• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 3 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Elecciones Autonómicas

    Feijóo abre a súa campaña en Vigo: "Son e serei un presidente libre"

    O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este sábado en Vigo que é un candidato libre e que tamén é e será un presidente libre para cumprir cos seus compromisos
    Redacción por Redacción
    15 de Feb, 2020
    en Local
    0
    Feijóo abre a súa campaña en Vigo: "Son e serei un presidente libre"

    Feijóo, en el Auditorio Mar de Vigo. / Foto: PP de Galicia

    O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este sábado en Vigo que é un candidato libre e que tamén é e será un presidente libre para cumprir cos seus compromisos, para ser coherente e para unha Galicia lonxe de todo o que lle prexudica. “Libre para só deberme ás galegas e aos galegos, a nada e a ninguén máis”, insistiu.

    Así se expresaba no seu acto de proclamación como candidato para as Eleccións Autonómicas celebrado no Auditorio Mar de Vigo, onde incidiu en que cre no entendemento, na moderación, na responsabilidade, no servizo público e nunha Galicia unida, entre si e a España. Como manifestou, el non é unha novidade, unha sorpresa ou unha incógnita xa que “os galegos saben do que son capaz e do que non”.

    “Só hai un xeito de que Galicia saia gañando sempre e é unindo as posibilidades dos galegos”, remarcou salientando que a Comunidade é moito máis que a redución que fai a oposición a que Feijóo estea ou non, que a fragmentación en diferentes partidos ou que unha política partida á metade en dous bloques de formacións políticas: “Non me presento para liderar ningún bloque de partidos senón para ser presidente de todos os galegos, sen excepción”.

    «Non quero unha Galicia gobernada polas imposicións»

    “Non quero unha Galicia gobernada polas imposicións de ninguén e non ofrecerei aos galegos o que critico dos meus adversarios”, afirmou indicando que a división, a intransixencia, o sectarismo e a inestabilidade non son boas pola esquerda nin pola dereita.

    Por iso, Feijóo resaltou que el preséntase para dar estabilidade, para representar o entendemento da gran maioría e para gobernar para todos. “Son un servidor dos galegos”, recalcou expresando que non é nin será  refén de ningún partido, nin tan sequera do seu.

    Segundo declarou o presidente, el si pode garantir un Goberno de maiorías, libre e para todos, incluídos os seus adversarios, posto que o seu proxecto é o dunha gran maioría que non vai á contra. Deste xeito, aclarou que os populares apostan por construír unha Comunidade máis aberta e integradora, máis española e máis europea; exercen políticas que si funcionan e saben que defender a unidade da nación é tamén defender a convivencia de todos os seus cidadáns

    De feito, aseverou que, aínda que discrepan co Executivo central -que non está sendo xusto cos galegos e non deixa de incumprir-, “nós tenderemos sempre a nosa man porque temos máis respecto polas institucións que os socios do propio Goberno; porque temos más respecto polo Goberno que o que ten este polas Comunidades e porque o Goberno de España é tamén o dos galegos e o que queremos é que exerza como tal”.

    «Aínda maís calidade»

    Durante a súa intervención, Feijóo sostivo que os galegos sempre piden máis e que o PPdeG nunca se da por conforme co que fai, enfatizando que se sente orgulloso de ser o presidente dun pobo esixente. Así mesmo, mantivo que a xente confía nos populares porque “de nós se pode esperar todo e do multipartito non se pode esperar nada”.

    Do mesmo modo, sinalou que se presenta por todo o que os populares teñen que seguir facendo e que o acadado non é máis que a mostra de que cumpriron a súa palabra e de que poden lograr aínda máis. Por este motivo, apuntou que queren unha Galicia aínda máis familiar, que apoie máis aos mozos, máis innovadora e máis verde.

    “Estou aquí para que Galicia poida saír gañando”, dixo, destacando a estabilidade e o cumprimento do deber que demostraron ter os populares estes anos. Nese sentido, lembrou que os galegos gañan con menos impostos, con máis apoio aos pais, cunha educación pública cos mellores resultados da nosa historia e de España, coa universidade máis accesible do país e as maiores posibilidades en formación profesional, con máis e mellores políticas sociais para os maiores, con máis exportacións e cunha sanidade con máis infraestruturas, máis prestacións e tratamentos.

    Igualmente, subliñou que é necesario continuar potenciando a labor dos traballadores do mar, poñendo en valor o rural e mantendo un territorio mellor comunicado, máis ordenado e máis respectuoso co medio ambiente. Por todo isto e, malia que recoñeceu que aínda queda por mellorar, puntualizou que “nada temos que envexar nin de ningures nin de ninguén”.

    43

    Tags: Alberto Núñez FeijóoAuditorio Mar de VigoElecciones AutonómicasVigo

    RelacionadosArtículos

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo
    Marítima

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    03 de Nov, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    Local

    Caballero y su sermón diario contra Rueda: «Se está equivocando gravemente»

    03 de Nov, 2025
    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra
    Actualidad

    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra

    03 de Nov, 2025
    Circuito de educación vial o pruebas con los drones: así será la jornada de puertas abiertas de la Policía Local de Vigo
    Local

    Detenido en Vigo un varón con orden de alejamiento del Municipio

    03 de Nov, 2025
    Convocadas más de un centenar de plazas para Policía Local, 22 de ellas para el área de Vigo
    Local

    Detenida una mujer por retener y amenazar a su madre con un arma blanca

    03 de Nov, 2025
    El Mercado Reciclado celebra otra edición en Vigo con ropa, artesanía, comida vegana y música
    Moda

    A Morada se viste de fiesta

    03 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    En pleno otoño, son muchas las novedades que hemos tenido en novelas y cómics de aventuras. ¿Las repasamos juntos? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR