Igualmente, os locais colocarán ‘photocalls’ en oito distritos co obxectivo de que os nenos e nenas vigueses que viven nestas zonas poidan fotografarse cos Reis Magos. A iniciativa parte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo e con ela se pretende, en palabras de Corina Porro, “animar a todos os vigueses a comprar nos comercios dos seus barrios”.
Por outra banda, as asociacións de comerciantes contarán cun espazo propio no marco do Nadal Solidario que a Xunta impulsa este ano no Tinglado do Porto entre o 16 de decembro e o 5 de xaneiro. Será un punto de encontro, non de venta, no que os comerciantes poderán facer promoción dos seus establecementos.