• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 8 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un investigador vigués asesora a Netflix para facer os seus subtítulos máis accesibles

    Pablo Romero, creador do 'accesible filmmaking' , colabora coa empresa audiovisual para que adopte unha técnica que non só atende ao espectador da versión orixinal
    Redacción por Redacción
    05 de Nov, 2019
    en Televisión
    0
    Un investigador vigués asesora a Netflix para facer os seus subtítulos máis accesibles

    Estas situacións, que o investigador da Universidade de Vigo Pablo Romero Fresco denominou ‘cegueira por subtitulo’, nas que por ler uns subtítulos, o espectador non chega a ver a imaxe, prodúcense en planos nos que hai diálogo e narración sobre texto en pantalla, por exemplo un cartel. Tamén, cando os subtítulos ocupan a parte da pantalla na que se concentra a acción principal ou, no caso dunha secuencia na que se suceden os diálogos a moita velocidade. “Con esta ‘cegueira por subtitulado’ os espectadores estranxeiros ou xordos que len os subtítulos están vendo practicamente unha película diferente e cando se lles pregunta, evidénciase que se perderon moitos planos, o que é un problema”, explica Pablo Romero, director do grupo GALMA (Galician Observatory for Media Accesibility) da Facultade de Filoloxía e Tradución.

    Tradutor de formación e director de cine, Romero considera imprescindible que na montaxe das películas non só se pense na audiencia orixinal, máxime se se ten en conta, que ata un 50% da recadación das obras que máis cartos xeraron entre os anos 2000 e 2017 procedía das versións traducidas, nas que unicamente se inviste como máximo un 0,1% do orzamento total. “Do mesmo xeito que non se plantería a construción dun edificio sen ter en conta desde o principio que hai que facer un baño adaptado para persoas con discapacidade, chegará un día, con sorte, no que non será excepcional pensar que a tradución e a accesibilidade hai que tela en conta antes”, explica o investigador.

    Tras 15 anos de traballo no campo da tradución, desenvolveu un novo modelo que ten en conta, tanto a tradución, como a accesibilidade durante o proceso de produción da película e non na fase de distribución, como se fai actualmente, mediante a colaboración entre tradutores e equipo creativo da película. “Isto é ‘accesible filmmaking’, produción audiovisual accesible, que permite acceder á película a todos os que non coñecen a lingua orixinal, ben porque non saben o idioma, ou porque non poden escoitar ou ver. E para iso propoñemos a figura dunha directora ou director de tradución e accesibilidade que forme parte do equipo da película, do equipo de produción”, detalla Romero, que na actualidade asesora a Netflix, coa finalidade de que a empresa estadounidense de distribución de contidos audiovisuais adopte completamente o modelo de produción audiovisual accesible.
    pr5pr6
    Unha colaboración internacional que partiu “dunha pequena utopía”
    Romero lembra que inicialmente Netflix só ofrecía contidos en inglés, pero pasado o tempo incorporou aos seus produtos audiovisuais, a través da súa exalumna Denise Kreeger, a tradución, pero non a accesibilidade. “Foi entón cando lle fixen chegar a Denise a miña película Unindo puntos e ela proxectoulla aos seus xefes en Netflix para convencelos de que tiñan que ser uns abandeirados da accesibilidade e dende entón comezaron a facer audiodescrición para cegos e subtitulación para xordos”, explica Romero, que engade e outra exalumna súa, Elisa Beniero, incorporouse posteriormente á empresa para realizar tarefas de directora creativa de dobraxe e audiodescrición, “unha figura que ata agora non existía, pero que é o que nós defendemos: un director de accesibilidade e tradución”.

    Posteriormente, Netflix contactou a Romero e á audiodescritora británica Louis Fryer solicitándolles a revisión das directrices de audiodescrición da empresa, que ambos adaptaron, incorporando ademais, recomendacións para que adoptasen un enfoque máis de ‘accesible filmmaking’. Agora Romero acaba de chegar de Hollywood onde, xunto a Fryer, impartiu nas oficinas de Netflix unha formación para os seus tradutores e cineastas para integrar este enfoque. “É a primeira vez que se reunían creadores (directores, guionistas, directores de fotografía) e localizadores (tradutores e expertos en accesibilidade), polo que é unha oportunidade única para que adopten completamente o modelo que propoñemos e comece a facerse cine tendo en conta desde o principio, non só ás e aos espectadores da versión orixinal, senón a todos, independentemente dos seus idiomas ou (dis)capacidades”, asegura o investigador, que ademais, durante a súa estadía en EEUU, participou na ATA Conference, o maior congreso de tradutoras e tradutores do mundo, onde impartiu a conferencia inaugural sobre ‘accesible filmmaking’.

    Romero agradece o apoio de Netflix ao seu modelo, que recoñece comezou “como unha pequena utopía”, ao tempo que considera este respaldo “unha forma de ver que as Humanidades, e neste caso a Lingüística, poden ter un impacto, un nivel de transferencia, algo que non está restrinxido á ciencia. Que estamos encantados, vaia!”, afirma o investigador, para quen o accesible filmmaking non é só un xeito novo de enfocar a tradución e a accesibilidade, “senón quizais máis ben unha nova forma de facer cine para que, por primeira vez, se teña en conta a todos os espectadores e non só aos da versión orixinal”, insiste.
    pr1
    De Kubrick a Notes on Blindness pasando por Ken Loach
    Antes de Netflix, os primeiros en contactar con Pablo Romero para adoptar o accesible filmmaking foron os directores de Notes on Blindness, Pete Middleton e James Spinny, cos que asegura “foi un luxo traballar nunha película que tivo moitos premios polo accesible que é o creativo da súa tradución”. Pola súa banda, o cineasta británico Ken Loach fixo unha reseña no libro que Romero publicou sobre produción audiovisual accesible, ademais de apoiar este sistema, “porque tivo malas experiencias coa dobraxe, xa que moitas da súas películas son multilingües en versión orixinal e cando chegan, por exemplo, a España, dobran todo ao castelán, chegándose en ocasións a cambiar o sentido da escena e dos personaxes”.

    Aínda que habería que remontarse ao cine mudo cos seus intertítulos para atopar o primeiro antecedente da tradución como unha parte da produción cinematográfica, Romero menciona a Stanley Kubrick coma un cineasta que tiña en mente unha “película global” porque consideraba a dobraxe e a tradución, unha parte intrínseca do proceso artístico de tradución. “Non nos atopamos con ningún director que, canto se lle explica, se negue a facer isto e agora hai máis xente que o está a facer como Matt Ross en ‘Captain Fantastic’ ou Steven Spielberg ou Soderbergh, que traballan con directores de tradución. Non digo con nós, porque hai máis xente que está a poñer isto en marcha, pero nós, digamos, creamos o concepto, desenvolvemos o modelo e ímolo promovendo mediante un libro e unha guía práctica, que fixemos para cineastas e produtores”, explica Romero, que tamén está preparar, co apoio do British Film Institute, o primeiro curso en liña de accesible filmmaking, que será impartido pola Universidade de Vigo.

    43

    RelacionadosArtículos

    Stellantis contará con un parque solar fotovoltaico equivalente a 24 campos de fútbol
    Economía

    Confirmada la sentencia que considera discriminatorio el acuerdo de la paga de beneficios de Stellantis

    07 de Jul, 2025
    El mal estado del complejo de Samil se cobra nuevas víctimas: «Hemos pagado un campamento deportivo»
    Local

    El mal estado del complejo de Samil se cobra nuevas víctimas: «Hemos pagado un campamento deportivo»

    07 de Jul, 2025
    Persiste el error de la gran diva: Jennifer Lopez cita a sus fans con un «See you tomorrow Vigo!»
    Música

    Persiste el error de la gran diva: Jennifer Lopez cita a sus fans con un «See you tomorrow Vigo!»

    07 de Jul, 2025
    La Xunta contrata el proyecto del IES de Navia y ya solo espera la firma del Concello para empezar
    Local

    La Xunta no renuncia a iniciar el IES de Navia este año: este martes licita las obras

    07 de Jul, 2025
    Caballero y la Xunta se citan (otra vez) para abordar los túneles de Elduayen y Beiramar
    Local

    Caballero y la Xunta se citan (otra vez) para abordar los túneles de Elduayen y Beiramar

    07 de Jul, 2025
    El Sergas deriva al PAC de Vigo las urgencias y atenciones domiciliarias de varios centros de salud
    Salud

    El Sergas deriva al PAC de Vigo las urgencias y atenciones domiciliarias de varios centros de salud

    07 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    Condena (parcial) al Concello de Vigo por colocar un banco ornamental sin garantizar la seguridad vial

    Condena (parcial) al Concello de Vigo por colocar un banco ornamental sin garantizar la seguridad vial

    por Redacción
    03 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Playas viguesas impolutas
    Más Vigo

    Playas viguesas impolutas

    Esta fotografía corresponde a la playa de Os Olmos, en la ciudad de Vigo. En ella se aprecia que el...

    por Julio Alonso
    07 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR