• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 30 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Baiona oferta 16 campus deportivos, tres adaptados a persoas con discapacidades

    O Concello, co patrocinio de La Caixa, ofrecerá todo tipo de actividades deportivas en colaboración cos clubs
    Redacción por Redacción
    30 de May, 2017
    en Baiona
    0
    Baiona oferta 16 campus deportivos, tres adaptados a persoas con discapacidades

    O salón de plenos do Concello de Baiona presentou este martes a oferta deportiva municipal para o verán. O alcalde, Ángel Rodal, presidiu o acto ao que tamén asistiron a directora de La Caixa en Baiona, Begoña Abraldes; o xefe de zona da entidade, Igor de las Heras, os concelleiros de Deportes e Accesibilidade, María Jesús Martins e Policarpo Vilar, e representantes de todos os clubs deportivos que participan nos campus.

    “O deporte tamén é compartir o coñecemento cos demais e conciliar a vida das familias, por iso quero destacar o gran traballo feito para planificar e desenvolver as actividades, así como agradecer aos clubs e tamén a entidade La Caixa a súa implicación”, destacou o alcalde durante o acto.

    As novidades este ano chegan coa inclusión de dous campus (Baloncesto, Tenis) destinado a nenos (a partir de 7 años) e maiores con dificultades motrices e psíquicas para que se poidan ir incorporando e tamén un campus específico (Multideporte) adaptado para eles como proba piloto do interese do Concello por ofrecer deporte para todos.

    “La Caixa leva xa trece anos colaborando cos campus e seguiremos sumando, especialmente para intentar que non haxa ningunha exclusión con ningunha persoa, sería inxusto e a nosa tarefa social está enfocada precisamente a esta labor, porque os nosos valores son a calidade, a confianza e o compromiso social”, apuntou Igor de las Heras.

    “Un paso máis adiante do Concello”
    Os campus de Baloncesto e Tenis non terán límite de idade e estarán destinados á integración, mentres que o de Multideporte, a celebrar a primeira semana de setembro vai enfocado de forma específica a persoas con discapacidades. “Trátase dun paso máis adiante para o Concello no esforzo para dar posibilidades de desenvolvemento a todas as persoas e tamén na tarefa de conciliación familiar”, engadiu Policarpo Vilar, concelleiro de Accesibilidade.

    O club vigués Amfiv será o encargado de poñer en marcha as actividades adaptadas e o seu presidente, José Antonio Beiro, agradeceu “a gran oportunidade” que reciben do Concello de Baiona e de La Caixa para colaborar.

    A oferta deportiva dos campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais (Erizana CF,Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabarís, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRC Yates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, Westsport Ladeira, Baíña Fútbo Sala, Club de Patín Baiona, Club Atletismo Baiona, Vigo Vóley, Club de Bádminton do Val Miñor, Club Deportivo Amfiv e Club de Ximnasia Rítmica Ronsel) e destaca dentro da oferta deste verán 2017 a incorporación de campus deportivos tan novos como o Campus de Bádminton e o de Vólei Praia.

    Durante o acto de presentación, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, amosou a súa “satisfacción pola calidade humana e deportiva de todos os que estades aquí presentes, xente que vive o deporte con paixón” e destacou que as partidas económicas destinadas a Baiona “están moi ben investidas”.

    O Concello de Baiona segue apostando tamén polos Campus de Deportes Náuticos, que se amplían con catro quendas (mañá e tarde) para acoller ao maior número de interesados en practicar vela lixeira (MRC Yates), Piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf e Pádel Surf (WetSports Ladeira).

    Dezaseis campus en once semanas de vacacións
    Este ano 2017 ofértanse en total 16 campus repartidos entre as 11 semanas de vacacións escolares para conciliar vacacións co traballo familiar con oito disciplinas no mes de xullo (Tenis, Deportes de Combate, ciclismo, Danza, deportes Náuticos, F-sala, Multideporte e Vólei Praia) e outras oito no mes de agosto (Fútbol, Rítmica, Atletismo, Baloncesto, Deportes Náuticos, Actividades de Patín, Bádminton e Multideporte adaptado).

    Desde a Concellería de Deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e lúdico orientado cara a un enfoque común para outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva. Todos os campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10.00 h ata as 14.00 h aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9.00 h o horario de recepción dos alumnos, a excepción do campus Náutico en xornada de tarde que terá un horario especial.

    Axenda Deportiva do Verán
    Ademais, durante o acto de presentación tamén se presentaron as competicións e actividades deportivas que o Concello de Baiona organiza este verán. Dende o Triatlón Atlántico, a celebrar este domingo 4 de xuño, ata o vindeiro mes de novembro, o municipio pon en marcha iniciativas de múltiples especialidades.

    43

    RelacionadosArtículos

    El mal tiempo deja un reguero de incidentes
    Local

    El mal tiempo deja un reguero de incidentes

    30 de Ene, 2026
    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive
    Local

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    30 de Ene, 2026
    Tensión en la protesta del metal en Vigo con cargas policiales ante la factoría de Stellantis
    Local

    Lío en la negociación del convenio provincial del metal: La patronal se va de la mesa

    30 de Ene, 2026
    Vialia Vigo presenta su agenda de febrero: talleres, música en directo y propuetas familiares
    Local

    Vialia Vigo presenta su agenda de febrero: talleres, música en directo y propuetas familiares

    30 de Ene, 2026
    Vigo se sube a la ola eólica: Astilleros San Enrique entrega con éxito su primer proyecto offshore
    Local

    El Puerto de Vigo retira los terrenos del antiguo Vulcano a Astilleros San Enrique tras caducar su concesión

    30 de Ene, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    La Navidad de Vigo ya se ha terminado, para consuelo de muchos y tristeza de otros, y aquel derroche lumínico...

    por Julio Alonso
    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR