• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 8 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cine documental

    Play-Doc presenta a estrea española da última película de Bruce Weber

    O festival Internacional de Cinema de Tui presentará a cinta protagonizada polo mítico actor Robert Mitchum
    Redacción por Redacción
    20 de Mar, 2019
    en Cine
    0
    Play-Doc presenta a estrea española da última película de Bruce Weber

    Coñecido polo seu sobresaliente traballo no mundo da moda, –con icónicas campañas para marcas como Calvin Klein–, Bruce Weber soubo trasladar con éxito os seus intereses temáticos e estéticos como fotógrafo tamén á súa obra cinematográfica, ampliando en gran medida o ámbito e alcance das súas empresas artísticas. Estas tres películas que se mostrarán no festival son tres fascinantes retratos de excepcional beleza pero tamén cheos de complexidades e dolorosas contradicións. Xuntas compoñen unha sorte de triloxía na que Weber mergúllase nos mitos da masculinidade.

    A súa primeira longametraxe, Broken Noses (1987) conta a historia de Andy Minsker, un boxeador profesional ex-campión de peso lixeiro, e o seu pequeno club de boxeo para nenos en Portland, Oregon. Nel Minsker fálanos da súa carreira frustrada coa Asociación Olímpica Estadounidense de Boxeo e as súas loitas en Las Vegas, á vez que asistimos aos seus adestramentos cos mozos, a maioría dos cales provén de familias disfuncionais. Criado tamén nun fogar cheo de problemas e de abusos familiares, Andy dedica todo o seu tempo a axudar aos mozos aos que trata como aos seus fillos, tratando de ser para eles o modelo a seguir que el nunca tivo. Fermosamente filmada e cunha deliciosa banda sonora, esta película explora e deconstrúe o concepto de virilidade.

    En Let’s Get Lost (1988) Bruce Weber acompaña a Chet Baker no que sería o último ano da súa vida. Os complicados últimos tempos de Baker, marcados pola súa adicción ás drogas, contrastan cos anos da súa mocidade, cando aínda era o mozo dourado do jazz cun aire ao James Dean e un brillante e prometedor futuro por diante. A película combina material de arquivo e entrevistas desgarradoras con Chet Baker, así como con outros músicos, amigos, noivas, ex-mulleres e fillos. Cando a película atopábase na fase de montaxe, Chet Baker morreu trágicamente en estrañas circunstancias ao caer da xanela do seu hotel en Amsterdam. Ese mesmo ano a película gañou o premio da crítica no festival de Venecia e un ano despois, en 1989, foi nomeada a un Oscar. Máis de catro décadas despois Let’s Get Lost continúa sendo o mellor documental de jazz xamais feito sobre unha das máis grandes lendas da historia do jazz.

    A finais dos anos noventa, Bruce Weber consegue convencer ao actor Robert Mitchum para retratarlle nunha película. Pero cando Mitchum falece en 1997, Weber deixa ao carón o seu amado proxecto e non é ata moito tempo despois que volve retomar o material filmado. Mitchum –que antes de cumprir os 15 xa escapara de casa dez veces, ingresado en prisión e realizado traballos forzados– actuou en máis de 130 filmes, principalmente películas de guerra, cinema negro e westerns, nas que sempre facía de tipo duro. Pero Robert Mitchum tamén foi unha persoa moi lida, que escribía poesía, e un grandísimo artista. Nice Girls Don’t Stay for Breakfast (título tomado dunha canción de Julie London), non só é o retrato dun mozo malo con alma de poeta, senón tamén unha película sobre o envellecer dun símbolo sexual masculino. A través dunha serie de entrevistas co propio Mitchum, así como con amigos e admiradores, números musicais e material de arquivo, Weber mostra a batalla interminable de alguén que pasou a súa vida enteira tratando de escapar de casa. A película que estreou mundialmente no festival de cinema de Venecia, terá a súa premiere española en Play- Doc.

    O propio Bruce Weber que estará en Tui falando en persoa co público de Play-Doc sobre as correspondencias entre estas tres películas e os seus excepcionais protagonistas, súmase así a unha longa lista de cineastas de culto que xa pasaron polo festival galego.

    Bruce Weber
    Nacido en 1946 en Greensburg, Pennsylvania, Weber é un dos máis prestixiosos fotógrafos que existen hoxe en día, traballando para as máis importantes revistas, e publicado un total de 40 libros. A súa obra fotográfica mostrouse en máis de setenta galerías, exposicións e museos de todo o mundo. Algunhas das súas fotografías atópanse nas coleccións permanentes dos museos Vitoria e Albert Museum de Londres así como na División Fotográfica da cidade de Paris.

    Weber é igualmente recoñecido como cineasta cunha filmografía que consiste en cinco longametraxes documentais e unha serie de curtametraxes. As súas dúas primeiras películas, Broken Noses e Let’s get Lost, recibiron ambas o premio ao mellor documental, outorgado pola International Documentary Association e Let’s Get Lost foi tamén nomeada a un Oscar ao mellor documental en 1988. Tamén dirixiu vídeos musicais para Chris Isaak e os Pet Shop Boys, gañando con este último o Music Week’s «Vídeo of Year». Dirixiu anuncios publicitarios para Calvin Klein, Versace, Ralph Lauren, Abercrombie & Fitch, Banana Republic, Jil Sander, Volvo e Dior Homme.

    [iframe width=»560″ height=»315″ src=»https://www.youtube.com/embed/2HsdMVsZ1RA» frameborder=»0″ allow=»accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture» allowfullscreen ]

    43

    RelacionadosArtículos

    El mosaico romano de Panxón quedará expuesto de forma definitiva en la biblioteca municipal de Nigrán
    Nigrán

    El mosaico romano de Panxón quedará expuesto de forma definitiva en la biblioteca municipal de Nigrán

    07 de Ago, 2025
    Ya hay fecha para cambiar el hospital de referencia en el área sanitaria de Vigo
    Local

    Sanidade recuerda a Caballero que es el Ministerio quien «ostenta en exclusiva» las competencias sobre los exámenes MIR

    07 de Ago, 2025
    Ajetreada actividad en O Berbés: se apuran obras y compran parcelas para transformar la fachada marítima
    Local

    Ajetreada actividad en O Berbés: se apuran obras y compran parcelas para transformar la fachada marítima

    07 de Ago, 2025
    Confinan durante más de una hora a los vecinos de un edificio de O Porriño por una nube de gas
    A Guarda

    Un incendio en una cocina afecta al dueño de la vivienda por inhalación de humo

    07 de Ago, 2025
    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen
    Local

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    07 de Ago, 2025
    El visor submarino de Peiraos do Solpor (que se construye en Cardama) tendrá 15 metros y será remolcado en flotación
    Local

    El visor submarino de Peiraos do Solpor (que se construye en Cardama) tendrá 15 metros y será remolcado en flotación

    07 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo ultima un nuevo megacontrato para que la ciudad tenga «un aspecto impecable»

    Vigo ultima un nuevo megacontrato para que la ciudad tenga «un aspecto impecable»

    por Redacción
    01 de Ago, 2025
    0

    Tras las quejas de los usuarios de Samil, Caballero presume de financiar O Marisquiño con 1,3 millones

    Tras las quejas de los usuarios de Samil, Caballero presume de financiar O Marisquiño con 1,3 millones

    por Redacción
    05 de Ago, 2025
    0

    Vigo quedará aislada del tren durante 6 fines de semana de septiembre y octubre: los viajeros, en bus o taxi

    por Redacción
    05 de Ago, 2025
    0

    Leiva conquista Sanxenxo y emociona con una dedicatoria especial

    Leiva conquista Sanxenxo y emociona con una dedicatoria especial

    por Redacción
    03 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El peligro del sube y baja
    Más Vigo

    El peligro del sube y baja

    La imagen muestra la Ronda de Don Bosco a su paso por debajo del Paseo de Granada, en la ciudad...

    por Julio Alonso
    07 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    Mi apoyo a los jodechinchos
    Opinión

    Mi apoyo a los jodechinchos

    Últimamente leo y oigo fodechinchos pero a mí me gusta más la forma tradicional de jodechinchos. Por si hay alguien que no conozca...

    por Fernando Torres Carbajo
    02 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR