• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

    En recoñecemento pola súa traxectoria a cantante e actriz Leonor Watling deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas
    Redacción por Redacción
    02 de May, 2019
    en Cine
    0
    Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

    O grupo musical liderado pola actriz Leonor Watling e o músico Alejandro Pelayo interpretará as cancións do seu último disco, ‘Technicolor’. Un traballo musical inspirado en épocas pasadas no que cada canción parece saída da banda sonora dunha película, pero cun son –construído a base de metais, cordas, percusión, piano e voz– que resulta totalmente cru, real e contemporáneo.

    Leonor Watling, cunha traxectoria de catorce anos á fronte de Marlango, desenvolveu sobre todo a súa carreira como actriz ás ordes de directores como Bigas Luna, Pedro Almódovar, Álex de la Iglesia ou Isabel Coixet. En recoñecemento a súa traxectoria no mundo do cine o Festival de Cans convidará a Watling a deixar a súa pegada no Torreiro das Estrelas.

    A entrada para a actuación será gratuíta previa retirada da pulseira de acceso no posto de información do festival. Debido ao aforo limitado do espazo, entregaranse un total de 500 pulseiras que se poñerán a disposición do público dúas horas antes do concerto. Non se admitirán reservas e só se entregará unha pulseira por persoa e por orde de solicitude.

    A Leira da Señora Alicia converterase nun dos puntos de encontro máis importantes entre profesionais do sector e o público ao acoller, ademais do concerto de Marlango, o Coloquio na Leira, unha das actividades máis agardadas do sábado 25 de maio, o día grande do Festival de Cans. Un encontro que protagonizará un director de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional que se dará a coñecer nos vindeiros días.

    The Legendary Tigerman e BFlecha completan as actuacións do venres
    The Legendary Tigerman, o proxecto musical do portugués Paulo Furtado, será outra das actuacións claves do festival. A proposta de The Legendary Tigerman, que vén nesta ocasión acompañado con banda, xira cara un estilo punk rock escuro no seu último traballo Misfit, disco que presentará en Cans. O seu concerto será gratuíto e terá lugar o venres 24 de maio no Torreiro ao rematar a entrega do Premio Pedigree que nesta 16ª edición se lle entrega ao actor Carlos Blanco.

    Paulo Furtado (máis coñecido como Tigerman) é un artista inquedo que nos últimos anos afondou no mundo do cinema, onde en relación á súa música, dirixiu e guionizou un conxunto de pezas en súper-8 incluídas dentro de Femina –un traballo que foi disco de platino en Portugal e que acaba de cumprir dez anos–.

    Furtado presentará en Cans parte deste proxecto cinematográfico-musical, en homenaxe as mulleres e ao rock, que tivo gran repercusión internacional e no que dirixiu e gravou a actrices e cantantes como a icónica María de Medeiros, a actriz italiana Asia Argento ou a cantante canadiana de electrónica Peaches. Furtado ten traballado tamén con realizadores do cinema portugués máis actual como Rodrigo Areias e Pedro Maia.

    Antes da súa actuación o artista presentará no Festival de Cans ‘Fade into nothing’, a ‘opera prima’ de Maia realizada en colaboración co propio Furtado e a fotógrafa Rita Lino. Unha longametraxe, guionizada e protagonizada por el mesmo, que foi rodada no deserto de California durante a súa estancia nos Estados Unidos en paralelo á gravación do seu último disco Misfit.

    ‘Fade into nothing’ é un road-trip en forma de falso diario que conta a historia dun home que busca desaparecer, unha peza con música e imaxes fascinantes e hipnóticas na que a figura humana desaparece e se funde na paisaxe. Esta película terá en Cans a súa estrea en España logo de pasar por festivais como o IndieLisboa en 2017.

    As actuacións fortes do venres noite complétanse coa presenza de BFlecha, o proxecto de música electrónica da viguesa Belén Vidal, que estará no escenario do Torreiro en formato DJ Set ao remate do concerto de The Legendary Tigerman.

    Budiño e Reixa
    Os nomes de Marlango, The Legendary Tigerman e BFlecha veñen a sumarse as actuacións musicais confirmadas para esta XVI edición: a presentación do disco Fulgor de Xosé Manuel Budiño, a estrea en Galicia do espectáculo ‘Melancoholemia’ de Antón Reixa e o concerto de Chisme en conxunto coa proxección da película SYD de Fernando Epelde.

    A venda das entradas para asistir o sábado 25 de maio a estas actividades que se celebrarán no Invernadoiro de Mucha de Peso aínda están dispoñibles na tenda.festivaldecans.com a un prezo de 5 euros cada unha (prazas moi limitadas).

    43

    Tags: Festival de CansLeonor WatlingMarlangothe legendary tigerman

    RelacionadosArtículos

    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
    Cine

    El Festival de Cans abre las puertas de los Goya a sus participantes y elevará la dotación del premio

    11 de Dic, 2025
    La XX edición del Festival de Cans se celebrará entre el 16 y el 20 de mayo de 2023
    Cine

    El Festival de Cans marca un «hito» y puntuará para seleccionar a los finalistas de los Goya

    23 de Jul, 2025
    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
    Cine

    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional

    26 de May, 2025
    El Festival de Cans sube el telón con la retrospectiva a Alejandro Loayza y la memoria histórica como hilo conductor
    Cine

    El Festival de Cans sube el telón con la retrospectiva a Alejandro Loayza y la memoria histórica como hilo conductor

    19 de May, 2025
    El festival de Cans estrenará un documental sobre un accidente de bus que hace 70 años se cobró 31 vidas
    Cine

    El festival de Cans estrenará un documental sobre un accidente de bus que hace 70 años se cobró 31 vidas

    20 de Mar, 2025
    El Festival de Cans se tiñe de luto: fallece la señora Alicia
    Cine

    El Festival de Cans se tiñe de luto: fallece la señora Alicia

    13 de Ene, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR