• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 27 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un vigués destapa os segredos das plantas que convivían co primeiro dinosauro descrito en España

    Artai Santos, estudante de bioloxía da Universidade de Vigo, sentou no seu TFG as bases dun artigo publicado agora en 'Cretaceous Research'
    Redacción por Redacción
    13 de Jul, 2018
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Un vigués destapa os segredos das plantas que convivían co primeiro dinosauro descrito en España

    Chegado o terceiro curso e baixo a tutela de Rafael Royo, o estudante vigués realizou as súas prácticas na Fundación Paleontológica Teruel-Dinópolis, onde tivo ocasión de escavar e estudar en Teruel a flora fósil do xacemento de Las Zabacheras para o seu Traballo Fin de Grao (TFG), que presentou no curso 2014-2015 co título Estudio del registro paleobotánico del yacimiento “Las Zabacheras” (Galve-Teruel). Tres anos despois, e con novas achegas, froito de escavacións realizadas durante este período polos propios investigadores da Universidade de Vigo, da Universidad Nacional Autónoma de México e da Universidade Chuo de Xapón, xunto á Fundación Dinópolis, o TFG do estudante da Universidade de Vigo converteuse nunha parte do artigo científico Palaeobotanical records associated with the first dinosaur defined in Spain: Palynostratigraphy, taxonomy and palaeoenvironmental remarks, recentemente publicado pola revista Cretaceous Research

    “O meu TFG é unha parte do artigo científico que acabamos de publicar, concretamente o estudo da macroflora atopada en Las Zabacheras, non obstante, foi necesario cambiar certas cousas e engadir outras, xa que un TFG ten unhas características diferentes ás que esixen as publicacións científicas”, explica Artai Santos, que engade, que para este traballo, ademais da macroflora tamén realizaron análises palinolóxicos do xacemento, concretamente do nivel de Aragousaurus ischiaticus, o primeiro dinosauro definido en España, “permitindo xunto coa macroflora, unha reconstrución máis completa das comunidades vexetais que habitaba este saurópodo, do seu contexto ecolóxico e ambiental, así como unha datación estratigráfica máis precisa”.

    Os resultados dos estudos dos fósiles de plantas publicados na revista científica céntranse en dous tipos de restos: 1298 mostras de graos de pole e esporas, que tras un proceso de mostraxe e separación do sedimento, estudáronse utilizando un microscopio electrónico de barrido e 712 restos de follas de plantas, que se conservaron impresas nas rochas.

    Un Teruel do Xurásico-Cretácico “a pé de praia” hai 145 millóns de anos
    A macroflora descrita en Cretaceous Research, que xa fora detallada polo investigador vigués no seu TFG, identifica fundamentalmente fentos leptosporanxiados, algúns como Eboracia lobifolia de porte arbóreo (fentos leñosos e grandes coma árbores), adaptados a temperaturas relativamente cálidas e elevados niveis de humidade nun sistema deltaico con influencia mariña, “polo tanto o Teruel do Xurásico-Cretácico estaría ‘a pé de praia’ e cun clima tropical-subtropical”, explica Santos.

    Pola súa banda, as análises palinolóxicas evidenciaron a presenza doutros grupos de plantas coma as ximnospermas, aínda que probablemente, o feito de non atopar ximnospermas entre a macroflora indicaría que os graos de pole deste tipo de plantas viaxaron polo aire dende outras zonas próximas. “Entre macro e microflora identificamos 49 especies botánicas diferentes, principalmente pteridofitas e ximnospermas, pero tamén atopamos un gran de pole de Tucanopollis, que é unha anxiosperma, as coñecidas como plantas con flor, que hoxe en día son o grupo dominante, pero que eran moi escasas no tránsito Xurásico- Cretácico”, detalla o investigador.

    Precisamente o estudo desenvolvido polos científicos da Universidade de Vigo, xunto cos paleobotánicos Uxue Villaneuva da Universidad Nacional Autónoma de México e Luis Miguel Sender da Universidade de Chuo, e os paleontólogos de Dinópolis tamén permitiu realizar unha datación estratigráfica máis precisa das comunidades vexetais que habitaba o Aragosaurus. “O último artigo publicado sobre este saurópodo, defendía que a súa idade era Berriasiense tardío-Valanxiniense (Cretácico Inferior). Cos datos que achegamos, interpretamos que a idade máis probable é o Berriasiense basal, practicamente no límite Xurásico-Cretácico, hai uns 145 millóns de anos”, detalla Artai Santos.

    Achega viguesa ao estudo da paleobotánica
    Na provincia de Teruel, Bienvenido Díez e Artai Santos traballan en varios xacementos, de diferentes idades, no caso do primeiro, e nos do Xurásico no de Santos. “Nós estudamos fundamentalmente a macroflora e a palinoflora que permite, por unha parte, realizar a reconstrución das comunidades vexetais de cada momento, así como os contextos ambientais e climáticos, o cal é un gran máis de area para mellorar a compresión do pasado biolóxico e xeolóxico da Península Ibérica”, explica o estudante vigués, que defende a paleobotánica como unha magnífica ferramenta para realizar datacións.

    No aspecto científico, os investigadores da Universidade de Vigo tamén realizan contribucións patrimoniais, rescatando e poñendo en valor “fósiles que son patrimonio de todas e todos”, sinala Artai Santos.

    43

    RelacionadosArtículos

    La Xunta pide al Gobierno que financie la mejora de la ETAP de Vigo con fondos europeos
    Local

    El PP denuncia que Caballero prorrogará la concesión a FCC-Aqualia sin que la UTE haya cumplido

    27 de Dic, 2025
    La magia de las carcajadas y ovaciones que cada día salen del Circo de Nadal
    Local

    La magia de las carcajadas y ovaciones que cada día salen del Circo de Nadal

    27 de Dic, 2025
    La Diputación de Pontevedra aprueba definitivamente el presupuesto de 2026, el mayor de su historia
    Actualidad

    La Diputación de Pontevedra aprueba definitivamente el presupuesto de 2026, el mayor de su historia

    26 de Dic, 2025
    Renfe aumenta más de 4.600 plazas semanales en trenes entre A Coruña y Vigo
    Trenes

    Restablecida la circulación de trenes entre Vigo y Santiago

    26 de Dic, 2025
    Vigo se adueña por 120.000 euros de una obra de arte «única» (y magistral) de Laxeiro
    Arte

    Vigo se adueña por 120.000 euros de una obra de arte «única» (y magistral) de Laxeiro

    26 de Dic, 2025
    Caballero avanza (otra vez) «importantes obras de mejora» en las instalaciones deportivas de Samil
    Local

    Caballero avanza (otra vez) «importantes obras de mejora» en las instalaciones deportivas de Samil

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    por Redacción
    22 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    Galicia pasa la madrugada a 0 grados, con mínimas de hasta -6ºC y nieve a 600 metros

    por Europa Press
    21 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las comidas de Villasinda
    Más Vigo

    Las comidas de Villasinda

    El pasado 15 de diciembre se presentó en la quinta planta de El Corte Inglés, de Vigo, el libro de...

    por Julio Alonso
    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR