• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 21 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    A Universidade de Vigo avoga pola avaliación continua das materias e por evitar os exames finais

    Decanos e directores acordaron que as probas do 2º cuadrimestre non sexan presenciais
    Redacción por Redacción
    14 de Abr, 2020
    en Covid-19
    0
    A Universidade de Vigo avoga pola avaliación continua das materias e por evitar os exames finais

    Aínda que serán os centros os que en último termo decidirán, nos casos que as haxa, as alternativas que mellor se adaptan as súas particulares circunstancias, o equipo de goberno da Universidade de Vigo fixo público o ‘Manual de urxencia para a docencia e a avaliación durante a COVID-19’. O documento ten o obxectivo principal de “dar pautas e orientación sobre as posibilidades de que dispón o profesorado para avaliar ao alumnado a distancia, ao tempo que tamén se recolle un resumo das diferentes resolucións e instrucións ditadas ata o momento para que dispoñan de toda a información nun único documento”, explica Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación  Académica e Profesorado.

    Ramos lembra que mentres as instrucións e resolucións, tanto da Uvigo como a Secretaría Xeral de Universidades son de obrigado cumprimento, as  recomendacións que se fagan, como é o  caso das contidas neste documento, son orientacións que pretenden facilitar o traballo, “pero non hai porque seguilas e o profesorado pode tomar as súas propias decisións á marxe das recomendacións”.

    Á espera da reunión que se celebrará na segunda quincena de abril entre as tres universidades do SUG e a Secretaría Xeral de Universidades para seguir avanzando en posibles acordos, como a modificación de calendario, o vicerreitor sinala que, “aínda que todo o que sexa chegar a acordos e bo, sempre disporemos da nosa autonomía se nalgún aspecto non se chega a unha postura común”.

    Tras sinalar que a súa postura é a de intentar manter as datas de avaliación previstas no calendario académico e que se en xullo fora posible, procuraríanse facer exames presenciais, en especial contando con que as materias do primeiro cuadrimestre non están adaptadas á docencia e avaliación virtual, a Reitoría asegura que só valoraría adiar a finalización do curso, como mínimo ata o mes de setembro, nos casos de titulacións que contemplan prácticas hospitalarias, practicum ou prácticas en empresas e estas non se poidan realizar antes. Aínda neste caso, procuraríase que esta actividades se poidan realizar en xullo e agosto, para poder rematar en setembro.

    As recomendacións sobre avaliación neste cuadrimestre, destaca Manuel Ramos, “van na liña de facer as cousas do xeito máis acaido e sinxelo posible, como pode ser a preferencia pola utilización de determinadas ferramentas ou mecanismos. Por exemplo é preferible a avaliación continua á avaliación mediante exame final”. Precisamente, neste sentido, decanas e decanos e directoras e directores de todos os centros a UVigo acordaron por unanimidade, nunha reunión celebrada esta tarde con membros do equipo de goberno, que os exames do segundo cuadrimestre non sexan presenciais.

    No manual publicado debúllanse diferentes opcións, para que o profesorado saiba que pode facer no caso das materias sen necesidade de exame final; no das materias con necesidade de exame final; así como para a avaliación de TFG e TFM. En relación coas materias que precisan  exame final, o manual sinala que este deberá adaptarse á situación de non presencialidade e tenderase a que teña o peso máis baixo posible no cálculo da nota final, podéndose para iso modificar as ponderacións inicialmente previstas na guía docente, para o que se ditará unha resolución reitoral que permita baixar as ponderacións nos casos que o peso do exame final estea limitado por normativa propia dos centros. En todo caso recoméndase que o peso deste exame sexa, como máximo do 40% da nota final da materia.

    As alternativas que permitan a avaliación a distancia ás que fai referencia o manual son:  exame oral curto e o exame oral completo, empregándose para ambos casos os recursos de Campus Remoto; o exame final escrito sen control automático de identidade, con exame enviado por correo electrónico nun momento previamente coñecido con diferenzas entre o que recibe cada estudante e con tempo limitado e, exames a través de cuestionarios e ferramentas e avaliación soportados por Moodle, a través de FaiTIC e, por último, exame masivo con control de identidade, tamén mediante Moodle, recomendándose que, esta opción, quede restrinxida a un 10% das materias en cada titulación. “Moitas ferramentas levan moito tempo utilizándose e están sobradamente probadas, como son as asociadas a FaiTIC, e outras como as aulas virtuais puxéronse en marcha hai  pouco, pero están funcionando ben, e, por último, estanse a probar outras solucións que esperamos ter dispoñibles para o período de exames”, sinala Manuel Ramos, que apunta que, a día de hoxe contan con centralizar os exames virtuais no binomio Moodle- Respondus (Moodle en FaiTIC para preparar os exames e Respondus para facer vixilancia remota). Ademais, no caso do e- proctoring publicaranse titoriais e aprendizaxe para o  profesorado implicado.

    Prazos para levar a cabo os procedementos
    O Manual de urxencia para a docencia e a avaliación durante a COVID-19 inclúe ademais unha proposta de prazos nos que as diferentes resolucións e instrucións ás que se fan referencia no documento deben levarse a cabo. Así, o 14 de marzo as e os coordinadores das materias deberán enviar ás persoas responsables da titulación os cambios propostos nas guías docentes.  Ao día seguinte, os decanatos e direccións enviarán a Reitoría os cambios nas guías docentes como un documento único que será enviado á Secretaría Xeral de Universidades. Ese mesmo día, os responsables de cada materia enviarán ao alumnado os cambios das guías docentes, mentres que os decanatos e direccións enviarán a Reitoría un documento cos procedementos postos en marcha para garantir que se imparte a docencia de todas as materias en modalidade non presencial, así como incumprimentos detectados.

    Por último, a finais de abril as tres universidades negociarán coa Consellería posibles cambios no calendario á vista da situación da pandemia nese momento e en maio poranse en marcha os exames virtuais nas súas diversas modalidades.

    43

    Tags: coronavirusCovid-19examesUVigo

    RelacionadosArtículos

    Vigo roza los 27ºC de madrugada tras vivir el día más caluroso del año
    Medio Ambiente

    Investigadores de UVigo, USC y CSIC prevén que las olas de calor en España serán «mucho más intensas» desde 2050

    19 de May, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Un científico de alto nivel de la UVigo, beneficiado con una ayuda de la Xunta para reforzar su contrato europeo

    12 de May, 2025
    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025
    Una doctora y una enfermera, testigos en la boda de un paciente oncológico en Povisa
    galicia

    Las universidades gallegas prevén incrementar en cuatro años las plazas de Enfermería

    30 de Abr, 2025
    La UVigo liderará tres proyectos transfronterizos con un presupuesto de 800.000 euros
    Local

    La UVigo retoma mañana las clases tras el apagón

    29 de Abr, 2025
    La ciencia toma las calles de Vigo
    Local

    La ciencia toma las calles de Vigo

    24 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas
    Más Vigo

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen numerosos mesones, algunos de ellos de gran popularidad y que llegaron...

    por Julio Alonso
    21 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Para bajar al asfalto
    Más Vigo

    Para bajar al asfalto

    Es una imagen curiosa. Son unas escaleras del mismo tipo de las utilizadas para las piscinas. Estas, en concreto, comunican...

    por Julio Alonso
    19 de Oct, 2022

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the ...
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR