Segundo informou este venres o alcalde, Abel Caballero, a intención é recuperar a finca, situada na parroquia de Alcabre, nun «prazo breve de tempo e cun orzamento dun cuarto de millón de euros».
Os vestixios serán «musealizados e postos en valor» para o uso cidadá e turístico, de maneira que o espazo se poderá visitar, percorrendo toda a finca que, coa intervención municipal, quedará asegurada, con firme novo, iluminada e sinalizada con paneles informativos.
Así, permitirá realizar escenificacións teatrais da época de finais do século XIX, cando se construíu a casa de estilo indiano, tal e como se está facendo na Finca Mirambell en Toralla coa época romana. O rexedor incluso se atreveu a prognosticar que esas representacións poderían programarse xa para o vindeiro verán.