• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 28 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A guía definitiva para non perderse nada na Arribada 2019

    Os espectáculos invaden Baiona xa no primeiro día dunha festa que prevé 150.000 visitas e contará con preto de 200 postos na rúa
    Redacción por Redacción
    01 de Mar, 2019
    en Baiona
    0
    A guía definitiva para non perderse nada na Arribada 2019

    Como arranque da festa, este 1 de marzo, festivo local en Baiona, a praia Ribeira acollerá o espectáculo ‘El Presagio’, no que o druída Haemus anunciará a todos os habitantes da Vila unha predición: a inminente chegada dun navío cunha noticia que cambiará o seu mundo para sempre. Trátase dun espectáculo de Pablo Méndez Performance que abrirá estelarmente as actuacións medievais desta Arribada.

    O Real Mercado Medieval da Arribada, que espera a 150.000 persoas ao longo dos tres días, estará composto por 71 postos individuais de venda de artesanía situados no casco antigo; 70 postos propios de comida e artesanía situados na rúa Marqués de Quintanar e Santa Liberata; 37 postos de establecementos da vila que ocupan a fachada do seu propio negocio, 16 asociacións gremiais, situadas en Santa Liberata, e 6 Paradas dos Pobos Irmáns (Palos de la Frontera, Santa Fe de la Vega de Ganada, Pornic, Vila do Bispo e Baiona), todos eles con produtos típicos das súas zonas. En total, uns 200 postos.

    Entre as novidades destaca o Alpendre dos Bois, unha mostra etnográfica sobre a vida do boi en Galicia, carros, arados, apeiros de labranza e instrumentos agrícolas de diversa índole. Tamén a Morada de Otto o Dragón e as Aves Xurásicas, un recuncho situado no Paseo Ribeira onde descansa o dragón e as aves que durante o mercado sairán a pasear polas rúas.

    Outro atractivo é o Recuncho dos Monicreques na Rúa Carabela Pinta, no que os nenos e nenas darán renda solta á súa imaxinación da man dos contacontos e marionetas. Mentres, o Campamento Circense, tamén na Carabela Pinta, ofrecerá obradoiros onde aprenderán as habilidades motrices dos acróbatas, como as bólas malabares, o prato chinés, os zancos e o monociclo. 

    Do mesmo xeito, repetirán actividades que tanto éxito tiveron a edición pasada como a Alameda dos Aprendices, onde os máis pequenos poderán facer gravados de madeira, ourivaría, cerámica, repuxado de coiro, repostería, escritura gótica, acuñación de moedas, bordados e costura, tapices de época, lacrado, etc.

    Tamén volve a zona de Playmobil Medieval na Rúa Carabela Pinta e que amplía o seu recinto, con castelos, piratas, bucaneiros, príncipes e princesas, damas e cabaleiros e multitude de personaxes Playmobil con que xogar, soñar e facer as delicias dos máis pequenos.

    Os paseos de Camelos e Dromedarios seguirán na Praia Concheira e a zona chamada Terrario exótico O Centauro, onde nos atoparemos co encantador de serpes e as súas pitóns albina, atigrada, xaguar, a boa constritor e a anaconda. Tartarugas xigantes, a iguana, os guacamaios, os agapornis e os papagaios de cola vinagre. Tamén poderemos ver na súa Granxa Medieval pavos, patos, ocas, gansos, chamas, porco espíns, coellos, coballas, mapaches, raposos, burros e ponis. Unha actividade lúdica e educativa para os máis pequenos.

    Exposicións e música
    Como exposicións temáticas poderán visitarse ‘A historia da escritura e a imaxe impresa. Unha viaxe polo tempo’ na Biblioteca Pública e ‘Os Mesteres da Ribeira’ na Capitanía Marítima de Baiona, inaugurada ao finalizar a presentación, realizada conxuntamente por dous baioneses, o historiador Anxo Rodríguez Lemos, que achega mocidade e sabedoría, e o redeiro Remigio Leyenda, que achega a experiencia e veteranía. Poderase gozar tamén das mostras de ‘Encaixes de Palillos’ e dos ‘Labores de Calceta’ no Viveiro de Empresas situado na Rúa do Reloxo.

    Haberá espazo tamén para os concertos de música relixiosa e profana do renacemento ‘Senhora do Mundo’ Camerata Più Bassa, a Banda de Música de Baiona, o grupo de gaitas A Seneira, as actuacións circenses e aéreas como Peronio Circus, las Tres Dimensiones, Meciendo el Aire, Entre Estrellas e Desafío a la gravedad a cargo de Leyenda Viva. Así mesmo, Troula Animación encargarase dos pasarrúas de bufóns, zancudos e malabares e Kepler T&T ofrecerá o seu espectáculo nocturno ‘Tenebrae’.

    Non poden falta na Arribada a Cetrería, a Xusta Medieval, o Tiro con Arco, a Contenda de Esgrima, o Desafío Medieval con descensos en tirolesa, rocódromos, rappel, torre multi-aventura, equilibro no ponte mono, o Adestramento de Cabaleiros, as Atraccións Medievais e os quebracabezas de madeiras con xogos tradicionais de toda a vida.

    Finalmente, o feito histórico, a representación da obra da ‘Arribada do Descubrimento’, obra escrita polo profesor e historiador Avelino Sierra e dirixida por Mónica Sueiro, terá lugar o domingo ás 18.00 horas cunha repartición de actores e figurantes coa dificultade que ten o feito de representala en directo no mesmo escenario que hai 526 anos.

    43

    RelacionadosArtículos

    Piden 15 años de prisión para el policía local de Vigo denunciado por supuesta agresión sexual a una joven
    Sucesos

    Piden 15 años de prisión para el policía local de Vigo denunciado por supuesta agresión sexual a una joven

    28 de Nov, 2025
    La Navidad y sus luces comienzan a colapsar el centro de Vigo
    Local

    La Navidad y sus luces comienzan a colapsar el centro de Vigo

    28 de Nov, 2025
    Operativo contra el ‘menudeo’ en Vigo y Gondomar con tres detenidos y medio kilo de heroína
    Sucesos

    Operativo contra el ‘menudeo’ en Vigo y Gondomar con tres detenidos y medio kilo de heroína

    28 de Nov, 2025
    Piden a Caballero que frene una de las promociones de chalets proyectadas en Cabo Estai
    Local

    Freno a la urbanización de Cabo Estai: anulan la licencia que permitió dividir un terreno en cinco parcelas

    28 de Nov, 2025
    Un acertante de Vigo roza el bote y se lleva un premio de casi 160.000 euros
    Local

    Un acertante de Vigo roza el bote y se lleva un premio de casi 160.000 euros

    28 de Nov, 2025
    Otro fabricante de coches que compita con Stellantis para garantizar el futuro de la automoción
    Local

    Otro fabricante de coches que compita con Stellantis para garantizar el futuro de la automoción

    28 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    por María Alonso
    24 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    De la apuesta por Vigo al salto a su área de influencia: la Xunta ya proyecta 300 viviendas públicas en O Porriño

    por Redacción
    24 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Con el crío y la bicicleta a buen recaudo
    Más Vigo

    Con el crío y la bicicleta a buen recaudo

    En una población del entorno de la ciudad de Vigo hemos encontrado esta bicicleta aparcada. Lo curioso no es esa...

    por Julio Alonso
    28 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR