• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nigrán crea a primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro

    O xeólogo Francisco Canosa foi o encargado de deseñar o itinerario, do que xa se editaron 3.000 dípticos, e será o responsable de facer visitas guiadas durante o verán
    Redacción por Redacción
    30 de May, 2019
    en Nigrán
    0
    Nigrán crea a primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro

    O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, responsable de definir o itinerario e a información que contén o tríptico (do que xa se editaron 3.000 exemplares) será quen realice a partires do verán as visitas guiadas que ten previsto o Concello de Nigrán co fin de promovela.

    «Monteferro é un espazo todavía por descubrir, que ten moitísima potencialidade máis da que a simple vista se pode apreciar. Con estas rutas ímos coñecer parte da nosa historia máis descoñecida», destaca o alcalde en funcións, Juan González. «Trátase dun dos enclaves máis interesantes de toda a provincia de Pontevedra e dunha ruta moi coñecida pola súa gran beleza paisaxística, pero agora se trata de observala dende outro punto de vista menos común e polo que tamén sobresae», comenta Canosa.

    O experto deseñou un itinerario de 6,5 quilómetros de dificultade baixa, adaptada a todo tipo de público, e que arranca na Praia de Patos (praia fósil de 120.000 anos de antigüidade, orixinada cando o mar se atopaba por enriba do nivel actual) e continúa ma segunda parada por Punta da Meda (zona de contacto entre as rochas metamórficas que forman Monteferro e os granitos, como resultado fórmase un mineral chamado andalucita que aparece como moteado na rocha e do que non se pode encontrar maior concentración e tamaño en toda Galicia); terceira o merendeiro (panorámica das Illas Cíes e da costa de Baiona, así coma unha antiga superficie de erosión mariña sobre as Illas Estelas e o Cabo Silleiro); cuarta a costa (onde as diferenzas de dureza entre granitos e rochas metamórficas condicionan de xeito salientable a morfoloxía costeira); e quinta os Seixos Negros (presenza de rochas subvolcánicas escuras, diabasas, por mor do arrefriamento dun magma a través dunha fractura durante a formación do Océano Atlántico).

    Historia xeolóxica de Monteferro
    A historia xeolóxica de Monteferro comezou no fondo do mar fai máis de 500 millóns de anos, nun período xeolóxico coñecido como Cámbrico, naquel momento o tamaño e distribución dos continentes eran moi diferentes dos actuais. Ata tal punto que Monteferro atopábase próximo ao Polo Sur, despois como consecuencia do movemento dos continentes, prodúcese unha salientable colisión entre dous deles (Laurussia e Gondwana) fai 350 millóns de anos, o que orixina unha cordilleira montañosa de altitude semellante ao actual Himalaia. As rochas de Monteferro vense afectadas por este acontecemento xeolóxico en forma de importantes cambios no seu aspecto e composición.

    Na época dos dinosauros esas montañas erosiónanse por completo para despois durante a formación dos Alpes, fai só 70 millóns de anos, orixinarse unhas novas que son as que podemos ollar na actualidade. Todos estes procesos e acontecementos xeolóxicos deixaron a súa pegada nos materiais que constitúen Monteferro e a súa contorna, polo que con esta ruta poderá entenderse un pouco mellor a linguaxe das rochas, unha ferramenta básica para interpretar e coñecer a historia do noso planeta.
    Mapa Ruta nigran
    As rochas de Monteferro:
    Conglomerados

    Rochas sedimentarias constituídas por fragmentos redondeados de outras rochas e minerais, normalmente de cuarcita e seixo, e cementados por arxilas ou óxidos de ferro.

    Lousas

    Rochas metamórficas que en orixe eran materiais arxilosos, víronse afectados por un incremento da presión e temperatura o que fixo cambiar de xeito salientable o seu aspecto. Caracterízanse por amosar un tacto brando e suave.

    Xistos

    Rochas metamórficas procedentes de antigos sedimentos fangosos, que posteriormente foron sometidos a moita presión e temperatura. Os seus minerais son visibles a simple vista e normalmente teñen moitas micas.

    Cuarcitas

    Rochas metamórficas orixinadas a partir de sedimentos areosos que se viron afectados por salientables cambios na presión e temperatura. En xeral son materiais moi ásperos e duros ao tacto.

    Granitos

    Rochas magmáticas que se arrefriaron no interior da Terra, a máis de 15 quilómetros, e polo tanto están formadas de cristais de seixo, feldespato e mica.

    Diabasas

    Rochas magmáticas cun arrefriamento lento pero próximo á superficie da Terra, menos de 8 quilómetros, e constituídas por minerais escuros tales como piroxenos ou anfíboles.

    43

    RelacionadosArtículos

    Los sindicatos proponen una nueva fecha a la patronal del Metal para sentarse a negociar
    Economía

    Los sindicatos proponen una nueva fecha a la patronal del Metal para sentarse a negociar

    02 de Feb, 2026
    Tras años de reclamaciones vecinales, Caballero anuncia una piscina marina para la playa de A Punta
    Local

    Tras años de reclamaciones vecinales, Caballero anuncia una piscina marina para la playa de A Punta

    02 de Feb, 2026
    Alerta de desbordamientos en toda Galicia, también en Vigo
    Local

    Con toda la lluvia que cayó en Vigo en el mes de enero se podrían llenar más de 19.000 piscinas olímpicas

    02 de Feb, 2026
    ¿Segunda vida para Alfageme?: de histórica conservera a sala estilo La Riviera, Capitol o Hard Club de Vigo
    Local

    ¿Segunda vida para Alfageme?: de histórica conservera a sala estilo La Riviera, Capitol o Hard Club de Vigo

    02 de Feb, 2026
    Aparatoso accidente en la VG20 de Vigo con tres coches implicados, acabando uno de ellos volcado
    Sucesos

    Aparatoso accidente en la VG20 de Vigo con tres coches implicados, acabando uno de ellos volcado

    02 de Feb, 2026
    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»
    Local

    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»

    02 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un buen destino para los bancos de la Gran Vía
    Más Vigo

    Un buen destino para los bancos de la Gran Vía

    Cuando se instalaron las primeras rampas de la Gran Vía, en la ciudad de Vigo, se talaron los árboles, se...

    por Julio Alonso
    02 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR