• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 5 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    “Abran a fronteira, poñan controis en todos os pasos e deixen pasar ás persoas traballadoras”

    Alcaldes e alcaldesas da ‘raia’ concentráronse na ponte vella de Tui para criticar que os gobernos de Madrid e Lisboa “cometan outra vez o mesmo erro” e “castiguen” ao persoal transfronteirizo
    Redacción por Redacción
    04 de Feb, 2021
    en Covid-19, Tui
    0
    “Abran a fronteira, poñan controis en todos os pasos e deixen pasar ás persoas traballadoras”

    Protesta desenvolvida este xoves en Tui. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Alcaldes, alcaldesas e presidentes de cámara do territorio transfronteirizo do río Miño concentráronse este xoves na ponte vella de Tui para protestar polo peche de ‘raia’ con Portugal e reclamar que se abran todos os pasos existentes, sempre cos controis sanitarios necesarios, para facilitar a circulación das e dos traballadores.  Coas letras de SOS manifestaron a súa indignación e cualificaron de “escándalo” que tras o acontecido na primeira vaga da pandemia se volva cometer o mesmo erro de habilitar un só paso “castigando” ao persoal laboral –o único que pode cruzar a raia- a dar rodeos quilométricos.

    O vicedirector do AECT Rio Miño, Uxío Benítez, explicou que a reivindicación de rexedores “é unha reivindicación xusta, e por iso estamos aquí mobilizados e nos seguiremos a mobilizar o que faga falta para que entendan que esta é unha fronteira que afecta a moita xente”, polo que pediu aos gobernos centrais que fagan o mesmo que fixeron na primeira vaga da pandemia, cando despois de tres mobilizacións de alcaldes e alcaldesas nas pontes do Miño se abriron todos os pasos na ‘raia’. “Esperemos que non teñamos que facer outras tres mobilizacións, e que con este chamamento público que facemos a Madrid e Lisboa poidan entender o que pasa nesta fronteira e abrir o resto dos pasos fronteirizos”, insistiu.

    Para o conxunto de mandatarios dese territorio “é un auténtico escándalo” que despois do acontecido se volva a cometer exactamente o mesmo erro, que é deixar un único paso fronteirizo nunha fronteira que -aínda que só é o 5% dos 1.200 quilómetros de fronteira entre España e Portugal (70)-, representa o 50% dos vehículos que pasan. “Esta é unha fronteira dinámica, na que hai moitas relacións laborais, económicas, empresariais. Hai moita mobilidade porque hai esa vida e esa economía que flúe a través da fronteira…. Pois toman a decisión de deixar un só paso en Tui Valença na ponte nova”, apuntou Benítez con insistencia.

    Como consecuencia práctica, subliñou o nacionalista,  as persoas cidadás traballadoras transfronteirizas deben percorrer distancias quilométricas e dar rodeos “ para ir facer o único que agora se pode ir facer, que é ir aos postos de traballo”. “Tal como está a situación económica agora mesmo, que os estados decidan por non poñer gardas, por economizar ese gas, trasladar ese gasto ás e aos traballadores parécenos un escándalo”, finalizou.

    Pola súa parte, o director do AECT e presidente de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, pediu aos gobernos centrais que “deixen de castigar aos traballadores”, insistindo en que os agrupamentos e filas de vehículos en quilómetros de espera “poder eventualmente potenciar os contaxios”.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, apelou tamén á sensibilidade estatal para mudar de xeito radical a súa política de peche de fronteiras, que non atende á realidade do territorio miñoto, segundo o seu punto de vista, “por ver os problemas dende a centralidade sen ser conscientes das peculiaridades de cada territorio”.

    O presidente de Valença, Manuel Lopes, subliñou así mesmo que o peche das fronteiras foi nada máis que unha medida “simbólica”, xa que agora pasan pola fronteira exactamente o mesmo número de persoas de aquelas que xa pasaban antes: traballadores debidamente acreditados e o transporte de mercadorías. “Estes acaban por facer milleiros de quilómetros de máis a fin de mes e gastan o soldo nos depósitos de gasolina. Case non compensa vir traballar a ambos lados. Ao final o rendemento queda no combustible e nas horas de traslado. O peche dos pasos é unha medida que se está a probar errada”, dixo.

    O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Rio Miño comprende 400.000 habitantes de 26 municipios, 16 galegos do sur da provincia de Pontevedra e 10 da rexión do Alto Minho no norte de Portugal, tendo contabilizados uns 6.000 traballadores e traballadoras transfronteirizos. Na protesta de hoxe (aprobada por unanimidade en asemblea o pasado luns) participaron os mandatarios con dispoñibilidade e non confinados: seis presidentes de cámara portugueses e outros nove alcaldes e alcaldesas da parte pontevedresa.

    Colas kilométricas en la A55 por el cierre de la frontera con Portugal

    Prohibido o paso incluso para a protesta simbólica
    Unha demostración do peche férreo da fronteira entre ambas partes produciuse no inicio da protesta. O acto comezou ás 10.00 horas cando as e os rexedores de ambas partes saíron camiñando dos respectivos extremos da ponte vella sobre o Miño coa intención de reunirse simbolicamente no medio da infraestrutura para representar a necesidade de unión de ambas partes da fronteira.

    Con todo, o encontro non foi posible. As forzas do orde impediron a escenificación e, a pesares de que se explicou que se trataba dun acto simbólico, obrigaron a manter unha separación duns 20 metros entre os mandatarios galegos e os portugueses facendo imposible a fotografía conxunta.

    Finalmente, para salvar o pequeno treito que os separaba, os representantes portugueses volveron cara territorio luso, colleron os seus coches, pasaron oficialmente polo control de fronteira na ponte da autopista (a un quilómetro), cruzaron a Galicia e seguiron cara ao extremo da ponte vella en Tui. Unha vez alí, todos os alcaldes, alcaldesas e presidentes dun lado e outro do Miño realizaron a fotografía conxunta para reclamar a unión do territorio.

    43

    Tags: AECTfronterasPortugalTui

    RelacionadosArtículos

    Un fuerte olor a marihuana y hachís que procedía de un trastero lleva a detener a dos vecinos de Portugal
    Salvaterra de Miño

    Un fuerte olor a marihuana y hachís que procedía de un trastero lleva a detener a dos vecinos de Portugal

    02 de Feb, 2026
    La ‘narcolancha’ interceptada en San Adrián de Cobres tenía capacidad para 2,5 toneladas
    Sucesos

    Piden casi 60 años de cárcel para una red que construía y vendía narcolanchas desde Galicia y Portugal

    01 de Feb, 2026
    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra
    Comarcas

    Investigan dos alunizajes contra un estanco y una gasolinera que se produjeron con una hora de diferencia

    30 de Ene, 2026
    Jornada caótica (otra) en la A55: camión cruzado, vía cortada y  accidentes por 800 litros de gasoil en la calzada
    Tui

    Herida una conductora tras salirse de la vía y chocar contra un quitamientos

    08 de Ene, 2026
    Ciudad Amiga de la Infancia, el reconocimiento al que aspira este 2026 un concello del área de Vigo
    Tui

    Ciudad Amiga de la Infancia, el reconocimiento al que aspira este 2026 un concello del área de Vigo

    07 de Ene, 2026
    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo
    Comarcas

    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo

    05 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    Este año 2026 ha comenzado con borrascas que han afectado sin tregua a la ciudad de Vigo, una borrasca detrás...

    por Julio Alonso
    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR