Segundo engadiu o rexedor, o resto das contías pendentes fraccionaranse e a Universidade irá aboándoos durante un período máximo de 10 anos. A partir de agora, a institución académica poderá beneficiarse das axudas municipais para o seu alumnado, bolsas de comedor ou de estudos para as que o Concello ten presupostados máis de 300.000 euros.
O reitor, Manuel Reigosa, e o alcalde anunciaran hai case catro semanas que ambas entidades estaban a piques de chegar a un acordo pola débeda, que en total ascende a 6 millóns de euros.