• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 19 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    balance

    Caballero valora a marcha «excepcional» de Vigo no 2016 e a súa «estabilidade política»

    Salienta a política social e de emprego aplicada, a débeda cero municipal, as humanizacións por 27 millóns de euros, o crecemento do aeroporto de Vigo e a constitución da Área Metropolitana
    Redacción por Redacción
    26 de Dic, 2016
    en Local
    0

    Abel Caballero comezou o repaso do ano 2016 enfatizando o «importantísimo» de que Vigo conte coa «estabilidade política» que lle concede unha maioría que non ten ningunha das cen principais cidades de España. Como exemplo, citou o rexedor, a aprobación definitiva dos orzamentos do Concello para 2017 -que previsiblemente terá lugar mañá martes-, sendo Vigo a primeira das grandes urbes en ter as súas contas para o próximo ano en vigor.

    O alcalde subliñou a transformación experimentada pola cidade neste ano, onde continuou cunha política de humanizacións que chega a case 750 rúas da cidade, 170 quilómetros de asfaltados, con 150 parques infantís e 75 parques biosaudables. Actualmente, o goberno de Vigo acomete corenta novas humanizacións cun investimento de 27 millóns de euros, ademais de adicar tres millóns ao pavimentado de vías no rural vigués.

    Caballero destacou tamén o proxecto do Vigo Vertical, coa contratación da segunda fase das escaleiras da Segunda República e o inicio de proxectos en San Salvador, no parque Camilo José Cela e en Carral. Engádese o EDUSI, financiado con 15 millóns de fondos FEDER e outros 3,5 millóns municipais, para levar adiante accións do Vigo Vertical no Castro, na Gran Vía, no casco histórico, na estación de Urzáiz e no entorno do antigo Hospital Xeral.

    No capítulo da transformación da cidade, o primeiro edil sumou a trintena de murais en medianeiras do programa de arte urbano -que contará con medio millón de euros no 2017- e a consecución da quinta Vasoira de Platino consecutiva pola limpeza da cidade.

    Débeda cero
    No apartado financeiro, o alcalde expuxo que o Concello presentou un orzamento para o ano de 233 millóns, ten actualmente débeda cero, a menor presión fiscal das cidades galegas e exime en case 7,5 millóns do pago de tributos aos cidadáns.

    O rexedor volveu reiterar que Vigo ten a maior política social de España e avanzou que as contas do ano próximo incrementarán os fondos ao efecto con respecto ao 2016. Citou Caballero os case 2,5 millóns de euros adicados a evitar desafiuzamentos, o centro de inclusión social, o programa de menores e as bolsas de estudos como exemplos, singularizando as 3.000 axudas a 1.890 familias con poucos recursos para abonar gastos de vivenda, enerxía e alimentación.

    Becas de comedor e libros
    Na educación, o goberno da cidade concedeu achega de comedor e libros a 5.000 nenos e nenas, incrementou as bolsas de inglés outorgadas ata as 617 e adicou dous millóns a subvencionar as oito escolas infantís municipais. O 2016 foi o ano da «consolidación» da UNED na cidade, asegurou o rexedor vigués. O Mar de Vigo acolle a nova sede desta Universidade -con trece titulacións- e unha gran sala de lectura con 450 postos.

    Sobre emprego, o alcalde valorou os máis de 5 millóns adicados á xeración de postos de traballo e cifrou en 3.000 os empregos creados de forma directa -cos plans de emprego municipais- e indirecta -mediante os investimentos impulsados polo goberno de Vigo-.

    Caballero subliñou ademais a suba do 40% na achega ao deporte de base no 2016 e valorou que 32.000 persoas practican deporte en Vigo subvencionadas polo Concello. Por outra banda, o goberno local exime a entidades educativas e sociais do pago de 236.000 euros en concepto de uso de instalacións deportivas municipais. O alcalde amosouse «orgullosísimo» da remodelación da bancada de Tribuna, no estadio municipal de Balaídos, «practicamente concluída» cun investimento de 5,2 millóns, e recordou que o Concello tamén licitou a reforma de Río, por 6,7 millóns, este mesmo ano.

    Peinador
    O ano que remata, apuntou Caballero, foi o do «gran despegue» do aeroporto de Vigo, cun crecemento acumulado do 35,6%, o maior das principais terminais aéreas españolas. Este ano tamén se promoveu a rehabilitación da Panificadora (con 2,5 millóns orzamentados polo Concello de cara ao ano que vén e o concurso de ideas neste momento en marcha) e a construción do aparcamento municipal gratuíto no Hospital Álvaro Cunqueiro (con 735.000 euros de investimento do Concello)

    A nivel político, Abel Caballero recordou que Vigo preside a Federación Española de Municipios e Provincias por primeira vez e, desde a súa presidencia, se logrou este ano a revisión do teito de gasto e a prohibición ás eléctricas de cortar o subministro de enerxía sen un informe municipal previo que descarte a situación de pobreza.

    Área Metropolitana
    O 2016 viu finalmente a constitución da Área Metropolitana de Vigo, tras case que vinte anos de proceso, tal e como recordou Caballero. O alcalde asegurou que este novo ente administrativo, xa en vigor, forma parte dos tres principais fitos territoriais de Galicia, xunto á división en provincias e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.

    O alcalde pechou o balance do ano recordando a anulación do Plan Xeral por parte do Tribunal Supremo, que achacou a un acto administrativo imputable á Xunta de Galicia. Por último, concluíu que «a parte municipal de Vigo, comparada co resto de cidades de España, é excepcional; non boa, excepcional», pois «moitos concellos de España nin sequera tiveron orzamento en 2016, polo tanto, paralizados; e Vigo vai a toda marcha».

    43

    RelacionadosArtículos

    Tres bandas de Vigo, una de Ponteareas y otra de Ferrol buscan el voto popular para tocar en Porta do Sol
    Música

    Tres bandas de Vigo, una de Ponteareas y otra de Ferrol buscan el voto popular para tocar en Porta do Sol

    18 de Sep, 2025
    Ya es público el nombre y destino de 95 enfermeros especialistas en salud mental: en Vigo habrá 20
    Local

    El Parlamento gallego pide al Gobierno que mantenga Vigo como sede para los exámenes MIR

    18 de Sep, 2025
    Primer paso para que el centro de Vigo disponga de 15 nuevas viviendas en un enclave de lujo a unos metros de Príncipe
    Local

    Primer paso para que el centro de Vigo disponga de 15 nuevas viviendas en un enclave de lujo a unos metros de Príncipe

    18 de Sep, 2025
    Los chiringuitos de playa podrán abrir sin interrupción desde Semana Santa hasta octubre
    Actualidad

    Los chiringuitos de playa podrán abrir sin interrupción desde Semana Santa hasta octubre

    18 de Sep, 2025
    Reclaman al Gobierno que reconsidere su negativa a rescatar la AP-9
    Actualidad

    Advertencia de la Xunta al Gobierno central: vía judicial si no hay respuesta sobre el expediente de la AP-9

    18 de Sep, 2025
    Vigo incorpora una nueva unidad móvil de resonancia magnética de alto campo 
    Salud

    Vigo incorpora una nueva unidad móvil de resonancia magnética de alto campo 

    18 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    Profanación artística en O Porriño

    Profanación artística en O Porriño

    por Julio Alonso
    13 de Sep, 2025
    0

    El espíritu de un mítico restaurante de Vigo renace bajo el nombre de L’Amore

    El espíritu de un mítico restaurante de Vigo renace bajo el nombre de L’Amore

    por David Augusto
    12 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De vinos en Carral
    Más Vigo

    De vinos en Carral

    La ciudad de Vigo no cuenta con lo que se conoce como una calle de vinos. Existió algo parecido hace...

    por Julio Alonso
    18 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR