Está previsto que se distribúan máis de 20.000 bolsas na campaña. Neste sentido, os usuarios das navieiras que operan na Estación Marítima recibirán a pé de taquilla un pack con tres bolsas diferenciadas en cor azul, amarelo e verde para separar, respectivamente, o papeis e cartóns; os envases de plástico, latas e bricks e as botellas e frascos de vidro xerados nas illas Cíes para despois poder depositalas nos colectores unha vez de volta á cidade.
Ademais, recibirán unha pequena guía explicativa con información sobre o Parque Natural e súa riqueza natural, animal e vexetal e sobre a campaña de FCC. As fins de semana nas que desenvolverá a campaña son: 22 e 23 de xullo, 29 e 30 de xullo, 5 e 6 de agosto, 12 e 13 de agosto e 19 e 20 de agosto. Ademais tamén se levará a cabo durante os festivos 25 de xullo e 15 e 16 de agosto.
Obxectivo Illas Cíes Patrimonio da Humanidade
Esta acción enmárcase no Obxectivo Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. FCC quere sumarse e aportar o seu grao de area para que as illas Cíes acaden este obxectivo o antes posible e consideramos que esta acción de reciclaxe no Parque Natural é positiva para acadalo.
O lema da campaña é “O que vai a Cíes ten que volver de Cíes”, a empresa considera que a xente está cada vez máis concienciada coa necesidade de respectar o medio ambiente e manter os espazos limpos de residuos é máis se se trata dun paraíso natural como son as Illas Cíes.
FCC transporta os residuos procedentes dos restaurantes e do camping das illas Cíes entre os meses de maio e setembro.
FCC Vigo
FCC é a empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade de Vigo desde 1989. Nos últimos anos, Vigo converteuse na cidade galega con máis galardóns pola limpeza das súas rúas (5 Vasoiras de Platino consecutivas) e aparece en todos os rankings das cidades máis limpas de España.