A directora do mesmo, a responsable da Unidade de Rehabilitación Cardíaca do CHUVI e profesora da Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro, Marisol Bravo, subliñou a excelente valoración destas xornadas por parte dos asistentes e destacou que “o feito de que, por primeira vez, se organizase no Álvaro Cunqueiro, aportoulle un valor engadido, dado a estrutura e medios dispoñibles neste hospital, posibilitándonos a utilización das Aulas de Simulación para realizar os obradoiros de Resucitación Cardiopulmonar”-.
O curso, cun total de 30 horas lectivas, foi impartido por un conxunto de relatores de múltiples disciplinas: máis de 10 especialistas en Cardioloxía, un psicólogo e unha enfermeira.
A temática foi moi variada, abordando, entre outros aspectos, a parada cardiorespiratoria coas medidas de reanimación cardiopulmonar en formato de obradoiro teórico-práctico; a descrición xeral e manexo de situacións cardiolóxicas agudas como infarto de miocardio, arritmias, síncope, dispnea e dor torácica, así como a forma axeitada de enfrontarse a estas situacións desde o punto de vista psicolóxico .