializados.

    Na Gala, foron homenaxeadas 136 empresas distinguidas co selo do Sistema Integrado de Calidade en Destinos Turísticos (SICTED), un dos obxectivos centrais da celebración do evento. Ademais, anunciáronse as gañadoras e gañadores do primeiro concurso “Momentos Rías Baixas” en redes sociais, no que resultaron premiadas Diana Miaus, Rosa Fernández, Viajero Gastronómico, Betty das Neves e Estefanía Lago. Celia Freijeiro conmemorou o momento cun “selfie” con algúns deles e elas, presentes na sala.

    A presidenta da Deputación Carmela Silva, que amosou o seu agradecemento pola presenza de representantes de ata 42 concellos da provincia de Pontevedra no auditorio Mar de Vigo, destacou a importancia do sector turístico ao que converteu no verdadeiro protagonista da gala: “Hoxe queríamos facervos un recoñecemento porque este foi un ano moi duro e somos moi conscientes. É o momento de amosarvos todo o noso apoio. Sentímonos moi orgullosas de todas e de todos vós, do voso grande talento e compromiso”. Pero tivo tamén palabras a presidenta para trasladar unha mensaxe de optimismo asegurando que “este territorio é marabilloso pero non sería nada sen a súa xente, sen o seu compromiso e o enorme esforzo que facedes. Temos que ter moita fortaleza, moito ánimo. Moi pronto chegará a normalidade e será o momento de dar o gran pistoletazo de saída a este sector tan potente. Volveremos recuperar a actividade, sairemos máis fortes e mellor posicionadas e posicionados porque a provincia ten moita capacidade para reinventarse, conta con persoas con moitas ideas, que non quedan de brazos cruzados e están ao día para poñer en marcha proxectos brillantes”.

    E, mirando cara adiante, a presidenta destacou o modelo turístico da Deputación que aposta pola sustentabilidade, a dixitalización, a internacionalización e a calidade. Ao respecto, Silva amosou o seu orgullo polos 136 distintivos SICTED que acadaron os establecementos da provincia e que seguen a situar á provincia como líder no conxunto do Estado: “hai unha implicación e compromiso total coa calidade e moito traballo diario para ser máis competitivas/os”, destacou. E, neste mesmo ámbito, brillan as estrelas Michelin da provincia que foron nomeadas, durante a Gala, como as novas/novos embaixadoras/es da provincia de Pontevedra: “Eles e elas son a imaxe de excelencia de toda a cadea de valor que forma parte da nosa gastronomía”, asegurou Silva.

    O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o proxecto colectivo da Deputación para lanzar un “destino marabilloso e único, un territorio excepcional”. Subliñou que “somos unha zona de referencia, un lugar extraordinario, que ten algo inigualable: a xente, as mulleres e homes da provincia que nos transforman nun lugar de acollida. Cando alguén vén e nos visita atópase cun territorio fantástico e unha xente única”.  Amais de enxalzar o destino, tamén tivo palabras o alcalde para empatizar co sector turístico: “quero darvos un abrazo moi forte porque estades a pasar un momento moi difícil pero hai que ser optimistas: imos ter un verán mellor que o do ano pasado e aquí, en Vigo, no Nadal, conto con millóns e millóns de persoas”.

    En representación dos sete restaurantes con Estrella Michelin da provincia, Pepe Vieira e Amaranta Rodríguez, agradeceron á Deputación de Pontevedra “este nomeamento como embaixadoras/es deste pequeno grande paraíso que son as Rías Baixas”. Tamén aproveitaron a ocasión para enxalzar que a gastronomía da provincia “non soamente é produto senón que detrás hai homes e mulleres que fan que a gastronomía sexa o que é, e que a día de hoxe o están a pasar mal”. Neste eido, as novas e novos embaixadoras/os pediron “altura de miras para saír desta situación e que entre todas e todos construamos a hostalaría e o turismo do futuro”.

    O nomeamento dos “Embaixadores Rías Baixas”

    Os novos embaixadores e embaixadoras Rías Baixas foron homenaxeados no momento central da Gala cando os e as responsables dos sete restaurantes con Estrela Michelin da provincia foron chamados ao escenario: Javier Olleros e Amaranta Rodríguez (Culler de Pau), Pepe Solla (Casa Solla), Pepe Vieira, Yayo Daporta, Rafa Centeno e Inés Abril (Maruja Limón), Iñaki Bretal (O Eirado da Leña) e Alberto González Prelcic e Goretti Álvarez (Silabario). Carmela Silva resaltou que os restaurantes Michelin “son a proba do éxito e da excelencia da nosa cociña, e están comprometidos co territorio, o produto e a cultura gastronómica das Rías Baixas”.

    Viaxe cun gran apoio audiovisual e tecnolóxico

    O espectáculo audiovisual e musical tinguiu toda a Gala en distintos formatos a través das actuacións de Pablo Méndez e Laura LaMontagne e da pantalla de 14 metros de ancho na que se proxectaron varios vídeos, un deles previo ao comezo con impresionantes imaxes da costa e o interior da provincia, aos que lle sucedeu o vídeo da campaña 2020 “Sigue o teu instinto” –que vén de ser premiado na categoría de “ecoturismo” no Festival The Golden City Gate de Berliin-; outro no que responsables de empresas contan anécdotas e momentos especiais; os audiovisuais dos artistas, e un peche cun espectacular atardecer na torre de San Sadurniño en Cambados. Celia Freijeiro, que xa fora protagonista de “Sigue o teu instinto”, levou ao público nunha viaxe pola provincia con anécdotas, recordos e experiencias, centrándose na natureza, o patrimonio, a gastronomía, a cultura, festas e festivais e o Camiño de Santiago.

    Agasallo: o caderno de viaxe e gastronomía

    As representacións dos concellos con empresas distinguidas co SICTED saíron ao longo da cerimonia ao escenario como recoñecemento a estas entidades, e no remate da Gala todo o público recibiu como agasallo un caderno de viaxe e unha mostra de produtos da provincia. “Agora tócalles a vostedes anotar os seus Momentos Rías Baixas, e nada mellor para axudar a inspirarse que un bocadiño da nosa gastronomía”, rematou Celia Freijeiro para poñer o colofón á gran noite do turismo da provincia.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraGala do TurismoTurismo Rías Baixas

    RelacionadosArtículos

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025
    Diputación y Concello de A Guarda firman el convenio para rehabilitar la piscina municipal
    A Guarda

    Diputación y Concello de A Guarda firman el convenio para rehabilitar la piscina municipal

    04 de May, 2025
    La Diputación abre el plazo de inscripción de los premios de diseño Xuventude en E-maxes
    Actualidad

    La Diputación abre el plazo de inscripción de los premios de diseño Xuventude en E-maxes

    30 de Mar, 2025
    La Diputación moviliza 4,3 millones de euros en inversiones en la provincia
    Comarcas

    La Diputación moviliza 4,3 millones de euros en inversiones en la provincia

    21 de Mar, 2025
    O Castelo de Soutomaior, protagonista das Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia
    Comarcas

    O Castelo de Soutomaior recibiu 1.600 visitantes en febreiro e programa máis actividades este marzo

    11 de Mar, 2025
    La Diputación amplía el Plan Extra para ejecutar todos los proyectos de los ayuntamientos
    Actualidad

    La Diputación amplía el Plan Extra para ejecutar todos los proyectos de los ayuntamientos

    25 de Feb, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas

    por Julio Alonso
    21 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    El esperado y controvertido PXOM de Vigo
    Más Vigo

    El esperado y controvertido PXOM de Vigo

    Hace años que la ciudad de Vigo necesita un PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Por diferentes motivos que escapan...

    por Julio Alonso
    22 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Rincones secretos de Vigo
    Más Vigo

    Rincones secretos de Vigo

    La pared del fondo que se observa en la fotografía está ocultando la entrada cegada de uno de los antiguos...

    por Julio Alonso
    19 de Sep, 2021

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the ...
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR