Estes son os días e horarios nos que estará en cada barrio:
• Luns, 29 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Candeán (AAVV)
• Martes, 30 de outubro de 12.00 a 14.00 horas: Zamáns (CUVI-Praza Miralles)
• Martes, 30 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Beade (AAVV)
• Mércores, 31 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Bembrive (AAVV)
• Venres, 2 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Matamá (AAVV-Abanca)
• Sábado, 3 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Comesaña (Igrexa)
• Luns, 5 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Cabral (Mercado-rotonda rúa Tranvía)
• Martes, 6 de novembro de 12.00 a 14.00 horas: Coia (Alcampo)
• Martes, 6 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Lavadores (Escola de Idiomas)
• Mércores, 7 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Sárdoma (rotonda Miraflores)
Os veciños poderán subir ao bus e coñecer en primeira persoa como eran os primeiros vehículos que circulaban por Vigo hai 50 anos. Poderán facerse fotografías e ademais, recibirán un folleto explicativo coa historia da empresa.
Hai aproximadamente un mes, o Bus Histórico de Vitrasa percorreu outros barrios da cidade, principalmente do centro de Vigo e nesta ocasión o obxectivo é que os barrios máis periféricos da cidade poidan disfrutar tamén desta iniciativa. Esta actividade enmárcase no 50 Aniversario de Vitrasa.