A ampliación do ámbito de Navia inclúe un total de 118.000 metros cadrados para vivenda protexida, outros 24.000 para uso dotacional e 23.000 para uso comercial. «É un dos últimos pasos para a ampliación de Navia, significa que toda aquela zona con silvas vai estar ocupada por vivendas, o desenvolvemento vén a completar Navia, quedou a medio facer e agora é toda a parte interior», engadiu Caballero.
O barrio de Navia poderá gañar 5.000 veciños para chegar a entre 13.000 y 15.000 habitantes. «Isto chega acompañado por todas as infraestruturas deportivas e lúdicas que xa estamos facendo, parques infantís, pistas deportivas e dotacións singularmente importantes», sinalou o rexedor.