O alumnado da escola de hostalería Manuel Antonio de Vigo preparou en directo ante o público que alí se congregou ata 5 tapas diferentes elaboradas con produtos que foron adquiridos no propio mercado da vila: desde buñuelos de bacallau con crema de cabazo, anguías de Pontesampaio en tempura, arroz cremoso de chocos de Redondela, rabo de tenreira estufado ao viño de Oporto en pan de chapata e natas de Belem, unha proposta inspirada nos Camiños Xacobeos que atravesan a provincia que este ano é un dos eixos da estratexia turística da Deputación de Pontevedra.
A presidenta Carmela Silva mostrou a súa satisfacción polo gran resultado que a iniciativa está a ter entre os concellos escollidos este ano para acoller o programa e entre as veciñas e veciños que se achegan a degustar as exquisiteces elaboradas, no caso de Baiona, polos alumnos do Centro de Formación Manuel Antonio. Silva lembrou que Baiona é un dos puntos neurálxicos do recentemente declarado Camiño Portugués pola Costa es que este tipo de iniciativas son “un grande acicate tamén para os mercados que poden ser visitados polos moitos turistas que se achegan as nosas vilas”. A presidenta provincial sinalou que “necesitamos promover estes espazos que, ademais, se están a modernizar en moitos concellos para poñer en valor o noso produto que é de primeirísima calidade. O que lles digo os nosos visitantes e camiñantes e que veñan, coñezan as nosas prazas e degusten as maravillas que temos”.
O alcalde de Baiona, Angel Rodal, agradeceu a iniciativa da Deputación e apuntou que “con ideas como esta nos achegamos tamén aos visitantes internacionais. Temos que ter en conta, dixo, que case o 75% dos peregrinos veñen de fora de España e paréceme unha moi boa iniciativa para promocionar os Camiños, no noso caso o Camiño pola Costa”
“Degusta Europa. Gastronomía no Camiño”, que o pasado ano repartiu arredor de 10.000 tapas entre milleiros de persoas, está a percorrer diferentes concellos da provincia de Pontevedra que son puntos neurálxicos dos camiños cara Compostela. O programa, que comezou en Vigo e continuou en Tui e hoxe en Baiona, seguirá nas próximas semanas nos mercados de Pontevedra (venres, 5 de maio de 11 a 12), O Grove (xoves 11 de maio de 11 a 12) e Soutomaior (12 de maio de 12 a 13) con degustaciones elaboradas pola Escola de Hostalería Carlos Oroza.