• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 21 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    8 de marzo

    “Digámoslle ao mundo que sen nós o mundo para”

    Así foi o manifesto lido na Deputación de Pontevedra, organismo que está a liderar a loita feminista en Galicia, co gallo do 8-M
    Redacción por Redacción
    08 de Mar, 2019
    en Local
    0
    “Digámoslle ao mundo que sen nós o mundo para”

    Axudándose de citas de célebres personalidades femininas de todo o mundo, Silva repasou os problemas que aínda afrontan as mulleres e afondou na necesidade de erradicar as barreiras desde a unión e a mobilización. Ademais, por suposto, incidiu na urxencia de poñer fin á violencia machista.

    Este é o manifesto completo lido este 8 de marzo de 2019:

    O futuro é con nós

    Virginia Woolf dixo hai anos: “Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poida impoñer a liberdade da miña mente”.

    É precisamente esa liberdade, que todas recoñecemos como propia, a que nos fai saír de novo á rúa neste 8 de Marzo, xuntas, unidas, fortes e poderosas, para reclamar que o noso sentir diario acabe por converterse nunha liberdade real, unha liberdade plena e igualitaria.

    Todas e cada unha de nós somos conscientes de que este movemento, inzado de sonoridade, é o instrumento fundamental para reclamar o dereito fundamental de ser libres e iguais. O dereito de ser visibles.

    E neste momento, no que voces que pretenden ser máis fortes que as nosas están cuestionando todos os dereitos e as liberdades que foron conqueridas pola loita das mulleres, ten que servir para alzar a voz e dicir alto e claro: nin un paso atrás, o futuro é con nós.

    Temos que estar alerta, todas xuntas, unidas, porque tal e como nolo advertía Simone de Beauvoir: “non esquezades xamais que bastará unha crisis política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Eses dereitos nunca se dan por adquiridos. Debedes permanecer vixilantes durante toda a vosa vida”.

    Así que alcemos a voz. Digámoslle ao mundo que sen nós o mundo para. Que o futuro é con nós ou non será.

    Alcemos a voz mentres o 67% das licenciadas en xornalismo sexan mulleres, pero tan só consigamos acadar un 27% nas direccións dos medios de comunicación.

    Como dixo a xornalista Ana Pardo de Vera: “O xornalismo é feminista ou non é xornalismo. Non se pode dar unha visión honesta da realidade ignorando ao 52% da poboación”.

    Alcemos a voz mentres soamente haxa 2 mulleres no Tribunal Constitucional e ningunha na Sala de Goberno do Tribunal Supremo, a pesar de que o 53% das persoas xuízas son mulleres.

    Gloria Poyatos, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias e presidenta da Asociación de Mulleres Xuízas de España, reclamou que “temos que reivindicar unha xustiza mais feminizada. Vivimos na cultura da igualdade simulada”.

    Non podemos calar mentres o 58% das persoas con titulación universitaria en España sexan mulleres, pero tan só sexamos o 19,4% dos órganos de dirección das empresas do Ibex.

    “Hoxe son consciente de que dicir as cosas publicamente, de forma solidaria con outras mulleres, ten o poder de cambiar. Así que, cando falo, non o fago só por min mesma. Fágoo por todas as mulleres”, di Ana Botín, presidenta do Banco Santander.

    Alcemos a voz, porque mentres o discurso da nosa realidade se constrúe, move e transforma a través das redes sociais e as novas tecnoloxías para mudar o discurso machista imperante, as denuncias por incitación ao odio  relacionados coa discriminación por sexo e xénero suben un 70,8%.

     «O discurso feminista estase facendo forte nas redes e a resposta machista é cada vez máis forte. Pretenden asustarnos e que nos vaiamos», dixo Cristina Hernández, ciberactivista feminista, logo de recibir un tuit cunha imaxe dunha pistola e que dicía «Xa estamos cansos de ti, puta, a única solución aos teus reclamos é a morte. Imos violar o teu cadáver, zorra».

    Alcemos a voz mentres non rachemos coa fenda dixital e a pouca presenza das mulleres nas carreiras STEM, onde non chegamos ao 25% da matrícula; sen esquecer que en España as traballadoras só representan o 24% do sector tecnolóxico.

    Hoxe recordamos o que di Irina Bokova, directora xeral da UNESCO: “unha sociedade sen enxeñaría e sen ciencia é unha sociedade sen progreso. Unha sociedade sen mulleres na enxeñaría e na ciencia é tamén unha sociedade sen progreso”.

    Alcemos a voz mentres a arte non se escape do androcentrismo, porque a arte sen a nosa mirada é unha arte sesgada.

    “Os cambios da xestión cultural deben facerse da man do feminismo, poñendo no centro o desexo de experimentar a cultura máis aló do modelo hexemónico, branco, heterosexual e masculino”, dicía María Bastarós, comisaria cultural e investigadora.

    Pero sobre todo, alcemos a voz polas mulleres silenciadas coa violencia que exerceron sobre elas polo simple feito de ser mulleres, mulleres que foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, que foron abusadas, violadas, prostituídas, violentadas.

    Por todo iso aquí estamos, alzando a nosa voz, sorrindo e felices de que a igualdade ocupe o espazo que lle corresponde. Aquí estamos, unidas e fortes.

    Alcemos a voz polas que xa non están, polas que van vir, por elas, por nós. Por todas. Viva o 8 de marzo!

    43

    RelacionadosArtículos

    Pardo de Vera recibe la Medalla de Oro de Vigo como “un recordatorio de las cosas que tenemos que hacer”
    Local

    El PP de Vigo, ante la imputación de Pardo de Vera por el caso Ábalos: «Caballero tiene que dejar sin efecto la Medalla»

    21 de May, 2025
    Arremeten contra una periodista en el tercer intento de desalojo de una casa ocupada en Vigo
    Sucesos

    Arremeten contra una periodista en el tercer intento de desalojo de una casa ocupada en Vigo

    21 de May, 2025
    Todo listo para que una grúa de 6 metros voltee la tortilla más grande de la historia de Vigo
    Gastronomía

    Todo listo para que una grúa de 6 metros voltee la tortilla más grande de la historia de Vigo

    21 de May, 2025
    Local

    El verano arranca esta semana en Vigo con la apertura de las piscinas de Samil

    21 de May, 2025
    Vigo lanza una ruta guiada para redescubrir la senda del Lagares
    Local

    Vigo lanza una ruta guiada para redescubrir la senda del Lagares

    21 de May, 2025
    Un año de prisión tras estafar 1.800 euros por un piso que nunca alquiló
    Sucesos

    Un año de prisión tras estafar 1.800 euros por un piso que nunca alquiló

    21 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas
    Más Vigo

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen numerosos mesones, algunos de ellos de gran popularidad y que llegaron...

    por Julio Alonso
    21 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Los cines de Vigo que sobreviven
    Más Vigo

    Los cines de Vigo que sobreviven

    En la ciudad de Vigo hubo bastantes cines que contribuían al ocio de la población: Palermo, Roxi, Avenida, Disol, Ronsel,...

    por Julio Alonso
    29 de Oct, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR