Os contactos entre as partes retomaranse este mesmo xoves, cando terá lugar unha xuntanza na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo ás 13:00 horas. Xa pola tarde, os sindicatos CIG, CCOO e UGT levarán a cabo unha asemblea de traballadores na sede da UGT ás 17:30 horas para analizar a proposta da patronal e decidir as próximas accións a desenvolver.
Con todo, dende as centrais convocantes anuncian que non desconvocarán os tres días de folga que quedan, previstas para os días 21, 26 e 27 de marzo, ata que o empresariado non presente unha proposta que contemple as principais reivindicacións dos empregados do sector.
Segundo a CIG, a xornada de paro deste mércores rexistrou “un amplo seguimento”, sobre todo nos grandes hospitais. No caso das clínicas máis pequenas non se puido constatar a incidencia, “xa que a patronal segue sen ofrecer datos como o censo de traballadores que reclaman os sindicatos”.