• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 18 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    eleccións autonómicas

    Salvador Illa apoia a Gonzalo Caballero en Vigo no “sprint final” dunha campaña cun 35% de voto indeciso

    O candidato socialista á Xunta chama a “non dar ningunha batalla por perdida” porque o PP “cada día que pasa perde máis apoios, está máis feble e ten máis medo”. Comprométese a impulsar o centro de saúde de Bouzas e apoiar a candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade
    Redacción por Redacción
    08 de Jul, 2020
    en Elecciones Autonómicas
    0
    Salvador Illa apoia a Gonzalo Caballero en Vigo no “sprint final” dunha campaña cun 35% de voto indeciso

    Gonzalo Caballero, Salvador Illa e Abel Caballero, en un acto de campaña en Vigo. / Foto: PSdeG

    O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse este mércores a “traballar por tódolos galegos e galegas como un presidente da Xunta aliado da xente do común e amigo dos cidadáns”. Así o dixo nun acto político en Vigo no que tamén participaron o ministro de Sanidade, Salvador Illa, o alcalde da cidade, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

    Defendeu unha xestión “con empatía” fronte a unha dereita que “quere a Xunta para confrontar co Goberno de España, como fixo cando quixo levantar o estado de alarma” e demostrando un rosario de “deslealdades e irresponsabilidade” durante a xestión da crise do coronavirus. Nun acto na súa cidade, Caballero afirmou que “Galicia é a miña causa” e reclamou rematar cos “11 anos escuros do PP e Feijóo na Xunta de Galicia”.

    O candidato socialista chamou á mobilización na recta final da campaña electoral para conseguir unha “mobilización masiva” dos que apoiaron aos socialistas nas eleccións do ano pasado. Pediu renovar o apoio ao PSdeG para lograr un goberno que defenda o Estado do Benestar e garanta unha saída social da crise, fronte a un PP que “cada día que pasa perde máis apoios, está máis feble e ten máis medo”.

    Caballero subliñou que “Galicia paga a pena” e reivindicou “non dar ningunha batalla por perdida” para “frear á dereita e á ultradereita” porque, dixo, “somos máis e temos mellores ideas”. Defendeu a xestión e defensa das políticas públicas por parte dos socialistas, e sinalou que “se queremos máis sanidade pública o mellor é votar á marca orixinal e non a ningunha copia, porque nós non escondemos as siglas”.

    Animou aos galegos e galegas a afrontar o “sprint final” para unhas eleccións nas que o 35 por cento dos galegos e das galegas “están decidindo o seu voto estes días”. Pediu a “participación masiva dos que queremos que Galicia e España progresen, dos que queremos frear á dereita e á ultradereita e dos que queremos unha Galicia do benestar, da igualdade e da xustiza”.

    Gonzalo Caballero criticou este mércores, en presenza do ministro de Sanidade, a xestión do rebrote de coronavirus na Mariña por parte da Xunta. Criticou que Feijóo pasara de pedir a retirada do Estado de Alarma para ter máis competencias a agora “derivalas nos concellos” que non teñen competencias nin medios para afrontar a xestión sanitaria e “mesmo algúns carecen de policía local”.

    O líder dos socialistas galegos interveu en Vigo, onde se presentou como “un presidente da Xunta aliado da cidade, un vigués preocupado” que quere “axudar a construír un Vigo mellor” e rematar coa discriminación da Xunta para que a “Galicia das cidades” lidere unha Comunidade Autónoma “máis dinámica, máis puxante, vangardista e nova”.

    Sinalou que a cidade “precisa dunha aposta nova no ámbito sanitario”, que desbloquee o centro de saúde de Bouzas, os aparcamentos do Cunqueiro ou as necesidades sanitarias do Meixoeiro. Comprometeuse ademais a apoiar a declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade fronte a un goberno da Xunta que “traballou para embarrar a candidatura” e deixala “sen futuro nin posibilidades”.

    Salvador Illa
    O ministro de Sanidade, Salvador Illa, pediu apoio ao “cambio liderado por Gonzalo Caballero”, e reivindicou a sanidade pública, universal e gratuíta que “no es un gasto, es una inversión” como ten demostrado nos catro meses dende a chegada da Covid-19. Reivindicou a xestión da crise polo goberno socialista, que demostrou a “gran diferencia entre lo que hizo la derecha en la crisis de 2010 y lo que está haciendo la izquierda”.

    Pediu o apoio para o proxecto socialista representado por Gonzalo Caballero para unha Galicia que “mire al futuro, que afronte los problemas con energía y ambición”. Dixo que “hay una mayoría progresista, lo que tenemos que hacer es movilizarla” para “poner Galicia al frente de los tiempos que vienen, alineando sus política con el Gobierno de Sánchez y los alcaldes socialistas de 5 de las principales ciudades”.

    Amosou o seu “orgullo” pola xestión dunha crise co obxectivo de que “o salimos todos juntos o no sale nadie”, incluíndo a aprobación do Ingreso Mínimo Vital, os ERTEs, as axudas para os autónomos, ou a prohibición dos desafiuzamentos e o mantemento do subministro de servizos básicos.

    Reivindicou unha xestión centrada en “derrotar al virus y no confrontar” seguindo os comportamentos políticos da dereita, centrada en “peleas estériles en lugar de derrotar al virus”. Trasladou unha mensaxe de prudencia e instou a “no tener miedo al virus, pero sí respeto”, e trasladou o seu apoio aos cidadáns da Mariña de Lugo e aos seus alcaldes e alcaldesas durante o rebrote detectado na comarca.

    Rematou sinalando que “no puede ser que la Xunta esté en contra de la principal ciudad de Galicia”, en resposta á intervención de Abel Caballero, quen sinalou que Feijóo “no puede pasear por Vigo porque la gente no lo quiere, porque hizo del antivigo la señal de identidad de la Xunta de Galicia”.

    “No va a haber quien nos pare”
    O alcalde da cidade advertiu que é “importantísimo que Gonzalo Caballero sea presidente de la Xunta, porque iremos juntos la Zona Franca, la Diputación de Pontevedra, el Gobierno de España, la Xunta y también el Concello de Vigo” e así “no va a haber quien nos pare”.

    Chamou a Caballero a emular como presidente da Xunta ao “poderosísimo y gran aliado que camina con nosotros” que é edro Sánchez para “llevar adelante todo aquello que Rajoy y Feijóo con Ana Pastor nos quitaron”. Lembrou que Feijóo “nos quitó una caja de ahorros, nos dejó sin AVE”, que tivo que desbloquear Sánchez.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “non lle debemos nada a Feijóo” nunha cidade na que fixo “cero euros de inversión” e por iso “o 12X temos que apostar polo cambio e cambiar de presidente”.

    Comparou a candidatura dun Feijóo para quen “Galicia é un eslogan sen contido” coa “papeleta que encabeza Gonzalo Caballero, de futuro, de ilusión, de empoderamento para Galicia” e que libere a capacidade desta terra para “cambiar a industria, a sanidade, a educación, a dependencia, o emprendemento, a universidade, o coñecemento ou a innovación”.

    43

    Tags: 12JAbel CaballeroCarmela SilvaElecciones AutonómicasGonzalo CaballeroSalvador Illa

    RelacionadosArtículos

    El Gobierno local, a punto de cerrar otro ejercicio sin haber aprobado ninguna ordenanza municipal
    Local

    El Gobierno local, a punto de cerrar otro ejercicio sin haber aprobado ninguna ordenanza municipal

    17 de Dic, 2025
    Vigo aprueba el proyecto de las Zonas de Bajas Emisiones con un sistema que Caballero no comparte
    Local

    Vigo aprueba el proyecto de las Zonas de Bajas Emisiones con un sistema que Caballero no comparte

    17 de Dic, 2025
    Vitrasa municipal
    Local

    Vigo dice adiós a las bonificaciones del bus urbano por no tener Zonas de Bajas Emisiones

    16 de Dic, 2025
    El tren de la Navidad recorre de nuevo Vigo: precios, rutas y horarios
    Local

    Caballero abre un punto violeta en la Navidad de Vigo en medio de la crisis del PSOE por acoso sexual

    16 de Dic, 2025
    Caballero defiende el «elevado nivel de feminismo» del PSOE ante el caso Tomé
    Actualidad

    Caballero defiende el «elevado nivel de feminismo» del PSOE ante el caso Tomé

    15 de Dic, 2025
    Atención, familias de Vigo: se abre el plazo para solicitar las becas de comedor, libros y material escolar
    Local

    En las vacaciones de Navidad, sí podrás conciliar y tus hijos tendrán campamentos en Vigo

    15 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    por Redacción
    12 de Dic, 2025
    0

    Vitrasa municipal

    Vigo dice adiós a las bonificaciones del bus urbano por no tener Zonas de Bajas Emisiones

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    Una persona excarcelada tras volcar con su vehículo en la VG-20

    Luz verde ambiental (con reparos) para desarrollar dos ámbitos urbanísticos a pie de costa en Vigo

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La invasión
    Más Vigo

    La invasión

    La Navidad de Vigo sigue siendo motivo de grandes controversias. Lo que inicialmente nació como una celebración, sobre todo, para...

    por Julio Alonso
    17 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo
    Libros

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo

    La infancia es, para muchos, ese territorio compartido donde se forja la identidad, pero pocos relatos logran capturar la dualidad...

    por Redacción
    17 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    Estos días me vino a la memoria una gran película de 2004, "El hundimiento". Se trata de una grandísima película...

    por Fernando Torres Carbajo
    16 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR