A escola ten 190 alumnos e sete profesores. Nela ofrécense diferentes tipos de ensinanzas e para distintos rangos de idade. A oferta formativa comeza cos máis cativos, entre 4 e 7 anos, con clases de música e movemento e segue con nenos de entre 8 e 16 anos con danza tradicional galega e percusión tradicional.
A partir dos 16 anos os alumnos xa se mergullan na danza moderna e o canto popular. A escola tamén ten oco para a terceira idade, cun curso de danza e percusión tradicional para maiores de 65 anos.
O centro conta con sete profesores que imparten docencia tanto nas instalacións do Concello como en Canicouva e Moledo.