• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A entrega dos premios Sofía Novoa mostra en Vigo a calidade da investigación feminina para avanzar na igualdade

    Os galardóns distinguiron ás egresadas Judit Cerviño, María Tenorio, Patricia Torres e Andrea López polos seus TFG e TFM
    Redacción por Redacción
    03 de Feb, 2021
    en Local
    0
    A entrega dos premios Sofía Novoa mostra en Vigo a calidade da investigación feminina para avanzar na igualdade

    A entrega dos Premios Sofía Novoa, convocados por quinto ano pola Deputación de Pontevedra, volveu salientar a gran labor investigadora con perspectiva de xénero que se está a facer na Universidade de Vigo e converteuse un ano máis nunha festa de visibilización do talento e traballo das mulleres no ámbito académico. A sede viguesa da institución provincial acolleu este mércores a cerimonia, desta vez en formato reducido para garantir a seguridade sanitaria fronte á Covid-19, na que se distinguiron os traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) galardoados por contribuír a estender a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

    As catro gañadoras, Judit Cerviño Malvido, María Tenorio Solla e Patricia Torres Ferradás, na modalidade de TFG; e Andrea López Pastoriza, na de TFM, interviron desde os seus domicilios no evento presidido pola máxima responsable da Deputación, Carmela Silva, que presentou a profesora universitaria e membro do xurado Silvia Pérez Freire e estivo amenizado en directo pola pianista Estefanía Cereijo. Na entrega de premios participaron tamén as titoras das premiadas, as súas familias e Fernando Novoa, sobriño da musicóloga e pedagoga que da nome aos premios.

    “É unha alegría ver que as mulleres novas recollen a bandeira do feminismo cun traballo de coñecemento, análise e investigación”, resaltou a presidenta da Deputación, para salientar a calidade académica e o talento feminino en todos os ámbitos na provincia. “Estes traballos servirán para que moita xente poida velos, aprender e compartir. Axudan a avanzar cara unha sociedade plena, que é precisamente o que persigue o feminismo”, explicou Carmela Silva, quen felicitou ás premiadas, ás súas titoras e a Estefanía Cereijo polas súas interpretacións na cerimonia.

    Ademais, a presidenta da Deputación reivindicou a figura de Sofía Novoa Ortiz, “unha muller extraordinaria, culta e comprometida co tempo e o espazo que lle tocou vivir, que foi silenciada, e por iso estes premios levan o seu nome e estamos aquí para visibilizala a ela e a tantas e tantas mulleres inxustamente esquecidas ao longo da historia”, resaltou.

    Pola súa banda, Silvia Pérez Freire sinalou que “premios como os Sofía Novoa son moi necesarios para naturalizar a perspectiva de xénero e posicionar ás mulleres no lugar que merecemos”. A profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación considera prioritario “discernir os estereotipos e todo o que interfire gravemente para ter un trato igualitario”. Freire celebrou o traballo da Deputación en materia de igualdade e tamén reflexionou sobre o movemento #MeToo, que centra un dos traballos gañadores. “Colocou na discusión pública o recoñecemento dos actos de violencia e posibilitou que persoas exitosas con comportamentos repudiables poidan ser acusadas e paguen un prezo“, indicou.

    Educación e comunicación
    A educación con perspectiva de xénero nos niveis de infantil, primaria e secundaria, e a análise xornalística do movemento feminista #MeToo foron os protagonistas desta edición, ao que concorreron 20 traballos. O Morrazo ten un protagonismo especial este ano no certame, pois todas as galardoadas son veciñas desta comarca, ao igual que a pianista, natural de Bueu. A presentadora, Silvia Pérez Freire, reside en Cangas, concello no que vive Mari Lires, titora dun dos traballos. Nesta vila, precisamente, repousan as cinzas de Sofía Novoa nun panteón familiar por desexo expreso da musicóloga.

    Judit Cerviño (Bueu), graduada en Educación Infantil pola Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, gañou un dos premios de 1.000 euros do apartado de TFG coa investigación “Traballar con perspectiva de xénero e publicidade en Educación Infantil”, dirixida pola profesora Azucena Arias. O traballo deseña propostas didácticas dirixidas a que mestras e mestres poidan axudar ao alumnado a recoñecer estereotipos.  As súas propostas leváronse á práctica nunha aula e permitiron constatar que o alumnado xa ten asumido estereotipos sexistas a temperá idade a través da exposición á publicidade. “Existe un contacto continuo desde moi pequenos. A igualdade debe ensinarse desde estas idades para evitar problemas posteriores de maltrato psicolóxico, físico e outras violencias”, explicou a gañadora na súa intervención.

    O impacto do #MeToo
    O traballo de María Tenorio (Bueu), graduada en Comunicación Audiovisual, tamén recibiu un premio de 1.000 euros. “Miradas cruzadas: unha visión comparada sobre o tratamento informativo da cuarta ola feminista trala irrupción do movemento #MeToo en España e Brasil: El País e Folha de Sao Paulo (2017-2018)”, dirixido polo profesor Alberto Pena, analiza o impacto que tivo nos medios o #MeToo (outubro 2017) e o cambio que implicou. “O #MeToo serviu de altofalante mediático primeiro polas estrelas do cinema estadounidense e despois ampliándose a todos os eslabóns da sociedade. Abriu unha porta a compartir e concienciar á sociedade da necesidade dunha igualdade real”, reflexionou durante a cerimonia a gañadora, que cualificou de “iniciativa marabillosa” os Premios Sofía Novoa.

    A importancia do traballo das mulleres
    O accésit de 600 euros foi para Patricia Torres (Bueu), graduada en Educación Primaria, polo TFG “As saídas didácticas na Educación Primaria para o ensino das ciencias con enfoque coeducativo”, titorizada por María Álvarez Lires). O traballo, dirixido pola profesora Mari Lires, está vinculado ás mulleres do mar e particularmente da industria conserveira, cunha intervención didáctica para que as nenas e nenos tomen conciencia da importancia do seu papel. “O alumnado sentiuse implicado ao coñecer as testemuñas de mulleres que traballaron na conserveira de Massó, mulleres que forman parte de tantas familias, e percibimos que as rapazas e rapaces valoraron a súa importancia tanto no ámbito familiar como social”, comentou Patricia Torres.

    O papel das orientadoras e orientadores educativos
    Na modalidade de Traballos Fin de Máster o premio de 1.000 euros foi para Andrea López Pastoriza, veciña de Moaña e Educadora Social e Máster en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social. O traballo, dirixido pola profesora Fátima Braña, céntrase nos “Trazos de xénero na configuración da identidade e orientación do alumnado na Educación Secundaria Obrigatoria”. “Quería seguir a miña investigación sobre os motivos de que existan estudos masculinizados e feminizados. As orientadoras e orientadores son un nexo entre familia, alumnado e profesorado, e constatei que teñen unha preocupación e unha loita moi importante pola formación con perspectivas de igualdade e liberdade”, expuso Andrea López, que repite como premiada, pois xa gañou un “Sofía Novoa” en 2018 por un TFM para o seu máster en Menores en situación de desprotección e conflito social.

    Talento musical
    Estefanía Cereijo puxo a nota musical a esta festa da investigación con perspectiva de xénero. A pianista abriu a cerimonia coa peza “Consolation No. 3” de Franz Liszt e no transcurso do acto interpretou tamén “Gnossienne No. 1: Lent” de Erik Satie, para pechar con “The Piano”, banda sonora de Michael Nyman para o filme do mesmo título. Unha vez máis, a Deputación segue a visibilizar o talento das mulleres artistas ao incluír actuacións nos seus eventos. “A cultura, como a igualdade, non pode ser confinada, e na provincia temos un extraordinario talento no eido da música. Animo a todas as administracións públicas a organizar actividade cultural, porque a cultura non pode parar”, destacou Carmela Silva. O acto contou con dúas intérpretes en lingua de signos.

    Nas cinco edicións dos Sofía Novoa presentáronse 101 traballos que acadaron 25 premios en ámbalas dúas modalidades (Fin de Grao e Fin de Máster). As investigacións con perspectiva de xénero premiadas versaron sobre o fomento da igualdade na educación infantil, primaria e secundaria; tradución e xénero; audiovisuais; linguaxe sexista; tratamento informativo da cuarta ola feminista; coeducación; perspectiva de xénero na aula de inglés; ciencia e xénero; e estereotipos entre outras temáticas.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraPremios Sofía Novoa

    RelacionadosArtículos

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025
    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros
    Comarcas

    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros

    05 de Jun, 2025
    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas
    Gondomar

    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas

    04 de Jun, 2025
    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El bulevar de la Gran Vía
    Más Vigo

    El bulevar de la Gran Vía

    Esta es la imagen actual de la Gran Vía de Vigo en el tramo que va desde As Travesas hasta...

    por Julio Alonso
    04 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR