• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo presenta un prototipo de roupa deportiva fabricada con fibras recicladas de aparellos de mar

    O proxecto Oceanets, no que participan grupos da universidade olívica e da cooperativa de armadores, recolleu 30 toneladas de refugallos de pesca no seu primeiro ano de actividade
    Redacción por Redacción
    18 de Jun, 2020
    en Medio Ambiente
    0
    Vigo presenta un prototipo de roupa deportiva fabricada con fibras recicladas de aparellos de mar

    En abril de 2019 púxose en marcha o proxecto internacional Oceanets, que ten entre os seus obxectivos “previr a perda de redes de pesca e avaliar a posibilidade de utilizar aparellos inservibles e outros residuos plásticos recuperados do mar para reciclalos e aproveitalos na produción de fibras téxtiles de alta calidade coas que fabricar produtos de interese para a industria téxtil”. Un ano despois, a iniciativa recolleu 30 toneladas de refugallos de pesca e presentou o seu primeiro prototipo de roupa deportiva fabricada con este tipo fibras téxtiles de reciclaxe.

    O proxecto está liderado polo Instituto Tecnológico del Plástico (Aimplas) e forman parte del a Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi), a organización non gobernamental Vertidos Cero, as empresas Sintex e Ecoalf e dous grupos de investigación da Universidade de Vigo: Gen (Governance and Economics Research Network), con sede na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, e I-Mark, con sede na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

    A sede de Arvi acolleu este xoves a presentación dos avances do proxecto nun acto que contou coa participación de Francisco Javier Touza, presidente de Arvi; Rubén Rodríguez, da Asociación Vertidos Cero, e Jorge Romón, responsable de I+D+i de Arvi.

    Segundo se explicou, no marco deste proxecto “Arvi recuperou máis de 30 toneladas de aparellos que esgotaron a súa vida útil e tamén recolleitos do fondo do mar”. Como resultado da reciclaxe destes aparellos fabricouse un prototipo de peza deportiva por parte da empresa téxtil Sintex, socio do proxecto da República Checa. Máis avanzado o proxecto, detallaron os seus responsables, a empresa Ecoalf fabricará outra peza de moda deportiva co deseño que caracteriza a esta firma. A posibilidade de dar esta “segunda vida” aos aparellos desbotados do mar, indicaron os responsables do consorcio, débese a que conteñen materiais como poliamidas, fibras de valor para o sector téxtil.

    Na presentación dos avances do proxecto, o presidente de Arvi subliñou como Oceanets contribúe ao cumprimento de varios dos obxectivos do milenio, como son a preservación dos fondos mariños, o fomento dun medio ambiente “san e seguro” e o impulso dunha produción e un consumo responsables. Neste senso lembrou como, segundo a FAO, cada ano arróxanse ao mar uns oito millóns de toneladas de residuos plásticos, dos que un 10% procederían da actividade pesqueira. Para avanzar neste eido, Javier Touza destacou que é “fundamental” o traballo en equipo como o que se realiza en Oceanets, que agrupa a socios do ámbito empresarial, universitario, pesqueiro e axente sociais.

    Impacto económico e ambiental
    Oceanets, explican os seus promotores, xurdiu da necesidade de previr a perda dos aparellos de pesca no mar que, ademais da consecuente perda económica, supón un impacto ambiental negativo pola produción de residuos plásticos e pesca pantasma. Ademais, o proxecto pretende pór en valor as redes de pesca danadas que non se poidan reparar para contribuír á reciclaxe destes residuos xerando un potencial beneficio económico. A iniciativa, que finalizará a finais de 2020, está financiada a través da Axencia Executiva para as Pemes (Easme) polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

    Os seus obxectivos concretos son desenvolver unha ferramenta TIC para previr a perda e degradación de redes; demostrar a viabilidade técnica e ambiental de produtos de alto valor engadido producidos a partir de redes recicladas e outros plásticos recuperados do mar; reducir, controlar e reciclar lixo mariño xerado pola acción humana no mar e concienciar aos pescadores sobre os lixos mariños e involucralos no proxecto.

    43

    Tags: AimplasARVIEcoalfmedio ambienteOceanetsreciclajeSintexUVigoVertidos Cero

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Neumáticos, walkie talkies y un contenedor bajo el mar de Vigo
    Medio Ambiente

    El Náutico te invita a ser un héroe del mar

    26 de Jun, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR