Miguel Barreiro, do equipo Yidam, fixo unha competición case perfecta no Mundial de Taekwondo Praia e conseguiu o título graza a unha gran expresión, domiñando o tapiz e facendo unha interpretación musical moi superior ao resto.
«Antes de comenzar xa se atopou cun gran problema, xa que a organización lles comunicou que o free tiña que durar 100 segundos, cando no regulamento oficial da Federación Mundial puña que era de 70 segundos. Así que en só un día houbo que improvisar 30 segundos extras e, a pesar diso, o resultado foi incríble», sinalan desde a Federación Galega de Taekwondo.
Barreiro tivo que superar a uns contrincantes (dous tailandeses e dous alemáns) que, en principio, eran mellores ca el, pero pouco pudieron facer ante o gran traballo do vigués.
Clasificación:
1 Miguel Barreiro (Yidam)
2 Tailandia
3 Tailandia
3 Alemaña