«Este peche ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores», apunta a Xunta. A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.