“Deixamos as pas, bolas e os técnicos que dirixirán ás clases para que a xente coñeza este deporte, as nosas instalacións e a metodoloxía de traballo que utilizamos na nosa academia”, revela Francisco Cortegoso, encargado do proxecto.
En total serán 500 prazas postas a disposición de todos os interesados, que só teñen que inscribirse na páxina web (www.maisqueauga.com) para reservar os horarios que máis lle conveñan.
Máis que Auga xa ten experiencia con este tipo de iniciativas, porque dende hai anos celebra a Semana de Portas Abertas para que aqueles que non coñezan o pádel poidan acceder a el de forma gratuíta e descubrilo. A Academia de MQA conta cun alumnado composto por 800 persoas.
A celebración do World Pádel Tour en Vigo provocou un maior interese por parte do público cara a este deporte, que se pode practicar dende o inicio: “É un deporte social, ao que pode chegar todo o mundo. Na nosa academia temos oito niveis diferentes, así que ninguén debe preocuparse xa que xogará con e contra xente de características similares”, apunta Cortegoso.