A previsión é que no mes de maio dea comezo esta segunda fase, en canto remate o derribo, que sufriu un lixeiro retraso debido á aparición de amianto no interior da estrutura e houbo que proceder á súa retirada, ademais de que as malas condicións climatolóxicas das últimas datas ralentizaron o ritmo de traballo da envolvente do edificio principal por cuestións de seguridade.
Nesta segunda fase acometeranse as obras na torre principal, na praza e no anexo. A actuación, que conta cun investimento global de máis de 30 millóns de euros, vai permitir concentrar nun único lugar todas as dotacións xudiciais da cidade, recuperar para a cidade un inmoble senlleiro e dotar á Administración de Xustiza dun edificio simbólico e representativo.
Segundo salienta a Xunta, trátase na maior dotación efectuada nunca en Galicia nunha infraestrutura xudicial, que dará servizo aos cidadáns da comarca para as vindeiras décadas.