Despois da sesión, os membros do Consello mantiveron unha comida de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, á que tamén asistiu o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez. Achegamos foto de familia dos membros do Consello, o director territorial de Abanca en Vigo e o alcalde vigués. De esquerda a dereita: José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez (secretario non-conselleiro), Pedro López Jácome, Eduardo Eraña Guerra, José García Montalvo, Francisco Botas Ratera, Abel Caballero, Juan Carlos Escotet Rodríguez, Carina Szpilka Lázaro, María Consolación Borrás Retamero (vicesecretaria non-conselleira), José Ramón Rodrigo Zarza e Jorge Martínez Martínez.