Os seus horarios son: de luns a venres de 17:00 a 21:00 horas; sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Tamén haberá horarios especiais os días de Nadal, Aninovo e Reis de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, mentres que os días de Noiteboa e Noitevella serán de 12.00 a 20.00 horas e a véspera de Reis (Cabalgata) de 12.00 a 21.00 horas.
Precisamente este xoves o Concello de Vigo deu o visto e prace á adxudicación da contratación dos servizos de deseño e produción de cinco carrozas municipais –Melchor, Gaspar, Baltasar, carteiro real e Policía Local- para a Cabalgata de Reis. O orzamento é de 65.000 euros e a temática será personaxes e animais de contos e historias da infancia. O desfile desenvolverase o 5 de xaneiro.
Todos aqueles nenos e nenas de entre 8 e 12 anos que queiran formar parte da comitiva real e viaxar cos Magos de Oriente nas súas carrozas poderán participar nun sorteo que se celebrará o 20 de decembro no Auditorio Municipal. O Concello de Vigo aínda non abriu o prazo de inscrición pero ten previsto anuncialo con antelación para que todos os interesados poidan anotarse.