Os participantes confeccionaron o seu tecido empregando diferentes tipos de material (algodón, la, fíos…), de ferramentas (agullas de gancho, de calceta, teares…) e de técnicas para construír a malla. A idea é ir tecendo relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións con diferentes colectivos e persoas, avanzando en cada nó ata ter construído unha obra común.
Ata a data, son moitas as persoas e colectivos que xa colaboraron neste iniciativa elaborando parte desta gran rede: Hermanos Misioneros de Teis, Centro Ballesol, Asociación ALENTO, Fundación Aldaba, Centro Penitenciario A Lama, CEE Manuel López Navalón, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Xosé Fernández López, IES Illas Cíes, Asociación Veciñal Novo Vigo, EEI Rúa Aragón, Hospital Álvaro Cunqueiro e Vitrasa.
Ao longo do día, dende as 11.00 ata las 19.00 horas, tamén se desenvolverán distintas actuacións que amenizarán esta xornada de convivencia. A organización ten confirmadas máis de 300 persoas.