• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 7 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    As universidades galegas reivindican a súa eficiencia, equilibrio e competitividade

    O acto solemne de apertura do curso celebrouse este venres na Universidade de Vigo
    Redacción por Redacción
    09 de Sep, 2017
    en Local
    0
    As universidades galegas reivindican a súa eficiencia, equilibrio e competitividade

    No salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, destacou as luces e sombras “dos oito anos máis difíciles para o SUG”, nos que a colaboración entre as universidades e o executivo autonómico materializouse na consecución de dous plans de financiamento, a conxelación das taxas durante cinco anos consecutivos e a materialización dun mapa de titulacións. O impulso dunha investigación de calidade, quebrada na súa progresión polo efecto da crise económica global; a vertebración do tecido empresarial e a optimización do rendemento da economía, así como a pronta incorporación das e dos egresados ao mercado laboral, son algúns dos retos que, segundo Salustiano Mato, deben enfrontar de xeito coordinado o executivo autonómico e as universidades, que deben realizar “un esforzo continuo cara a procurar que as nosas egresadas e egresados se integren no mercado de traballo rapidamente”.

    Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que comezou a súa intervención cunha reivindicación da democracia e das regras que a fan posible, afirmouse na eficiencia das universidades galegas e no retorno cualitativo e cuantitativo da súa activade á sociedade. “Nunca antes houbo tanto vencello entre sociedade e universidade, nin tanto acceso á universidade, nin tanta investigación”, asegurou o titular do executivo autonómico, que destacou a oportuna racionalización da oferta de titulacións, que contará cun novo mapa para o período 2018-2020. “O SUG non prepara o futuro, vive no futuro”, asegurou Núñez Feijóo, que gabou na súa intervención o traballo desenvolvido polo reitor da Universidade de Vigo, que foi quen, asegurou, de achegar a súa personalidade á institución académica e colaborar coa Xunta no desenvolvemento de accións como a especialización do primeiro campus periférico (Campus da Auga de Ourense) ou o desenvolvemento das sedes de Campus do Mar ou do Berbés en Vigo.

    A celebración do inicio do novo curso, que comezou coa lección inaugural Deseñando aceites de oliva “gourmet en Galicia”, a cargo do docente e investigador da Área de Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense Jesús Simal Gándara, reuniu no campus un destacado número de autoridades, non só académicas, senón tamén da vida política, empresarial e social. Entre os asistentes estiveron a presidenta do congreso dos deputados, Ana Pastor; e a deputada Pilar Rojo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a Valedora do Pobo, Milagros Otero; a presidenta do Consello Económico e Social, Corina Porro; o presidente e o fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas e Fernando Suanzes; os alcaldes de Vigo e Ourense, Abel Caballero e Jesús Vázquez; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; así como os voceiros de Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga e Ana Pontón.

    Un SUG equilibrado e necesario para as esixencias de Galicia
    Salustiano Mato comezou a súa intervención reivindicando a existencia dun Sistema Universitario Galego “no que non sobra ninguén”, dixo o reitor vigués, que se referiu ao SUG como un sistema “equilibrado e necesario para as necesidades do noso país”. Tras lembrar que Galicia ten unha universidade por cada 900.000 habitantes, fronte á media europea de 300.000 por habitante, Mato destacou que o SUG foi quen, con esforzo e sacrificio, de superar unha crise “que o engulía todo”, para a continuación referirse aos plans de financiamento, para asegura que “aínda que no primeiro (2010-2015) se apostaba claramente polo premio ao esforzo e ao resultado, neste segundo (2016-2020) abandonouse este camiño”.

    A conxelación das taxas académicas durante cinco anos consecutivos; os procesos de especialización dos campus e o traballo a prol dunha maior internacionalización, son, segundo Mato, “algunhas luces no medio dun escenario ateigado de sombras”, no que tamén destacou o exercicio de xenerosidade e cooperación desenvolvido polos reitores do SUG e a Xunta para acordar un mapa de titulacións no que se incluirán titulacións singulares de grao, que polas súas características resulten esenciais e indispensables para a formación universitaria en Galicia.

    O reitor da Universidade de Vigo demandou o traballo coordinado de todos os axentes que integran o Sistema Galego de I+D para acadar un maior impulso á investigación de calidade que permita xerar proxectos de alto nivel, así como a vertebración do tecido empresarial e a optimización do rendemento da economía. Mato lamentou “o dano inflixido estes últimos anos á estrutura científica española, que necesitará de décadas para a súa recuperación, que só será posible co compromiso firme das administración, a sociedade toda comunidade científica, que demanda dunha vez a integración da ciencia na axenda política e a súa desvinculacion dos resultados electorais”. Mato reivindicou a creación de proxectos de especialización e a construción de ecosistemas físicos de innovación como elementos básicos para manter e reforzar os recursos humanos en investigación nas universidades galegas, conformados a día de hoxe por un 43% de mulleres. Unha cifra recollida no informe Científicas en cifras 2015 do Mineco, que evidencia un progresivo avance cara á igualdade, que non obstante non se produce no caso das catedráticas que só acadan o 25%. “Velaí outras da obrigas do SUG, que debe excluír calquera expresión de discriminación por razón de xénero, raza ou relixión. Só así poderemos ser o Sistema Universitario de todas e todos os galegos e tamén o de todas as persoas chegada a nós desde fóra de Galicia”, dixo Mato.

    Na súa intervención o reitor vigués referiuse ao deber das institucións académicas coa rendición de contas e a transparencia, así como o seu compromiso coa paz, uníndose ao pacto pola convivencia que propuxo a CRUE o 29 de agosto tralos atentados de Barcelona e Cambrils. Tras lembrar a importancia que para Vigo e Galicia terá a chegada do Pergamiño Vindel o vindeiro mes de outubro, “será unha oportunidade para reivindicar a nosa lingua”, dixo Mato, o reitor vigués rematou sinalando que debe ser a satisfacción do servizo ben feito ao país “o que debe guiar os nosos pasos. Este foi o meu pensamento e o do equipo que me acompañou e acompaña ata o mesmo día que lle fagamos a transmisión de mandato ao vindeiro reitor ou reitora en xuño de 2018”, rematou Mato.

    Cooperación para construír o sistema universitario da vindeira década
    Galicia é unha das autonomías “máis eficientes na súa oferta académica”, cuxas universidades cubriron o pasado o 90% das súas prazas de novo ingreso, “porcentaxe que posiblemente repetirase” no curso inaugurado nesta xornada, salientaba Alberto Nuñez Feijóo, no discurso que puso peche a este acto. O presidente da Xunta vinculou esta eficiencia a unha “oportuna e axeitada racionalización de titulacións, que detectou deficiencias e consolidou títulos con maior demanda social”, froito da cooperación entre as tres universidades ao Goberno galego, que permite que o SUG non mire ao futuro senón que “viva xa” nel. Nese senso, Nuñez Feijóo salientou que, unha vez fixadas as bases do novo mapa de titulacións para o período 2018/2020, o calendario de implantación deste novo escenario verá a luz antes de final de ano. Así mesmo, o presidente da Xunta anunciou tamén a elaboración dun “plan de excelencia universitaria, que impulsará a internacionalización do noso sistema”e a elaboración dun “mapa de perfís profesionais de futuro”, que “sirva de fundamento” aos graos e mestrados da vindeira década.

    Nuñez Feijóo, que abriu a súa intervención lembrando que en Galicia, as aulas, claustros e asembleas universitarias “anticiparon a democracia real” e subliñando que esta precisa de “normas e procedementos feitos por todos e modificables de acordo con todos”, abordou no seu discurso dous dos retos do sistema universitario galego. Un vinculado á implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, no presente curso “o único referente para as nosas universidades”, trala adaptación da totalidade das súas titulacións eque “fai posible o recoñecemento mutuo dos estudos que impartimos en 47 países”, á vez que constitúe un “paso transcendental na construción europea”. O segundo, tratar de “manter e ampliar” ese marco de cooperación e o colaboración entre as tres institucións académicas e o Goberno galego, que, como lembrou, investiu desde 2009 preto de “450 millóns de euros para manter e desenvolver estruturas investigadoras”, ao tempo que incidía no papel que este eido debe xogar “na revolución empresarial e tecnolóxica que se está a experimentar” na comunidade.

    En relación á cooperación, Nuñez Feijóo subliñou como un dos seus “nomes propios” ao reitor, Salustiano Mato, coincidindo co inicio de curso do seu segundo mandato. “Achegoulle á Universidade unha personalidade propia, compatible sempre coa lealdade institucional e coa internacionalización da institución”, salientou Nuñez Feijóo, quen lembrou que na etapa de Mato á fronte da reitoría “fíxose realidade o primeiro campus periférico especializado de Galicia”, o Campus da Auga en Ourense, así como outra serie de infraestruturas. E grazas á cooperación entre a Universidade e o Goberno galego, lembrou, impulsáronse tamén proxectos como a construción da sede do Campus Do Mar na ETEA ou da sede institucional do Berbés, así como a exposición que situará de novo o”fronte as ondas do mar de Vigo” o Pergamiño Vindel, “unha das expresións máis antigas da nosa identidade”.

    Lección inaugural sobre os aceites galegos
    Co título Deseñando aceites de oliva ‘gourmet’ en Galicia, Jesús Simal, director do Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo e coordinador científico do Centro de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias (CIA3) do Campus da Auga, foi o encargado de ofrecer a lección inaugural de apertura do curso académico 2017/2018. Nela quixo expor algúns dos principais resultados obtidos polo seu grupo ao longo de varios anos de investigación sobre a caracterización aromática e fenólica de olivas e aceites de oliva producidos en Galicia. Trátase, destacou, “dunha das nosas apostas científicas, de grande interese e relevancia actual en Galicia” coa que se quere “contribuír a deseñar unha estratexia que permita potenciar a posta no mercado de aceites de oliva gourmet con valor diferencial”.

    O docente da Facultade de Ciencias do campus de Ourense comezou lembrando a importancia histórica da oliveira en Galicia desde a época romana. Na actualidade, detallou, os datos dispoñibles apuntan a existencia de 256 hectáreas de cultivo e 8 toneladas de aceite de oliva virxe. Co obxectivo de visualizar o traballo realizado desde a Universidade de Vigo para contribuír ao desenvolvemento deste sector, na súa conferencia Simal Gándara presentou un resumo de resultados dalgúns dos traballos froito da tese de doutoramento de Patricia Reboredo, dirixida por Beatriz Cancho, Carmen González e o propio Simal.

    A primeira das liñas de investigación expostas na lección inaugural foi a da caracterización xenética e fenotípica de oliveiras centenarias, que permitiu identificar dúas variedades galegas diferentes, a mansa e a brava. A bioxénese do aroma nas olivas foi o segundo dos estudos debullados por Jesús Simal, destacando como se identificou que “os aceites teñen perfís similares, sendo os seus principais odorantes picante, amargo e herbáceo tirando a madeira”. O catedrático tamén explicou a investigación realizada sobre os efectos que ten o proceso de extracción na calidade do aceite e as posibilidades que ofrecen a co-moenda e o coupage. Por último, falou da análise dos compostos bioactivos no aceite de oliva virxe extra, subliñando como os aceites galegos estudados poden etiquetarse como funcionais atendendo aos límites establecidos pola UE. A intervención rematou coa realización de diferentes propostas de futuro para a investigación neste eido. Entre elas, Jesús Simal incluíu a prospección de oliveiras centenarias, desenvolver aceites enriquecidos e avaliar a actividade anticanceríxena dos fenois do aceite de oliva virxe.

    43

    RelacionadosArtículos

    Las playas de Vigo, en plena temporada: “Hay pasarelas de madera abandonadas y duchas que no funcionan»
    Local

    Las playas de Vigo, en plena temporada: “Hay pasarelas de madera abandonadas y duchas que no funcionan»

    07 de Jul, 2025
    Una campaña del Instituto de Oceanografía estudia los recursos pesqueros de Terranova
    Medio Ambiente

    Una campaña del Instituto de Oceanografía estudia los recursos pesqueros de Terranova

    07 de Jul, 2025
    Un curso en el buque escuela ‘Intermares’ aborda en Vigo el control para una gestión pesquera «justa»
    Marítima

    Un curso en el buque escuela ‘Intermares’ aborda en Vigo el control para una gestión pesquera «justa»

    07 de Jul, 2025
    La Ciudad de la Justicia de Vigo acoge el primer pleno del TSXG lejos de A Coruña
    Sucesos

    Dos años de cárcel tras dar puñetazos, coger del cuello y tirar contra la mesa de la cocina a su pareja

    07 de Jul, 2025
    Melendi, Viva Suecia y Sidonie desatan la magia en un PortAmérica que bate récords
    Música

    Melendi, Viva Suecia y Sidonie desatan la magia en un PortAmérica que bate récords

    07 de Jul, 2025
    Nueva fecha para conseguir entradas en Castrelos y ver de cerca a Rozalén
    Local

    Nueva fecha para conseguir entradas en Castrelos y ver de cerca a Rozalén

    07 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Playas viguesas impolutas
    Más Vigo

    Playas viguesas impolutas

    Esta fotografía corresponde a la playa de Os Olmos, en la ciudad de Vigo. En ella se aprecia que el...

    por Julio Alonso
    07 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR