• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 14 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cine

    Sorogoyen e Wyoming súmanse á programación máis internacional de Cans

    O Coloquio na Leira estará protagonizado por Rodrigo Sorogoyen, un dos directores españois máis importantes do momento logo de gañar os Goya
    Redacción por Redacción
    07 de May, 2019
    en Cine
    0
    Sorogoyen e Wyoming súmanse á programación máis internacional de Cans

    O director madrileño Rodrigo Sorgoyen chegará este ano a Cans para conversar sobre o seu cinema no ano da súa consagración logo de ter gañado os Goya á Mellor Dirección, á Mellor Película ou o Mellor Guión por «El reino», e ser nominado aos Oscar pola curta Madre. Esta peza poderá verse en Cans xunto con Timecode, de Juanjo Giménez, no Jalpón dos Oscar, unha sección especial que xuntará aos dous cineastas no Jalpón de Alicia. A parte musical do Festival trae a visita doutra cara imprescindible no audiovisual español: o Gran Wyoming, que chega a Cans para celebrar os 10 anos da súa banda, para colocar a súa estrela no Torreiro e repasar a historia do rock acompañado por Los Insolventes.

    Os grandes nomes e o completo de actividades non impiden que o foco do Festival de Cans estea posto, coma sempre, nas curtametraxes, das que se revelaron as seccións oficiais de Ficción e Animación, con dez e cinco filmes respectivamente, e apostas como a de ExtraCans (cuxas entradas xa están á venda na tenda oficial), con pezas de diversos lugares do mundo que achegarán ata Cans cineastas chegados de Armenia, Estados Unidos, Francia ou Suíza, nas que participan profesionais galegos.

    Alfonso Pato, director do festival, destacou precisamente o carácter cada vez máis internacional do Festival, que este ano inclúe tamén a retrospectiva a Hannes Stöhr e pezas de Paulo Furtado ou Pedro Maia, «formando así programación composta por 152 obras audiovisuais 16 estreas absolutas de curtametraxes e máis de 40 actividades». Resaltou «tamén unha das liñas transversais da programación desta edición que ten á muller como centro e que se reflicte na sección Ultravioleta, filmes realizados con perspectiva feminista, pero tamén nas actuacións musicais do Escenario Fundación SGAE, ou o decálogo de visibilidade das mulleres de Cans.

    O director da Agadic, Jacobo Sutil, felicitou á organización por «realizar un festival cuns sinais de identidade ben marcados e a vinculación coa veciñanza», mentres Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, celebrou que «Cans ademáis de ser un certame que atrae talentos de aquí e fóra, ten unha función importante na súa labora de educar a todo de públicos través do cinema».

    IMG 1829Repasando as novidades do programa, Alfonso Pato sinalou a riqueza do cartel musical, que ademais de Wyoming y Los Insolventes incorpora o pop electrónico de Aries, o verbo combativo de Dakidarría en formato acústico, o particular soul de Patricia Moon, o folk reformulado de Raiceira, e a canción de autora de MJ Pérez ou Su Garrido Pombo. Tamén fixo especial fincapé na sección Fillas e fillos de Cans, na que cineastas con conexión co Festival ofrecen ao público o privilexio de ver imaxes inéditas dos seus filmes antes de estrealos.

    Desta volta coñeceránse filmes como o documental Beiras. «Vivir 2 veces», de Jorge Coira, que chegará a Cans acompañado do político Xosé Manuel Beiras, protagonista do documental, ou El Santa Isabel, de Paula Cons. Ese vínculo duradeiro que Cans constrúe con cada cineasta tamén se deixa ver, como subliñou Pato, na presenza na Sección Oficial a Concurso de vellas e vellos coñecidos do Festival como Sandra Sánchez, Fran X. Rodríguez, Pedro Sancho, David Fidalgo Omil ou Borja Santomé.

    As caras familiares comparten protagonismo con figuras emerxentes do audiovisual galego, como as que representan na mesma competición directoras da xuventude de Nacho Ozores, Lucía Estévez, Noelia Muíño ou Aldara Pagán. A delegada en Galicia da Fundación AISGE, Isabel Blanco, falou sobre a parte da programación que eles mesmos coordinan, e destacou tamén a importancia de Cans como espazo de debate para público, profesionais e asociacións nos diferentes encontros desta edición: o encontro «20 anos de Mareas Vivas» con actrices e actores como Camila Bossa, Víctor Mosqueira ou Miguel de Lira; Proxecto Orballo e Pioneiras e Pioneiros. 

    Así mesmo, a presentación contou coa presenza de Cris Iglesias, unha das compoñentes do Xurado de Ficción e Animación e actriz do Grupo Chévere (cuxa obra máis aclamada, Eroski Paraíso, se pre-estreará en Cans en formato cinematográfico). Iglesias, que compartirá a deliberación cos cineastas Andrés Goteira, Alberto Vázquez, Zaza Ceballos e Juanjo Giménez, a tamén actriz Melania Cruz e o músico Xosé Manuel Budiño, destacou «o apoio do festival á intérpretes e creadores que está comezando».

    O Xurado de FuraCans, a sección de Non Ficción, confórmano nesta edición dous cineastas (Xacio Baño e Liliana Torres) e a xornalista de Radio France International Isabelle Le Gonidec, presente gracias ao Programa de Internacionalización da Cultura Española de Acción Cultural Española (AC/E). O Xurado de Videoclips composto polo realizador e músico Carlos Alberto Alonso, a cantante e compositora Patricia Moon e o músico e realizador Paco Serén. Os xurados complétanse, como é tradición, co da veciñanza de Cans: Suso de Placer, Mercedes da Graña, Lourdes do Monte, Mucha de Luis e Iván Táboas.

    IMG 1906

    A programación xunta este ano ao mundo artístico entretecéndoo coas veciñas e veciños de Cans, co cinema funcionando como eixo dunha atención a públicos diversos. O programa Cans Participa atende así a persoas de todas as idades, fomentando a súa creatividade e aprendizaxe en actividades como o roteiro CanSonoro (con Xurxo Souto), os roteiros cinéfilo-literarios (con Carlos Meixide e Xosé Antonio Perozo) ou Cans do Futuro, centrada en «Oficios Invisibles», na que a rapazada se achegará a traballos como o vestiario, a dirección de fotografía ou a montaxe a través de profesionais como Alicia Saturna, Lucía C. Pan ou Diana Toucedo. As nenas e nenos (e quen os acompañe) terán tamén unha programación ben completa na sección MiniCans, que conta ademais co patrocinio de Gadis, con música, proxeccións e numerosos obradoiros para os máis pequenos. A alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, parabenizou á organización pola programación e suliñou o tan merecido Premio da Cultura Galega que recibiu este ano o Festival.

    Tamén estiveron presentes na Casa do Cid representantes de varios colaboradores e patrocinadores do Festival, como José Redondo, delegado de Estrella Galicia de Vigo, que neste ano que inicia unha colaboración nun dos espazos máis emblemáticos do Festival, Juan Rivas, da Fundación SGAE, comentou a ledicia de continuar participando en Cans co escenario do Cans Voulevar. A programación desta edición complétana actividades que abren a relación do Festival con outras artes e modos de expresión, como a gastronomía, co showcooking de Kike Piñeiro de A Horta d’Obradoiro, co apoio de Galicia Calidade; a fotografía (coa primeira exposición da historia do festival Outra pel, outro rostro de Cris Andina) ou a literatura (coa nova sección LendoCine).

    43

    RelacionadosArtículos

    Agentes de la Guardia Civil localizan a una menor de edad deambulando sola por la calle en Nigrán
    Nigrán

    Agentes de la Guardia Civil localizan a una menor de edad deambulando sola por la calle en Nigrán

    14 de Jun, 2025
    Los medios del E.O.S., ¿qué va a ser de ellos?
    Opinión

    Los medios del E.O.S., ¿qué va a ser de ellos?

    14 de Jun, 2025
    Un superyate de 27,5 millones de euros atraca en Vigo
    Marítima

    Un superyate de 27,5 millones de euros atraca en Vigo

    14 de Jun, 2025
    Adiós, señor Forsyth
    Cultura

    Adiós, señor Forsyth

    14 de Jun, 2025
    Piden 3 años de prisión para un joven acusado de agresión sexual
    Local

    Piden 3 años de prisión para un joven acusado de agresión sexual

    14 de Jun, 2025
    Un camión de basura vuelca su carga tras detectar un incendio
    Local

    Un camión de basura vuelca su carga tras detectar un incendio

    14 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un vecino de Vigo logra cancelar una deuda de 383.000 euros tras emprender y tener que cerrar dos negocios

    Un vecino de Vigo logra cancelar una deuda de 383.000 euros tras emprender y tener que cerrar dos negocios

    por Redacción
    06 de Jun, 2025
    0

    Desalojan de su piso en Vigo a una madre y su hijo tras expirar el plazo para uso exclusivo de la vivienda

    Desalojan de su piso en Vigo a una madre y su hijo tras expirar el plazo para uso exclusivo de la vivienda

    por Europa Press
    09 de Jun, 2025
    0

    Aberto o prazo de inscrición para os campamentos Verán Xove 2021

    «Improvisación y chapuza» de Caballero ante el Verán Xove: «No es ni capaz de organizar los campamentos»

    por Redacción
    10 de Jun, 2025
    0

    A la venta una espectacular (y escondida) villa con vistas al Océano y piscina infinita por 2,75 millones de euros

    A la venta una espectacular (y escondida) villa con vistas al Océano y piscina infinita por 2,75 millones de euros

    por Redacción
    07 de Jun, 2025
    0

    61

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Tapones circulatorios
    Más Vigo

    Tapones circulatorios

    Sería muy interesante que en la ciudad de Vigo desaparecieran varios tapones circulatorios como el que muestra esta fotografía. La...

    por Julio Alonso
    14 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela
    Más Vigo

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela

    El jueves 19 de junio de 1952 entraba en el puerto de Vigo un barquito con una patrona inglesa a...

    por Eduardo Rolland
    15 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo
    Más Vigo

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo

    En 1833 se produce en Vigo y comarca una epidemia de cólera morbo asiático. Procedía de Inglaterra donde era un...

    por Fernando Torres Carbajo
    18 de Abr, 2020

    LIBROS

    Pedro Feijoo regresa a casa para mostrarnos sus «bestias»
    Libros

    Pedro Feijoo regresa a casa para mostrarnos sus «bestias»

    Vigo se prepara para una cita literaria ineludible. El aclamado escritor gallego Pedro Feijoo estará firmando ejemplares de su última...

    por Redacción
    14 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    Los medios del E.O.S., ¿qué va a ser de ellos?
    Opinión

    Los medios del E.O.S., ¿qué va a ser de ellos?

    Estoy preocupado, diría que muy preocupado por unas cuantas empresas periodísticas que pueden entrar en una época complicada. Estas compañías...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR