• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 1 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Preacordo no sector dos elaborados do mar con subas salariais do 16-20% en catro anos

    A folga indefinida prevista para o xoves desconvocarase se as traballadoras ratifican o pactado entre sindicatos e patronal
    Redacción por Redacción
    11 de Nov, 2018
    en Economía
    0
    Preacordo no sector dos elaborados do mar con subas salariais do 16-20% en catro anos

    As asembleas que se celebrarán a partir deste luns nas empresas deberán ratificar o pactado, o que suporía a desconvocatoria da folga indefinida prevista para este xoves 15. O achegamento entre as partes (as centrais CIG, CCOO e UGT e a patronal Conxemar) produciuse tras oito horas de negociación nun encontro que se celebrou en Vigo a partir do mediodía e no que participou a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais.

    Por volta das nove da noite asinábase unha acta que contempla como principais aspectos unha suba de soldos total nos catro anos de duración do convenio (2018-2021) do 16 ao 20% segundo a categoría laboral, incremento e creación de novos pluses, redución da xornada, aumento das licenzas, ademais de regularse a subcontratación e o uso das ETT.

    Agora deberán ser as asembleas de traballadoras que se celebrarán nas empresas a partir deste mesmo luns as que ratifiquen un texto que tamén establece a creación do permiso retribuído para acompañar a menores ao médico -algo que era unha reclamación histórica do persoal do sector- e o aumento de categoría para todas as empregadas que leven tres anos contratadas nunha compañía.

    No caso de que o preacordo sexa aprobado pola maioría do persoal a folga indefinida prevista para este xoves 15 quedaría desconvocada.

    Ademais do aumento salarial acordado (do 5,5% o primeiro ano, do 2 e do 2,1% cada un dos tres seguintes segundo as categorías e a inclusión do plus de convenio no salario base), o novo convenio recolle a extensión a todas as empresas do plus por uso de serra que xa abonaban algunhas compañías do sector e a creación dun novo complemento de refrixeración que ingresará o conxunto das operarias/os de planta. Polo tanto, o ascenso de categoría pactado suporá que a partir do 1 de xaneiro do próximo ano as traballadoras ás que se lle aplique verán incrementado o seu salario en case un 7% por cento.

    No que ten que ver coa contratación, regúlanse as “modalidades de subcontratación fraudulenta” como a que se fan a través das cooperativas de traballo asociado, as empresas multiservizos ou os centros especiais de emprego, de igual xeito que se fai o mesmo coas ETT, que terán que aplicarlle as traballadoras as condicións do convenio da empresa matriz.

    Por último, a redución da xornada anual farase contabilizando como tempo de traballo os cinco minutos diarios de descanso para o bocadillo ou eliminando dous días do calendario laboral (16 horas). O último ano de vixencia do convenio esta redución de xornada incrementarase, pasando a eliminar tres días de traballo ou a fixar o descanso para o bocadillo nos 7,5 minutos diarios.

    Unidade e determinación das traballadoras

    Dende a FGAMT-CIG valoran moi positivamente este preacordo de convenio e felicitan as traballadoras/es “pola súa loita coherente durante moitos meses, pero sobre todo nas últimas semanas coa convocatoria de tres xornadas de folga”. Xavier Aboi, secretario comarcal da federación en Pontevedra, considera que este resultado non sería posíbel sen a unidade e a determinación amosada polas empregadas do sector.

    “Para nós é unha honra ter participado nesta loita, nas negociacións e no resultado final, aínda máis se temos en conta que dixemos que as mobilizacións e o acordo tiñan que darse en Galiza, como así foi finalmente”. Con todo, quere deixar claro que a CIG seguirá a reclamar un convenio galego para o sector, cuestión que foi introducida na acta do preacordo a petición dos representantes da central na mesa de negociación.

    43

    RelacionadosArtículos

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio
    Redondela

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    01 de Nov, 2025
    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia
    Local

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    01 de Nov, 2025
    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro
    Más Vigo

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro

    01 de Nov, 2025
    Seis lecturas terroríficas para pasarlo de miedo en Halloween
    Libros

    Seis lecturas terroríficas para pasarlo de miedo en Halloween

    01 de Nov, 2025
    Un matrimonio, su hija y un agente, evacuados por un incendio en un edificio
    Morrazo

    Un matrimonio, su hija y un agente, evacuados por un incendio en un edificio

    01 de Nov, 2025
    Un herido tras una colisión entre una moto y un coche en Vigo
    Sucesos

    Un herido tras una colisión entre una moto y un coche en Vigo

    01 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro
    Más Vigo

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro

    Lo que muestra la fotografía es un aparcamiento arbitrario en la ciudad de Vigo. Realmente no molesta a nadie y...

    por Julio Alonso
    01 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    Seis lecturas terroríficas para pasarlo de miedo en Halloween
    Libros

    Seis lecturas terroríficas para pasarlo de miedo en Halloween

    Este es el fin de semana de los zombis, las calabazas, los fantasmas y los libros de terror que se...

    por Gabriel Romero de Ávila
    01 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR