• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Hoxe falamos con… Pedro Feijoo

    ««Sen piedade» é un libro terrible e dolorosamente persoal»

    O escritor galego, presente na Feira do Libro de Vigo, profundiza na súa obra e, en particular, nas súas últimas publicacións
    Gabriel Romero de Ávila por Gabriel Romero de Ávila
    04 de Jul, 2018
    en Libros
    0
    ««Sen piedade» é un libro terrible e dolorosamente persoal»

    Grazas por atendernos, Pedro. Que podes contar, sen desvelar grandes incógnitas, de «Sen piedade»?
    «Sen piedade» é unha novela que se move entre dous planos diferentes: aparentemente nada máis é unha especie de road movie literaria protagonizada por un par de capullos que se lanzan ao despiste das súas penas nunha noite de festa sen freo. Por suposto, un pode ler a novela sen ningún tipo de pretensión adicional e disfrutala así, como se non dixese nada máis.

    Pero, como sempre fago, en realidade esta historia quere ser algo máis: para empezar, e aínda que nun principio podería parecer que os protagonistas principais son os dous mozos, Gordo e Teo, as verdadeiras protagonistas son elas, tres mulleres sen voz e mesmo case sen nome que, aínda que ao longo de toda a novela non teñen nin unha soa palabra de texto, descubrimos que berran en silencio páxina tras páxina, cada vez con máis forza, con máis estridencia segundo imos avanzando na trama.

    E isto é algo que está feito moi a mantenta, intentando transmitir un reflexo de como eu interpreto o que está a acontecer na nosa realidade cotiá, onde a pesar de que elas, as vítimas, debaerían de ser o máis importante, nós como sociedade sempre acabamos poñendo os focos de atención sobre os mesmos. Eles, os atacantes, os maltratadores, os violentos. Os verdugos.

    E, por outra banda, «Sen piedade» é un libro terrible e dolorosamente persoal, unha especie de axuste de contas cos meus propios demos, os mesmos aos que levaba xa anos ignorando, facendo como se non existisen, como se non os escoitase retorcerse dentro do armario. Unha batalla que xa me tocaba librar e na que, por suposto, saio perdendo, por completo derrotado, pero coa sensación de que era o que tiña que facer… Ás veces non se trata de facer o máis satisfactorio senón, simplemente, o correcto. Iso é «Sen piedade».

    «Camiñar o Vigo vello» é un dous libros máis fermosos dos últimos tempos, unha mostra de amor por Vigo. Como naceu a idea?
    Da máis pura necesidade. Alguén me dixo unha vez que sentir gratitude e non expresala era como envolver un agasallo e logo non regalalo. Xa desde cativo, todo o que recibín desta cidade foi tanto, tan abundante e xeneroso, que agora sentía que o xusto, a parte que a min me correspondía dentro dese trato era precisamente iso, devolver parte de todo o recibido. Compartilo, e buscar que a memoria da cidade siga a se propagar, a crecer entre todos, antes de que se perda, como tantos outros episodios determinantes para comprender a razón de ser da propia cidade, no esquecemento.

    O libro ven acompañado por numerosas rutas literarias que estás organizando neste tempo. Como vives esta experiencia?
    Cunha mestura de alegría pola resposta recibida, tan entusiasta, e de agradecemento pola inmensa xenerosidade mostrada por parte da xente á hora de aceptar a miña proposta e estaren dispostos a participar nela e compartila.

    A túa relación literaria con Vigo é moi antiga, demostrada en obras anteriores. E ti es actualmente un dos maiores expertos na historia da cidade. Como ves Vigo hoxe?
    Antes de nada, agradezo o cumprido, pero, co debido respecto para todos os implicados no estudo da historia viguesa, gustaríame deixar claro que eu non son nin de lonxe un dos maiores expertos nin na historia da cidade nin tan sequera en nada, e non son poucos os homes e mulleres por completo máis preparados e mellor cualificados ca min nesta materia. E, por citar aínda que nada máis sexa un dos moitos e verdadeiros eruditos cos que conta a memoria viguesa, baste con mencionar a Jorge Lamas.

    Aclarado este punto, eu, que veño sendo algo así como o neurótico máis optimista do mundo, vexo a cidade mellor que nunca. É certo que aínda queda moito por facer, pero estou plenamente convencido de que contamos coa máis importante das ferramentas perfectamente afinada: a xente. Superada aquela xeración, necesaria pero urxente, que chegou coa industrialización dos anos sesenta para instalarse na idea de que Vigo era unha cidade sen pasado, onde a nosa historia se limitaba a describir as cousas como “iso foi así de toda a vida”, agora é unha nova xeración a que lle toma o relevo. E esta nova xeración si se recoñece a si mesma como viguesa, e valora orgullosa o seu. E sente curiosidade, e busca, e pregunta, e comparte. Sobran dinosetos, pero por fortuna temos veciños.

    Que pensas das etiquetas que che colocan: novela negra, de aventuras, thriller…?
    Bueno, mira, iso das etiquetas supoño que é algo inevitable. A min o que me importa é que os libros cheguen á xente. Que lle gusten, que a entreteñan. Necesito que así sexa porque, como dicía ao principio, aínda que esas novelas nada máis parezan textos de aventuras, thrillers, novelas negras, en realidade sempre son algo máis. Hai unha mensaxe oculta baixo a mesa. Pero para poder transmitila, para poder inoculala, eu necesito que ti goces desa lectura. E se para iso hai que poñerlle unha etiqueta, pois adiante. Como dicía aquela canción de Paul Simon, you can call me Betty…

    Ti es o teu propio tradutor ao castelán. Como é o labor de traducir o teu traballo?
    Ben, eu tómoo como outra parte máis do traballo. Non me importa facelo se con elo contribúo a que non se perda esa naturalidade dos meus textos que tanto me preocupa.

    Ao mesmo tempo, es un autor moi implicado coas redes sociais. Que opinas desta nova realidade?
    Eu creo que as redes sociais nada máis son outra canle, e nunca o fin. En realidade co que estou moi implicado ao cento por cento é co diálogo co lector, e para iso válome de todos os medios ao meu alcance, xa sexan as redes, os paseos, os clubs de lectura ou a táboa ouija. Teño moi claro, desde o primeiro momento, que isto é cousa de dous: escritor e lector. Xa sei que para moitos autores non é así, que hai quen escribe para se coñecer a si mesmo. Pero ese non é o meu caso. Eu xa me coñezo e, de feito, mesmo hai partes de min que desexaría non ter coñecido xamais. Non, eu non escribo para falar comigo senón para buscar, ou mellor dito, para recuperar o diálogo cun público que está aí. Que sempre estivo aí a pesar de que nós, que somos máis chulos que un Ocho, nos permitimos o luxo de lles dar as costas por demasiado tempo.

    Gústame moito o que estás a facer con «Sen piedade»: un capítulo, unha canción. Son reminiscencias do teu traballo musical?
    En realidade non. Antes que músico, eu sempre fun unha persoa namorada da música. Dá igual que fose músico ou non, a min sempre me gustou escoitar música, discos, cancións. E agora, dentro desa liña tan persoal que rodea esta novela, o feito de compartir todas esas cancións, tan importantes na miña traxectoria persoal, na banda sonora da miña vida, non é outra cousa senón abrirme un pouco máis. No fondo dóeme cando me preguntan se eu son Simón Varela. Porque, aínda que me gustaría que así fose, ser tan boa xente coma el, o certo é que non o son. E se son algo que pague a pena coñecer (ou non), ese algo atópase máis preto do que amoso en Sen piedade, e todas esas cancións, que a min tanto me emocionan, ou me fan berrar, ou me derrotan, ou me acompañan na miña tristura, non son outra cousa que unha tentativa de dar a coñecer a persoa que hai detrás do autor. Botellas ao mar que o náufrago lanza desde a súa illa co desexo de que, oxalá, haxa alguén ao outro lado…

    Que será o próximo: máis Vigo, Cataluña o algún lugar completamente afastado?
    O próximo será recordar onde gardei o bañador (hai xa tanto tempo…), e tentar perderme nunha praia deserta. Logo de todos estes anos escribindo sen parar, creo que vai sendo hora de descansar un pouco…

    Moitísimas grazas por darnos o teu tempo. Algo máis que queiras contar aos nosos lectores?
    Grazas por estar sempre aí. Sen ese apoio, sen eles pechando o diálogo, o meu traballo non vale nin os 29 kbs. que pesa esta entrevista…

    Pedro Feijoo estará na Feira do Libro de Vigo o día 6. Pásate por alí e goza deste gran escritor.

    43

    RelacionadosArtículos

    PortAmérica se rinde a los fenómenos latinos del momento
    Música

    PortAmérica se rinde a los fenómenos latinos del momento

    04 de Jul, 2025
    El Rías Baixas arranca sus motores
    Motor

    El Rías Baixas arranca sus motores

    04 de Jul, 2025
    Galicia se apunta al FP: más de 56.000 personas (2.000 más) solicitan plaza  para el próximo curso
    Actualidad

    Galicia se apunta al FP: más de 56.000 personas (2.000 más) solicitan plaza para el próximo curso

    04 de Jul, 2025
    El bulevar de la Gran Vía
    Más Vigo

    El bulevar de la Gran Vía

    04 de Jul, 2025
    Rescatan el cuerpo sin vida de una persona del interior de un pozo
    Comarcas

    Rescatan el cuerpo sin vida de una persona del interior de un pozo

    04 de Jul, 2025
    Los descendientes de los últimos moradores del Pazo de Castrelos obsequian a Vigo con sus recuerdos
    Cultura

    Los descendientes de los últimos moradores del Pazo de Castrelos obsequian a Vigo con sus recuerdos

    03 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El bulevar de la Gran Vía
    Más Vigo

    El bulevar de la Gran Vía

    Esta es la imagen actual de la Gran Vía de Vigo en el tramo que va desde As Travesas hasta...

    por Julio Alonso
    04 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR