Marea denuncia que, segundo as denuncias da veciñanza da zona, ademais destes acontecementos, estanse dando unha serie de feitos moi graves relativos aos transformadores eléctricos e incluso a máis vertidos, que «parece estanse levando a cabo na zona da última ponte de madeira do Lagares e mesmo na praia de Toralla».
«Ás xa coñecidas e numerosas avarías acontecidas nos últimos meses deberían contar cunha resposta contundente por parte do Concello cara ás institucións responsables desta obra», incide o partido, que reclama ao Ministerio de Medioambiente o cumprimento dos protocolos de seguridade e información exhaustiva sobre o que está acontecendo en materia medioambiental.
«A veciñanza de Coruxo non pode volver a pasar pola situación provocada por unha depuradora que non cumpre as condicións medioambientais e de salubridade que lle corresponden, e o Concello de Vigo non pode tolerar o que está acontecendo arredor das obras», conclúe Pérez.