A primeira cita na oficina “SmartPeme” de Vigo comezará este martes 3 de abril co curso “Google Calendar, moito máis que unha axenda” e o xoves 5 de abril con “Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos”. A seguinte semana terán lugar dous novos obradoiros, o martes 10, “Transformación dixital nas empresas e produtos turísticos” e o xoves 12 de abril con “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console”. A seguinte semana comezará con “Smartdata, o CRM como aliado para conquistar o cliente”, o 16 de abril, e rematará con “Habilidades ofimáticas: uso de fórmulas en follas de cálculo”, o 19. Pola súa banda, o 23 de abril terá lugar “Elixe a túa plataforma de comercio electrónico” e o mércores 25 de abril, “Mellora a calidade das túas imaxes con editores online”. Todos os obradoiros se desenvolverán ás 19:00 horas na sede da Deputación en Vigo, agás os días 10 e 23 de abril, que comezarán ás 17:00 horas.
En Ponteareas, a axenda comeza tamén o xoves 5 de abril con “Sesión informativa: así funciona Whatsapp Business”. O seguinte obradoiro será o luns 9 de abril, “Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais”. Esa mesma semana, terá lugar “Elixe a túa plataforma de comercio electrónico”, o mércores 11 de abril. O mes continuará con “Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial”, o mércores 18 de abril e seguirá un día despois con “Claves para a comercialización online do turismo de interior”. Para rematar, na última semana, chegarán a Ponteareas dous novos obradoiros: “Marketing de contidos: como xerar unha estratexia efectiva”, o martes 24 de abril, e “Facebook Ads”, o venres 27 de abril. Todos os obradoiros se desenvolverán ás 19:00 horas no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea, agás os días 19 e 27 de abril, que comezarán ás 17:00 horas.
No Porriño comezan o martes 3 con “Bota as túas propias fotografías para o comercio electrónico” e dous días despois con “Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais”. “Smartpeme” continuará a seguinte semana con “Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?”, o martes 10 de abril, e con “Prestashop I: comeza a crear a túa propia tenda online. Unha semana despois, O Porriño acollerá dous novos obradoiros: “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Seach Console”, o luns 16 de abril, e “Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos”, o mércores 18 de abril. Por último, o luns 23 terá lugar o curso “Smartdata, o CRM como aliado para conquistar ao cliente” e o mércores 25 de abril, “Habilidades ofimáticas: uso de fórmulas en follas de cálculo”. Todos os obradoiros desenvolveranse no Multicentro do Concello do Porriño e comezarán ás 19:00 horas, agás os días 10 e 18 de abril que empezarán ás 17:00 horas.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es.
Lembramos que o proxecto “SmartPeme” exponse actualmente a unha nova etapa abrindo tres novas grandes liñas como son o “Centro Provincial de Economía Dixital” (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPeme Impulsa e TurisTIC.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vanse dar a coñecer ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes da economía dixital. Para elo, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación ten instalado no viveiro de Barro, co obxectivo de posicionarse na vangarda da innovación ao servizo das empresas.
Doutra banda, SmartPeme Impulsa, abre novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, e preparando ás empresas locais para competir nos mercados internacionais.
Finalmente TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar ao sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital, cun enfoque específico para cada colectivo. Adicionalmente, esta liña de “SmartPeme” contará con algunhas iniciativas innovadoras como serán a creación dunha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e a creación dun congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.