A orquestra folk ofrecerá un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical.
Neste concerto participarán destacados artistas convidados como Rosa Cedrón, a castelá Vanesa Muela, o portugués Luis Peixoto, o asturiano Xuacu Amieva, ademais de Toño Domínguez, o Orfeón Treixadura e o grupo vigués O Fiadeiro.
O día 5 tamén presentarán o seu quinto e último disco, ‘Beiralúa’, ademais dalgúns temas do seu espectáculo ‘Arraianos’. Tamén interpretarán a ‘San Martiño Suite’, unha obra composta por Anxo Pintos para celebrar o inicio da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, que inclúe dez temas.