• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 3 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Pergamiño Vindel, un tesouro en Vigo para o mundo

    As cantigas de Martin Codax exhibiranse no Museo do Mar entre outubro de 2017 e marzo de 2018. Será a primeira vez que se expoñan fóra da Morgan Library de Nova York
    Redacción por Redacción
    21 de Jul, 2017
    en Exposiciones
    0
    O Pergamiño Vindel, un tesouro en Vigo para o mundo

    “É un fito único para Galicia e Vigo que nos permite poñer a Vigo a Galicia e a nosa cultura no mundo”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que agradeceu no acto celebrado este mediodía na Praza da Reitoría o traballo e apoio de entidades públicas e privadas e particulares que colaboraron coa institución académica para facer posible o retorno do Pergamiño á beira o do mar que viu nacer hai oito séculos.

    O músico Roi Casal foi o encargado de amenizar un acto no que xunto ao reitor da Universidade de Vigo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestaron a súa satisfacción polo retorno da obra de Martín Códax á cidade olívica, “de onde nunca debeu saír”, asegurou Caballero.

    A que está considerada como un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa, será a peza central da mostra Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas que se desenvolverá no Museo do Mar de Galicia, entre os meses de outubro de 2017 e marzo de 2018.

    Dividida en sete partes, unha por cada cantiga que integran o Pergamiño, e comisariada polo historiador Francisco Singul, a mostra será o eixo central dun programa de actos no que as actividades culturais e de investigación terán especial protagonismo.

    Concertos, ciclos de cine e un congreso internacional co Pergamiño como eixo central, son algunhas das accións que valorizarán a presenza da obra de Martín Códax en Vigo. “En setembro presentarase a folla de ruta das actividades de promoción da nosa lingua, cultura e historia”, avanzou Román Rodríguez, que manifestou a súa satisfacción da Xunta por colaborar nun proxecto que é a culminación de dous anos de negociacións entre a Morgan Library, propietaria da obra desde 1977, e a Universidade de Vigo, “que foi moi rigorosa e cumpriu as expectativas da entidade norteamericana”, sinalou o reitor.pergamiño vindel arpaEscrito por unha soa cara a catro columnas con 26, 24, 23 e 17 liñas respectivamente e cunha dimensión de 34 x 45 centímetros, nada se soubo da obra de Martin Codax durante séculos ata que en 1914 o comerciante madrileño de libros antigos Pedro Vindel atopouno na garda interior dun exemplar do século XIV, aínda que encadernado no XVIII, do libro ‘De officiis’ de Cicerón.

    O diplomático e musicólogo Rafael Mitjana comprou o Pergamiño con intención de estudar a súa música e despois da súa morte foi adquirido polo bibliófilo Otto Hass e posteriormente posto á venda en Londres, onde foi adquirido pola J. Pierpont Morgan Library, onde permanece desde o ano 1977 coa sinatura MSM.979, a disposición dos estudosos que desexen traballar con el.

    Foi una visita a Nova York da asociación Pertenza a que puxo en marcha un proceso que dous anos despois desembocou na confirmación da saída, por primeira vez, do Pergamiño de Nova York para a súa exhibición.

    Salustiano Mato lembrou na súa intervención este proceso e agradeceu o apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, concellos como o de Vigo, entidades e empresas, así como da propietaria da obra e a iniciativa da asociación Pertenza “que nos abriu os ollos ante la posibilidade de traer o Pergamiño a Vigo”.

    Pola súa banda, o conselleiro Román Rodríguez cualificou o retorno do Pergamiño Vindel a Galicia como “un proxecto de país que nos permite ademais crear ao seu arredor todo un conxunto de actividades que permitan que todas as persoas o coñezan”. O conselleiro que se referiu ao Pergamiño como “unha das cartas fundacionais de Vigo” desexou unha longa vida á lingua, á cultura, a Vigo e a Galicia.

    Mentres, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou á Universidade por facer posible o retorno da obra de Martin Codax á cidade, “Hoxe regresa e un día debe volver para quedar porque forma parte da nosa tradición europea”, asegurou Caballero, que se referiu ás cantigas de Martín Códax como “as cantigas da Universidade de Vigo”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Xunta y A Cañiza cierran filas tras el incendio que arrasó 280 hectáreas
    A Cañiza

    Xunta y A Cañiza cierran filas tras el incendio que arrasó 280 hectáreas

    03 de Nov, 2025
    La prueba que une deporte y upcycling abre sus inscripciones
    Atletismo

    La prueba que une deporte y upcycling abre sus inscripciones

    03 de Nov, 2025
    Denuncian un vertedero ilegal junto a la A-52
    Salvaterra de Miño

    Denuncian un vertedero ilegal junto a la A-52

    03 de Nov, 2025
    Una leyenda del pop latino aterriza en Vigo para celebrar sus 25 años de éxitos
    Música

    Una leyenda del pop latino aterriza en Vigo para celebrar sus 25 años de éxitos

    03 de Nov, 2025
    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    03 de Nov, 2025
    Local

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    02 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    En pleno otoño, son muchas las novedades que hemos tenido en novelas y cómics de aventuras. ¿Las repasamos juntos? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR